luns. 02.12.2024
El tiempo

Desembarco do navío do xadrez en Lira-Carnota

Desembarco do navío do xadrez en Lira-Carnota
O xadrez desembarcou en Lira

Segue espallándose o xadrez pola bisbarra. E se as zonas de Muxía, Corcubión, Camariñas e Fisterra xa están invadidos, esta pasada fin de semana o desembarco do navío "Xadrez" tocaba en Carnota.
Este sábado pasado, día 4 de xaneiro celebrouse a Fase Cormarcal de Xadréz "Xogade" Torneo Concello de Carnota. Coma sempre, foi éxito de participación, só do Colexio Peleteiro de Santiago chegaron 19 xogadores, do Club de Xadrez Cabo Touriñán, e da Asociación Cultural Canle de Lira, ata lograr un total de 42 xogadores, cabe resaltar a participación activa do alcalde de Carnota, Ramón Noceda, que sen complexo ningún se sentou a xogar e a gozar dunha marabillosa tarde de xadrez, a parte da implicación amosada para que este acto se celebrase sen ninguna falla, e colaboración na organización en todo momento.

Botouse de menos a participación dalgún neno do Concello carnotán, pero vista a implicación, non creo que tarden en resolver este asunto xa que se acabou falando de montar unha escola de xadrez en Lira - Carnota. Non se pode catalogar doutra forma máis que de exitosa xornada, de tarde fantástica e distinta, e cabe destacar enfrontamentos entre maiores e nenos, nos que algún neno lle ensinaba algunhas normas de comportamento ante un taboleiro a algún adulto que era novato nestas lides.

Risas, silencio entre partidas, e sobre todo, outro éxito de organización do Club de Xadrez Cabo Touriñán, que grazas ao seu esforzo podemos gozar deste magnifico deporte na Costa da Morte. "Viva o Xadrez".

Cómpre resaltar tamén a asistencia de público, pois houbo momentos nos que non se cabía, entre familiares dos xogadores e aficionados o xadrez. Un pai de xogadores ademais animouse a mover unhas fichas.

O xadrez desembarcou en Lira

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios