Martes. 15.10.2024
El tiempo

Deporte e saúde con Dafit: Outono de sendeirismo

Deporte e saúde con Dafit: Outono de sendeirismo
Camino dos Faros- Travel to Finisterre Rutas y Senderismo Viajes e DaFit Ruta polo Camiño dos Faros con Travel to Finisterre Rutas, Senderismo Viajes e DaFit

Recén estamos a estrear o outono e xa nos tocou a primeira borrasca, pero o outono segue a ser unha estación que nos invita a saír da casa, a recollida de cogomelos, as castañas... ou a iniciarse na práctica do sendeirismo, do excursionismo ou do trekking, é dicir de saír e coñecer novos lugares, pode que sexa xunto coa primavera unha da épocas máis fermosas para disfrutar dos montes, praias ou montañas.

Aínda que o sendeirismo non é un deporte de risco e non se precisa unha preparación moi extensa, hai que ter en conta que estaremos nun medio “salvaxe” camiñando por terreo irregular e sometidos ás inclemencias meteorolóxicas, polo que non está de máis seguir unha serie de pautas, as cales elaboramos baseándonos na propia experiencia e en consellos de expertos, pasos que non debemos esquecer cando nos dispoñamos a iniciar unha ruta ou marcha e para que o día nos resulte o máis agradable posible, divertido e sen perigos.

No caso de que realicedes a ruta sen compañía de profesionais debedes facer unha busca de información da ruta a realizar: extensión, señalización, zonas de descanso e avituallamento, puntos de auga doce e o tempo que nos pode levar. É dicir, facer unha acertada elección do itinerario segundo a capacidade, tendo en conta a idade, a forma física e sobre todo as gañas de andar que se teñan. Calcular o tempo axustando o recorrido ás horas de luz é moi importante, pois se non se está acostumado a camiñar de noite o risco de desorientación é maior. Por outra banda, a previsión do tempo é fundamental, facelo un ou dous días antes da saída, para incluír o material preciso é imprescindible. Tendo en conta isto, o material para cada saída vai a variar en función da estación do ano:

  • Mochila cómoda.
  • Correcta elección da indumentaria, roupa e calzado axeitado en función das condicións climatolóxicas: zapatos impermeables, chaqueta e chuvasqueiro, camiseta térmica, gorra ou sombreiro, gafas de sol, gorro e guantes,braga ou bufanda, etcétera.
  • Alimentación: provisións de auga e comida suficientes e acordes coas súas necesidades e coa actividade prevista. Alimentos enerxéticos e de fácil dixestión, evitar comidas copiosas.
  • Bastóns, no caso de que a ruta sexa moi longa ou con moita pendente, estes axudarán a repartición do peso corporal, descargando nas extremidades superiores.
  • Un pequeno botiquín, crema de protección solar e labial.
  • Un teléfono móbil con batería (ou calquera outro medio para pedir axuda en caso de accidente ou lesión) e unha lanterna ou frontal xunto cun silbato (nunca están demais).

I Ruta San Xoan. Lires. Xuno 2015 I Ruta San Xoán por Lires. Xuño 2015

Camiñar é un dos exercicios físicos máis sinxelos e completos, non precisa un adestramento específico, pero é convinde empezar por facer camiñatas curtas e máis sinxelas, por sendeiros de pouca altitude e pouco a pouco ir aumentando o nivel de dificultade e de distancia. Á hora de iniciar a marcha non está demais facer un pequeno quecemento de rotación dos xeonllos e nocellos, e durante a mesma, prestar especial atención nas baixadas ós xeonllos, que estean lixeiramente flexionados, e nas subidas facelas co corpo erguido e apoiando ben a planta do pé para que os xemelgos non realicen un sobreesforzo.

Sendo o medio de desprazamento máis antigo, camiñar, cada día vai gañando maior número de adeptos. É unha actividade física principalmente recreacional que busca un acercamento coa natureza e o entorno. Podemos diferenciar o sendeirismo do excursionismo e do trekking porque se realiza por sendeiros homologados e identificados con marcas e cores, que nos indican o grao de dificultade. Existindo diferentes tipos de sendeiros: de Gran Recorrido (GR) máis de 50km. (cores branca e vermella), de Pequeno Recorrido (PR) de 10km. a 50km. (cores branca e amarela) ou Sendeiros Locais (SL) de 10km. (cores branca e verde) con varias variantes. Polo tanto, o excursionismo a parte de non facerse por sendeiros homologados, é unha actividade que se asocia a diferentes medios naturais (montaña, costas, ríos, paredes rocosas, deserto, covas, etc.) e inclúe actividades como: montañismo, escalada, media montaña, espeleo, ciclismo de montaña, barranquismo, kayak, etcétera.


Esta forma de combinar natureza e deporte entra na área de ocio de DaFit, pois trátase doutra forma de manterse en forma e os beneficios son múltiples:

  • Previr enfermidades cardíacas ou reducir a tensión alta.
  • Respirar aire puro.
  • Relaxa e é unha boa medida anti-estrés.
  • Socializar e intercambiar sensacións, experiencias.
  • É unha actividade que se pode facer perfectamente con nenos/as e que lles soe gustar moito.
Subida nocturna o pindo en abril e para ver o mencer en maio 2015 Subida nocturna ao Monte Pindo en abril e para ver o mencer en maio 2015

E recorda!! para seguir disfrutando da natureza, deixa todo como o atopaches, respecta os animais e a flora, evita facer ruído e por descontado non deixes lixo!!

Sesións con Dafit

Máis información

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios