Venres. 03.05.2024
El tiempo

Debutan os pequenos baloncestistas de Cee e Zas

Debutan os pequenos baloncestistas de Cee e Zas
Debutan os pequenos baloncestistas de Cee e Zas Cuádruple xornada baloncestista para os equipos da bisbarra, tanto para o Oso Polar Costa da Morte como para as Escolas de Balonceso de Baio e Zas. Comezamos o repaso polo equipo cadete feminino do Ferroatlántica Costa da Morte, que gañou con moita claridade fronte ao Compañía de María, nun partido sen historia, por 70-25. Ademais, en categoría infantil caía no seu debut ante o Universitario de Ferrol por 53-28. Pola súa banda por Zas as junior caían con rotundidade na Liga Provincial ante o Santa del Mar por 83-27. Pola súa banda tamén debutaban na Liga Infantil os pequenos do Club Baloncesto Baio-Zas, e comezaban con vitoria ante o Hogar de Santa Margarita coruñés por 51-27.

Liga Cadete Femino

  • Resultado: Ferroatlántica Costa da Morte, 70 - Compañía de María, 15.
  • Ferroatlántica Costa da Morte: Ana (7); Begoña; Yaiza (7); Paula (9); Andrea (16) – cinco inicial- Tamén xogaron: Esther (12); Sabela; Fany (17) Amanda (2).

O Ferroatlántica Costa da Morte gañou con moita claridade fronte ao Compañía de María, nun partido sen historia. No primeiro cuarto, o equipo de Cee, comezou cunha relaxación non propia del, mais, a partir do segundo cuarto, unha presión a todo o campo conseguiu aumentar a diferenza no marcador ata chegar ao 36 – 9 co que rematou a primeira parte.

Nos últimos dous cuartos houbo máis do mesmo, momentos de relaxación e momentos de bo xogo. Negativamente pódense remarcar o gran número de perdas (27) e os rebotes perdidos endefensa (15).

E, a pesares do abultado marcador, só podemos remarcar como positivo o número de roubos de balón (34) e o traballo xeral da xogadora nº13 Andrea Chasco, que con 16 puntos, 10 roubos, 11 rebotes (7 deles en ataque) e una forte e notable defensa, firmou un partido máis que notable.

Vindeira cita

O próximo partido na fin de semana do 18-19 desprazarémonos ata Coruña para xogar contra As Torres.

Liga Provincial Infantil

  • Resultado: Universitario Ferrol, 53 - Ferroatlántica Costa da Morte, 28.
  • Ferroatlántica Costa da Morte: María (2); Yolanda (4); Uxía (6); Lorena (12); Iria – cinco inicial – Tamén xogaron: Tania (4); Marta; Carla; Lara; Laura; Claudia; Victoria.

Partido correspondente á primeira xornada da liga Coruña infantil feminina. O Ferroatlántica Costa da Morte perdiu no campo do Universitario de Ferrol, facendo un correcto partido, e do que se saíu con boas sensacións.

O primeiro cuarto, o equipo de Cee, comezou cunha relaxación que deu lugar a un 15-2 de parcial no primeiro cuarto, mais a partires do segundo cuarto e aínda con mellor resultado no terceiro, experimentouse un cambio e una mellora moi clara, chegando a pórse cun 34-22 antes do comezo do último período. No último cuarto, co problema engadido do cansancio baixou a intensidade mostrada rematando o partido co 53-28 final.

Cabe destacar positivamente o traballo de Yolanda Chasco, cunha dirección de xogo máis que notable, e tamén o xogo de Lorena, que cos seus problemas físicos no partido conseguiu ser a máxima anotadora do equipo de Cee.

Vindeira cita

A próxima fin de semana esperaremos no pavillón de Cee ao Compañía de María da Coruña.

Junior feminino Liga Provincial

  • Resultado: Santa María del Mar, 83 - Concello de Zas, 27
  • Parciais: (21 - 2; 25 - 4; 14 - 11; 23 - 10) (Acumulado: 21 - 2; 46 - 6; 60 - 17; 83 - 27)
  • Concello de Zas: Patricia, 9 ptos; Carlota, 2 ptos; María, 4 ptos; Nazaret, 0 ptos; Sabrina, 0 ptos - quinteto inicial - Nerea, 4 ptos; Elena, 0 ptos; Sandra, 8 ptos; Lucía: 0 ptos.

Derrota merecida para o equipo de Baio ante un dos equipos que deben estar loitando polas primeiras prazas desta liga, xunto con Carballo Basket.

I é que como nos conta o adestrador, o equipo de Baio ten un problema moi serio: entra no partido e comeza a xogar a partires do descanso dos partidos, olvidándose de xogar durante os dous primeiros cuartos, onde os equipos contrarios sacan vantaxe suficiente como para que na segunda mitade do encontro, con manter igualados os parciais teñen asegurada a victoria. Aconteceu novamente no encontro disputado este sábado pola maña na pista do colexio Sta. Mª del Mar. Un primeiro cuarto no que no seu inicio ningún dos equipos acertaban ca canastra do equipo contrario, pero a partir do minuto cinco o equipo de Coruña conseguiu aumentar o seu acerto no tiro e así se foron ata 21 puntos neste cuarto, mentres as rapazas de Baio non acertaban no seu ataque nin tampouco a parar o ataque das coruñesas. No segundo cuarto o equipo local mantivo o ritmo conseguindo un parcial de 25-4.

O marcador no descanso daba una proxección do resultado o final do encontro de 90 puntos para o Sta. Mª del Mar e de tan só 12 puntos para Baio. Moi mal pintaban as cousas para as de Zas. Pero tralo descanso as rapazas de Baio despertaron e conseguiron acertar ca canastra contraria e que ao equipo de Coruña costaralles mais encestar, polo gran traballo feito na defensa neste cuarto. No último cuarto as de Baio seguiron loitando, pero tres minutos de despite na defensa permitiron o equipo de Sta. Mª del Mar facer un parcial de 23 - 10. No aspecto ofensivo destacar a aportación tanto de Patricia como Sandra, e que cinco das xogadoras de Baio conseguiron anotar no encontro.

Liga Provincial Infantil

Debutaba o Club Baloncesto Baio-Zas neste Grupo B da 2ª División Infantil:

  • Resultado: Club Baloncesto Baio-Zas, 51 - Hogar Santa Margarita, 27
  • Parciais: 12-0; 24-7; 39-23; 51-27.
  • Club Baloncesto Zas: Facal (18), Brais Garcia (12), Alberto Collazo (11), Cristina Sacedon (8), Lidia Fariña (2), Javier Santiago e Xian Garcia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte e do Club Baloncesto Baio-Zas.

Comentarios