Derrota do Conservas e vitoria e convocatoria internacional para o Calvo Xiria
Non puido o Conservas Boya volver con nada positivo de O Porriño, ante un conxunto pontevedrés moi forte que controlou todo o momento o partido e finalizou con 33-21.
Pola súa banda, voltou o Calvo Xiria á senda da vitoria ante o Bm. Cisne, nunha pista na que está a colleitar os puntos que perde na casa cando se enfronta ao rival pontevedrés. Tamén recuperou o Calvo a soltura no seu ataque xa que, ainda errando moitos lanzamentos, foi quen de superar os trinta goles. Ao final, o resultado de 30 goles a 32 permitiu que os dous puntos voaran a terras carballesas para manter opcións de se achegar ao máis alto da clasificación. Tamén volvía ao Calvo Xiria Chistophe, logo de rematar a súa estadía en Dinamarca por motivos de estudos, e fixoo da mellor maneira posible.
Ademais o equipo carballés disfruta tamén dunha nova convocatoria do xuvenil, David García Pichel, coa Selección Española xuvenil. O xogador concentrarase este xoves 16, coa selección na localidade onubense de Lepe, onde permanecerá concentrado o combinado nacional antes de viaxar o domingo cara a localidade portuguesa de Lagoa para disputar o “IX Campeonato Mediterraneo” que se desenvolverá ata o domingo 26. Neste torneo, ademáis de España, participarán as seleccións de Exipto, Grecia, Italia, Libia, Montenegro, Portugal, Qatar, Tunez e Turquía.
Así Marcos Rodríguez e Fernando Vázquez non poderán contar co lateral carballés para os dous próximos compromisos do Calvo Xiria, ante Lalín e Chapela, e do Ifecgás Pereira Xiria, fronte a Seis do Nadal e Bueu.
Con estes resultados o Calvo Xiria queda 7º on 21 puntos, pero a só 4 do 2º; mentres que o Conservas en postos de descenso, penúltimo con 8 puntos.
Bm Porriño - Bm. Camariñas (33-21)
- Bm. Camariñas: Cristian Vigo, Alan Fuentes (1), Fabián Canosa (1), Felipe Santos (2), Gonzalo Pombo, Joaquín Canosa (1), Borja Tajes (1), Juan R. Canosa, Víctor Rodríguez, Salvador González, Alberto Mas (12), José R. Suárez, Xavier Canosa (3) y Cristian Canosa.
Cisne Bm. - Calvo Xiria (30-32)
- Calvo Xiria (17+15): Iago[p], Cuco (5), Álex Zas (1), Sergio (3), Dubra (4), Manu (4), Pablo (8, 2 de 7 metros) -equipo inicial- Kike [p], Álex García (1), Miguel (3), Brais, Christophe (3), Ramón, Ángel.
- BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA - MAGOPE SEIS DO NADAL - COIA: sábado 18/02/2012 ás 18:30 no P. MPAL. "O AREAL" (CAMARIÑAS).
- CALVO XIRIA - EMBUTIDOS LALINENSE - BM. LALIN: sábado 18/02/2012 ás 18:30 no P. ZONA ESCOLAR DE CARBALLO (CARBALLO).
- Fed. Española Balonmán: Resultados e clasicacións da 1ª Estatal.
- balonman.blogspot.com.
- www.xiria.net/balonman.
- Xornada 15: Conservas e Xiria intercambian os papeis.
- Xornada 14: O Conservas Boya non pode co Paraxe Construcciones mentres o Calvo segue arriba.
- Xornada 13: O Calvo demostra ante o Conservas a súa hexemonia na Costa.
- Xornada 12: Dúas derrotas para preparar o histórico enfrontamento entre Calvo e Conservas.
- Xornada 10: Dúas historias distintas para Calvo e Conservas.
- Xornada 8: O Balonmán crece na Costa.
- Xornada 6: Doble vitoria a domicilio para Conservas e Calvo.
- Xornada 4: Mala semana para Calvo e Conservas pero grande data para un carballés internacional.
- Xornada 3: Conservas e Calvo caen fóra da casa.
- Xornada 2: O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- Xornada 1: O Conservas segue pagando a novatadas e o Calvo ponse freo.
- O Balonmán Camariñas acada a súa primeira vitoria en 1ª e o Calvo Xiria xa está engraxado.
- O Balonmán Camariñas refórzase con vellos coñecidos.
- O Balonmán Camariñas xa ten adestrador para a 1ª Nacional.
- O Conservas Boya competirá en categoría nacional.
- O Balonmán invade a Costa de norte a sur.
- Carballo vive unha febre verde chamada Xiria.
- A bitácora da semana (CIV): O blog Balonmán Camariñas .
- Do Xiria á selección española de promesas.
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.
O partido tivo un inicio eléctrico por parte do Calvo que chegou a manexar unha diferenza de seis goles no minuto quince, 4-10, o ataque e contraataque carballés era fluído e todos os xogadores marcaban dende as súas posicións, a defensa e portería impoñíase ao ataque pondevedrés... pero cando todo ía sobre raíles atopouse con Toño e os paus da portería, Pablo vateu neles ata en cinco ocasións, para facer que a renda acadada no inicio do partido se fose diluíndo pouco a pouco ata chegar ao descanso con vantaxe mínima para os visitantes, 16-17.
A segunda metade foi igualada e trepidante, con acertos e erros por parte dos dous equipos. Ningún dos dous quería deixar marchar os puntos sen planrtexar unha ardua batalla. Mais foi o Calvo o que mantivo unha maior regularidade e entrou nos derradeiros dez minutos do encontro por diante no marcador. Con moita tranquilidade, a pesar da defensa presionante do Cisne, manexou con soltura eses intres finais para acadar dous novos puntos.