Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Oso Polar non puido remontar ante o Adfro

O Oso Polar non puido remontar ante o Adfro

O Oso Polar Costa da Morte cae derrotado logo de rozar a remontada. No partido que pechaba a primeira volta o Oso Polar caeu derrotado polo Adfro por 71 a 78.

Datos do encontro

  • Resultado: Oso Polar Costa da Morte, 71 - Preciosport.com Adfro, 78
  • Parciais: 12-21, 15-19, 19-10, 25-28.
  • Oso Polar Costa da Morte: Manuel (2 ptos), Roberto (37 ptos, 8t), Santi (9 ptos, 1t), José Ramón (15 ptos) e Pais (6 ptos) [cinco inicial]. Tamén xogaron Fabián (2 ptos), Busto (-), Andrés (-) e José (-).
  • Adfro: Themudo (9 ptos), Corredelo (33 ptos), Taboada (6 ptos, 1t), Igrexas (4 ptos) e Juane (22 ptos, 4t) [cinco inicial]. Tamén xogaron Rico (2 ptos) e Rei (2 ptos).

Partido moi intenso o que enfrontou ao Oso Polar e ao Adfro. Chegaban os dous conxuntos igualados a triunfos na clasificación de aí a importancia do partido. O equipo de Coruña empezou moi acertado nos seus lanzamentos anotando cunhas porcentaxes moi altas o que lle permitiu obter as primeiras vantaxes no marcador. Pola contra os do Oso Polar mantíñanse no partido grazas á anotación desde o perímetro de Roberto. Chegouse ao descanso con 27 a 40 favorable ao Adfro. Na continuación o Oso Polar mostrou a súa mellor cara en ataque á vez que o Adfro baixou na súa porcentaxe de acerto. Un parcial de 19 a 10 volvía pór no partido aos locais. O gran protagonista deste parcial foi sen dúbida Roberto que anotou 13 dos 19 ptos do seu equipo neste cuarto.

No último cuarto o desgaste realizado para volver entrar no partido fíxose notar nos xogadores do Oso Polar que viron como o equipo de Coruña conseguía anotar grazas a rápidas penetracións que lle permitían efectuar tiros a media distancia nos que se mostraron moi certeiros. Nos minutos finais o Oso Polar efectuou faltas rápidas para que non pasase o tempo pero os xogadores do Adfro non fallaron desde a liña de persoal chegando ao final do partido con 71 a 78 no marcador.

Por parte do Oso Polar destacar a extraordinaria actuación de Roberto con 37 ptos e 8 triplos ben secundado por José Ramón (15 ptos) e Santi (9 ptos, 1 triplo). Por parte do Adfro destacaron Corredelo con 33 ptos e Juane con 22 ptos e 4 triplos.

Vindeira cita

A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte descansará tras aprazar o seu partido contra o Celtas de Foz para o 13 de febreiro por petición do equipo lugués. A seguinte cita do Oso Polar será en Coruña ante o C.B. Atocha o domingo 30 de xaneiro ás 18:30.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte.

Comentarios