Doble derrota para as Escolas de Baloncesto de Baio nas Ligas Provinciais
12:16 26/01/11
Se o Oso polar aprazaba o encontro desta pasada fin de semana, os que non o facían eran os membros das Escolas de Baloncesto Baloncesto Baio. E non houbo sorte xa que tanto as xogadoras Junior como os pequechos infantís colleitaron sendas derrotas na Coruña.
As Junior recibían unha derrota merecida ante o Calasancias, equipo que aínda non coñece a derrota nesta liga e que debe estar loitando pola primeira praza desta liga, xunto con Carballo Basket.
Pola súa banda, os infantís taén caeron ante un Ventorrillo moi duro, e onde o único que rendeu a gran nivel foi David.
Liga Provincial Junior Feminino
- Resultado: Calasancias, 73 - Concello de Zas, 11
- Parciais: 12-0; 32-2; 9-6; 20-3. (Acumulado: 12-0; 44-2; 53-8; 73-11)
- Concello de Zas: Sara, 0 ptos; Carlota, 4 ptos; Lucía, 0 ptos; Elena, 0 ptos; Sandra, 2 ptos-quinteto inicial-Carla, 0 ptos; Nazaret, 2 ptos; Patricia, 3 ptos.
Liga Provincial Infantil Masculino
- Resultado: BCA Ventorrillo, 63 - EB Concello de Zas, 11
- Parciais: 8-2; 14-8; 10-1; 31-0.
- Baio: David (5), Dario (2), Carla (2), Cristina (2), Alberto, Lidia, Brais e Dani.
Vindeira cita
- JUNIOR FEMENINO: Compañía de María - Concello de Zas: domingo 30/01/11.
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte e do Club Baloncesto Baio-Zas.