Martes. 21.05.2019
El tiempo

Doro tira do carro do Xallas, coma sempre

Doro tira do carro do Xallas, coma sempre
A destitución de Néstor deixou ó Xallas nunha situación difícil, tras un inicio de liga un tanto irregular e sen adestrador. A solución non veu de fora, o conxunto verde buscou na casa e atopou á xente correcta coa que traballar e sacar adiante unha tempada que se presume moi complicada para lograr a permanencia nunha das Preferentes máis igualadas dos últimos anos. O coordinador de base Iyan asumiu a carga dos adestramentos, e Doro xunto cos outros veteranos asume a responsabilidade das alineacións. Unha auto xestión do vestiario que excepto nun par de desplazamientos está dando bos resultados. Falamos co eterno capitán, Doro, sobre a situación que están a pasar: QPC - Como se atopa o equipo agora mesmo, despois dun inicio de liga un tanto dubitativo? O equipo esta ben e con ganas de competir e sacar o máximo de puntos posibles antes do parón invernal para non descolgarse moito dese grupo da zona media da tabla. Estes últimos puntos conseguidos despois de vencer ó San Tirso e empatar co Ordenes dannos mais moral. QPC - Como está a ser a dinámica de traballo do equipo? Ahora mismo e Iyan o encargado de levar os adestramentos, e a pesar da súa xuventude esta mostrando ter carácter e personalidade de sobra para levar o equipo. Despois o mais difícil que ė facer as convocatorias e o once en cada partido pois tratamos de falalo e opinar entre os dous para buscar a mellor decisión , que nunca é fácil pero sigo decindo que todo o merito é de Iyan. É moi difícil ter a 21 xogadores contentos pero todos están tendo a súa oportunidade e os seus minutos. QPC - Realmente a túa posición é a dun clásico xogador - adestrador? Non creo que a palabra xogador- adestrador sexa a que defina agora mesmo a miña situación no equipo , eu sempre quero xogar pero o equipo ė o mais importante e todos temos que intentar tirar para o mesmo lado, sobre todo cando os resultados non acompañan. QPC - Este ano a Preferente esta complicadísima. Que cres que vai a pasar? O noso objetivo ė manter a categoría pero estase a ver que como estes últimos anos hai que quedar o mais arriba posible na tabla polos arrastres que se podan dar. QPC - Algunhas baixas, sobre todo na zona defensiva, están a lastrar algo o rendemento do equipo. E certo que o equipo notou moito as baixas de Alex Canedo e Dany Becerra pero tanto Jacobo como Oliver fixeron un moi bo traballo para suplilos nun puesto que non é o deles. E se imos recuperando a mais xogadores que tamén están lesionados e aportan moito o equipo melloraremos seguro. QPC - Estaba previsto que este fose o ano de remodelación de Fontenla, pero da a sensación de que non vai a ser así. Como vos está a afectar a incertidume do tema do campo? O tema do campo de momento as obras non empezaron e polo tanto seguiremos xogando no Fontenla. Nos temos que dedicarnos a xogar e si as obras empezan teremos que afrontar xogar onde nos manden.

Comentarios