Doblete e podio para os atletas costeiros no Campionato Galego de Pista Cuberta


Segue o atletismo costeiro participando nas probas do Campionato Galego, tanto de base, como absoluto. E tamén tivemos presencia no Campionato de España de Cross, onde a muxiá Barca Toba entrou no “Top10” por equipos co seu Adas Proinor, co que quedaron en 9ª posición.
Na Coruña, no Campionato Galego de Veteranos de Pista Cuberta estivo o novo club Terra de Soneira, con Míchel Antelo de novo á cabeza. Doblete do bravo fixo o vimiancés, despois de facer un trail de 21km pola mañá en Ames, quedando5º na xeral cun tempo de 1h27m, e pola tarde, debut en pista acadando un 3º posto no 3000 galego, baixando ademais dos 10 minutos. Todo un tigre Míchel, polo que non pasan os anos.

Moita base

Mentres, a familia da Asociación Deportiva Olimpia participaba no Campionato Galego Xuvenil, e deixaba unha gran actuación dos dous rapaces participantes con dous 3º postos. Os dous facendo mellor marca persoal:
- Jesús Daniel Suárez terceiro en salto de lonxitude, cun salto de 5m e 85cm.
- Elian Numa López tamén terceiro no 800 m cun tempo final de 2:06.

Novas relacionadas
Máis novas
- Sara Vieites, a estrella Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte.
- Vimianzo e Cee demostraron que o atletismo xa é deporte de masas na Costa da Morte.
- Excepcional participación do Olimpia nos Campionatos Galegos e Provinciais.
- Míchel e Manu Dosil, hai vida no deporde despois do Fútbol da Costa.
- Jorge Lariño: Saio a correr, non saio a running.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).