Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Demasiadas Burgas para un curto Fisober

Demasiadas Burgas para un curto Fisober

Rematou a terceira participación na Copa Xunta para o Fisober e fixo con derrota en Ourense fronte o Cidade das Burgas un equipo que amosou todo o seu potencial e a diferenza de categoría. Ademais, as vimiancesa chegaban moi xustas de efectivos ao choque, e xa pasarán a centrarse na Liga de 2ª División Estatal, que arrinca o 4 de outubro.

Copa Xunta

Fisober en Ourense na Copa Xunta
  • Resultado: CIDADE DAS BURGAS – FISOBER F.S.F. (11-0).
  • FISOBER: Leti, Ana, Mai, Inés e Noelia; tamén xogou: Raquel.
  • Goles: 1-0 Iria, 2-0 Iria, 3-0 Nerea, (descanso), 4-0 Candela, 5-0 Candela, 6-0 Vanessa, 7-0 Iria, 8-0 María Arias, 9-0 Figo, 10-0 Figo, 11-0 Vanessa.
Fisober en Ourense

Arrancou o partido xa co claro dominio das locais, guiadas pola internacional española Iria creaban bastante perigo a porta defendida por Leti. Era a propia Iria a que adiantaba as súas os cinco minutos. Nese mesmo minuto Iria sacouse unha espectacular xogada individual marchando de cada xogadora que saía o seu paso para facer o segundo gol local.
Os oito minutos Nerea facía o tres a cero. Pero o Fisober co paso dos minutos parecía máis asentado e así foi xa que no resto desta primeira metade non recibiu ningún gol a pesar das ocasións locais, e acadou chegar con perigo en algunha contra a portería da local Antía.

Na segunda metade saíron máis fortes si cabe as locais, desta vez o ritmo marcouno outra internacional española como Lucía Nespereira. Xa no primeiro minuto chegaba o cuarto obra de Candela. Os cinco de novo Candela facía o quinto. Co paso dos minutos o partido e o alto ritmo marcado polo equipo de División de Honra facía sufrir as visitantes que viaxaran en cadro. Pesaban e moito xa as pernas.
A once para o fin Vanessa facía o sexto, pouco despois de novo Iria e a oito para o fin María Arias facía o oitavo.
Para colmo nos últimos minutos as visitantes chegaban as cinco faltas e as locais dispuñan de dobres penaltis. A falta de tres Figo aproveitaba un dobre penalti.
Nos últimos vinte segundo chegaron dous novos goles, mostra do ritmo imprimido polas locais, Figo facía o décimo e Vanessa co tempo a cero de dobre penalti facía o definitivo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios