Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Decisións importantes no #fútboldacosta

Decisións importantes no #fútboldacosta

Onte tivo lugar en Baio o clave Plenillo da Federación Galega de Fútbol sobre o Fútbol da Costa. Un pleno vital para decidir as novas competicións do fútbol costeiro, pero non parece que os dirixentes dos nosos equipos o teñan tan claro pois só foron 23 dos 43 clubes federados da zona, sendo esta, con todo, unha das mellores convocatorias.
Logo é moi fácil protestar, pero son nestas citas nas que os clubes debden decidir por onde levar o noso fútbol. E de feito, houbo decisións importantes nun día no que houbo xa fichaxes confirmados como o de Pablo Mallón para o banco da SD Sofán. Un Pablo Mallón considerado o mellor Adestrador da 3ª polos nosos internautas.

Por parte da Federación están presentes o Benxamin Amido e o José Gerpe, que escoitaron as propostas dos nosos clubes para as vindeiras campañas.

O Club do Mar deixa de ser equipo da Liga da Costa

Unha das cousas que saltaron na reunión, malia que xa estaba decidida, é que o Club do Mar deixa de ser equipo da Costa, mesmo se baixa á 2ª Autonómica irá para a Liga das Mariñas. Unha decisión estrana tras volver á competición hai apenas 3 anos facendo bandeira da Costa da Morte.

Ascensos á 1ª

Un dos asuntos importantes foi a proposta do Corme de que os ascensos á 1ª dende a zona de Bergantiños se fagan á Liga da Coruña, como se fixo toda a vida en todo o fútbol da Costa, non só en Bergantiños. I é que a decisión de que a Costa da Morte pase a ser parte da delegación de Santiago non gusta a ninguén pero tampouco nos temos manifestado en contra.

Foi Suso da Torriña quen explicou a súa proposta, que prantexa que os 14 clubes da zona de Bergantiños, no caso de clasificarse entre os primeiros da Liga da Costa, no cando de ascender á 1ª de Santiago, vaian á da Coruña, iso sí, sempre tras unha promoción e nunca de xeito directo.

Agora para que se faga efectiva terá agora que conseguir un consenso do 75% (uns 30 clubes). Deste xeito, agora quedou Suso encargado de falar con outros 16 clubes de fóra de Bergantiños, que completen os 30, para que asinen unha carta aceptando esta petición.

Ligas Xuvenís

Tratáronse tamén as propostas do Malpica e do Corme para as Ligas Xuvenís, tras un ano que non deixou contento a ninguén. Tanto o malpicán Piña como o cormelán Suso da Torriña explicaron brevemente as súas propostas, que foron sometidas a votación dos presentes con participación en liga xuvenil (16 equipos de 20). Por 10 votos a 6 acordaron adoptar a proposta do Corme CF.

Esta unha Liga con 2 grupos de 9 ou 10 equipos, a 18 xornadas. Clasificaríanse os 3 primeiros de cada grupo á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, que xogarían a 6 xornadas. E os 2 primeiros, á fase. Ata aí case coma este ano.

Paralelamente xogaríase a Fase Previa da Copa da Costa, con 12 equipos, facendo 2 grupos de 4 equipos, por proximidade, eliminando, se fose necesario, aos últimos clasificados da Liga regular.
Os dous primeiros de cada Grupo se clasificarían, cos 6 da Fase de Ascenso (12 equipos en total) para a seguinte rolda da Copa, que sería unha Previa que parte dos Cuartos de Final (quedarían exentos os campeóns dos grupos da LIguilla de Copa e o campión da Liguilla da Fase de Ascenso).
As Semifinais e a Final, a 1 ou 2 partidos como se decida.

Árbitros

Foi este ano un dos temas máis polémicos. Os membros da FGF explicaron as propostas para o vindeiro ano en temas arbitrais, como son o pago anticipado por banco do recibo arbitral e comprometéronse a que o recibo de categorías inferiores veñan dende Zas, excepto para os equipos de Outes, Muros, Carnota, que serán designados dende Boiro.

Só cómpre felicitar aos 23 clubes asistentes: Xallas de Santa Comba, Soneira, Ponteceso, Camariñas, Fisterra, Malpica, Cee, Baio, Buño, Esteirana, Corcubión, Zas, Muros, San Lorenzo, Sofán, Corme, Mazaricos, Outes, Volantes, Cabana, Coristanco, Porteño e Laxe. Lamentar o pouco interese dos equipos da 3ª (só 3) se ben é certo o pleno influía máis ás categorías superiores.

I Gala do Fútbol da Costa

A Asociación de Clubes da Costa xa nos enviou o programa para a I Gala. Unha gala que comezará antes de comer, coa recepción no Concello de Muros por parte da alcaldesa a todos os convocados. Os xogadores ademais viaxarán no Cruceiro Costa Viva dando unha ruta turóstica pola ría de Muros.

De volta, terá lugar o partido en Miraflores entre Selección Sur e Selección Norte da Costa da Morte, a partir das 17:00h e con entrada de balde.

A partir das 20:00h a Casa da Cultura acollerá a entrega de premios da Gala.

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Artigos futboleiros

Fonte

Comentarios