mércores. 30.04.2025
El tiempo

Doble derbi para a primeira xornada do 2016 no Fútbol da Costa

Doble derbi para a primeira xornada do 2016 no Fútbol da Costa
Corme-Malpica-Foto-Wash Calvo Os derbis Corme-Malpica sempre son intensos-Foto-Wash Calvo

Arrinca o 2016 cunha insólita xornada en pleno Nadal. Despois da ida dos Dezaseisavos da Copa da Costa, cos seus problemas cas sancións por falta de información, retomamos o pulso das competicións ligueiras máis importantes, que se disputarán este domingo 3 de xaneiro.

 

Mal día para mellorar na Preferente

Comezando por unha xoranda de Preferente que se presenta complicada para que os nosos saian de postos de descenso, por tocan rivais da zona noble.

Dous derbis na 1ª

Centra a 1ª a atención, pois tocan dous derbis para arrincar o ano. No Cairo, derbi bergantiñá ante a visita do Corme. Un partido importante, con dous equipos empatados pero en liñas contrarias, pois mentres o cadro de Miguel Torrado vai a máis, o de Chema Rivadulla levan 5 partidos sen gañar. Iso si estrearán ás fichaxes de Roi Carril (procedente do Porteño) e de Jacobo Castelo (do Narón).
Do norte ao sur, pois no Cunchido o Outes recibe ao Baio, dous equipos na zona media que de seguro ofrecen un espectáctulo fantástico ante unhas bancadas ateigadas.
Ademais, o Sofán recibe ao Sigüeiro no Carral para achegarse á zona de ascenso, onde se atopa un Soneira que ten partido clave para definir o futuro ante o Flavia, 3º clasificado a só 3 puntos dos soneiráns.

Xornada para non fallar

Os 7 de arriba (en apenas 8 puntos) buscarán non fallar nos seus choques deste comezo de ano. O partido máis igualado será o que se viva no San Paio de Refoxos, onde un Cee que busca seguir remontando postos e meterse na pelexa recibe a un Baíñas que con Corredoira ao mando busca o ascenso sen miramentos. Por arriba de todo, o Zas recibe ao Porteño e o Ponteces a un Buño que estrea a Mauro Garcia Juncal no banco, trala destitución de Gueli.

Atentos haberá que estar tamén ao Mazaricos-Ameixenda, Cabana-Fisterra e Carnota-San Lorenzo pola zona alta, e pola baixa, pois Cabana e Carnota necesitan comezar a sumar moito máis.

Arrincou a xornada das Ligas Autonómicas

Non hai xornadas en toda o fútbol base, só nas Ligas Galegas para os equipos dumbrieses. E xa comezou, pois o cadro xuvenil venceu e convenceu onte no Conco ao Cerceda, colocándose ns 2ª praza a só 3 puntos do Villalbés, que se enfronta ao Viveiro a previa de Reis, e pedente do que fagan Conxo e Boiro que poden adiantar aos de Leis e Lobelos.

Tamén arrincaba o pasado 30 a xornada 17 da máxima división cadete, pero o Dumbría de Huelvis aínda terá que esperar ata a mañá do sábado para enfrontarse ao Bertamiráns no Conco, nun partido no que os costeiros necesitan sumar.

 

Preferente Norte, xornada 19

 

Primeira Autonómica, xornada 17

Segunda Autonómica, xornada 17

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 17

Dumbría 3-0Cerceda

Cadete - División de Honra, xornada 17

Dumbría02/01 - 11:30Bertamiráns
 

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios