xoves. 01.05.2025
El tiempo

Dicebamus hesterna die (Como diciamos onte…)

Dicebamus hesterna die (Como diciamos onte…)
Retomando a clase maxistral de Fray Luis de León na Universidade, o adestrador Iván Cancela repasa o que agarda do derbi entre Soneira e Xallas, repetición da final da Copa da Costa que hai dous meses e medio desputaron ambos conxuntos en Mazaricos Iván Cancela tenlle dado ao Xallas os seus maiores éxitos recentes - Foto: Xallas FC Iván Cancela tenlle dado ao Xallas os seus maiores éxitos recentes - Foto: Xallas FC Se hai un encontro con poucos segredos, e sen embargo con sentemento e contas pendentes ese é o que xogarán esta fin de semana Soneira e Xallas no Municipal de Vimianzo. Hai pouco máis de dous meses os combeses levaban nos penaltis a final da Copa da Costa entre ambos. A mala sorte cebárase cos vimianceses, que erraran os tres lanzamentos. Agora, o campión de Primeira busca vinganza, mentres que os verdes tentarán continuar a progresión dun 2016 difícilmente mellorable. Pouco teñen mudado os dous equipos, salvo retoques en certas zonas e profundidade de armario. Un clásico verde, Rubén Forján, defenderá nesta ocasión a camiseta dos 'irmandiños'. Pero poucu máis. QPC repasa nunha charla con Iván Cancela, técnico dos xalleiros, o que pode ser o primeiro gran derbi de Preferente. E como as cousas apenas teñen variado respecto á batalla de Mazaricos de finais de xuño, o profesor Cancela ben podería parafrasear a Fray Luis de León na Universidade, tras cinco anos preso, e comezar cun "como diciamos onte..:" Sobre os parecidos coa final de Copa… "Creo que se vai parecer no estilo que utilizamos os dos dous equipos. Ningún renunciaremos a ter o balçpn. Na final penso que eles tiveron máis control sobre e nós un pouco máis sobre o partido, aínda que sabíamos que o que primeiro marcase tiña o 90% de posibilidades de gañala. Foi unha final moi bonita, e que algo desanxelada polo forte vento. O partido de domingo creo que vai a ser un pouco máis aberto por non tratarse de unha final, e asumiranse máis riscos. Nós particularmente chegamos pouco rodados e con desaxustes propios destas alturas. Pero creo que un pouco mellor que o ano pasado a estas alturas porque o proxecto é continuísta. O Soneira é un equipo que me gusta e que está ben traballado e esperemos dar un bo espectáculo" Sobre a falta de descanso… "Para nada merece a pena unha tempada tan longa, no aspecto de que sufrimos moito e xogamos moitas finais para conseguir a ansiada salvación, e iso acarrea desgaste. Foi un ano duro porque era un equipo totalmente novo (debido en gran parte ao axuste presupuestario) e á adaptaciòn e asimilaciòn de mecanismos levou o seu tempo. Despois houbo que tomar decisiòns difíciles que ao final resultaron ser moi acertadas. En canto ao positivo, é que disfrutei vendo a progresiòn deste equipo, a implicaciòn destes xogadores, que nunca baixaron os brazos. A fe move montañas, e sobre todo o traballo, e este grupo tivo fe e moito traballo. Tamén foi moi importante a tranquilidade e o apoio da directiva nos malos momentos. E despois como sempre digo, cando tes xogadores veteranos como Doro, Jesus, Julián, Rubio, Martín, Fer... que solo saben sumar, tirar do carro, ser os primeiros en levantar a moral do grupo, todo é máis sinxelo. Neste momento vense os xogadores de verdade. Para nós a salvación foi un logro moi importante e despois veu o broche da Copa e a continuaciòn da Supercopa. A nivel xa máis persoal dévolle moito ao meu grupo de traballo: Geno, Nando e Couto porque foi moi importante a sua labor" Sobre o Xallas que ven… "O único que podo decir é que deste Xallas cabe esperar deste equipo é que imos traballar moito e o mellor posible. Que cada xogador que vista esta camiseta vai dar o máximo por ela se quere estar neste equipo. E os que traballamos para él temos que estar á altura e ser o máis profesionales posibles. Estes son para min o abece do que quero que sexan os meus equipos. Vexo un plantel moi compensado e moi bo grupo. Esperemos non pasar tantos apuros para conseguir a salvaciòn. A nivel máis puramente futbolístico esperemos que consigamos ter bo trato de balón e non renunciar a ter o seu control. Pero sen olvidar que no fútbol a portería contraria está no outro lado. Ter o control do balón non che garantiza ter o do partido" Sobre a milagre do Xallas… "Non me considero adestrador milagre para nada. Son un apaixoado total disto, tento face cada dia o mellor e implicarme ao máximo no que fago. Os logros que conseguín no fútbol foi porque tiven uns grupos excelentes. E despois tiven a sorte de ter directivas que confiaron en min e no meu traballo. Case sempre tiven arranques irregulares, mantiveronme e deixaronme traballar sen presiòn. Noutros equipos xa estaría... na casa en novembro. Os adestradores sabemos que somos os primeiros que estamos no ollo do furacán e temos que convivir con esto" Sobre a Preferente… "Esta liga véxoa moi complicada. Non ves equipos banda. Conseguir tres puntos custa tinta e sudor. Os equipos están moi ben preparados e estúdiante ben. Creo que vai haber un grupo claro por arriba e os demais a pelexarnos" ... E sen vendetta para Javi Imaxe da viaxe de Javi e De la Sierra Imaxe da viaxe de Javi e De la Sierra O Soneira non poderá recuperar para o encontro a dous dos seus pilares, Javi e De la Sierra, que xa non estiveron na visita a Sada. Ambos futbolistas están de viaxe en México, e non aterrizarán ata o domingo á noite. Por só unhas horas, o 'tolo do pelo vermello' quedará sen a opción de resarcirse do erro na execución do penalti da final copera.

Comentarios