Doroemon e peto máxico
22:10 20/11/16
Un gol da lenda vivinte do Xallas decidiu o derbi de Preferente en Sofán e confirmou que os combeses medran canto maior sexa o reto; na Primeira a Costa quedou invicta, mentres que na Liga da Costa a vida sigue igual
Doro, nunha acción do derbi sabatino - Foto: SD Sofán
Referiuse hai pouco Jose Mourinho ao momento no que o fútbol unánimente chorará. Cando pasen cinco anos e se dea conta de que Messi ten 34, veu a dicir. Así que a ciencia ten un lustro para evolucionar a idea de Walt Disney de crioxenizar aos xenios. E despois do arxentino, metafóricamente falando na Costa da Morte, tería que ir Doro. O sempiterno capitán do Xallas decidiu cun gol o bonito derbi de Preferente ante o Sofán. Foi un clásico standart, co todo o encanto que iso conleva, cun tanto para enmarcar dun home que parece ter o DNI máis trucado que un adolescente nunha discoteca. Dalle a risa cando lle falan da 'crise' dos corenta. Menos fortuna tivo no outro case derbi o Soneira, que caeu derrotado en Laracha. Parece un curta e pega, pero outra vez os vimianceses fixeron case todo ben, para non gañar. E o peor é que están xa en postos de descenso.
Tamén esa negra sombra planea sobre unha Primeira na que debutou con festival de goles Alfredo Cambeiro. O de Caldebarcos deulle un toque remozado ao Outes, que igualou na casa co Atlético Riveira. Á habitual falta de seguridade defensiva meteulle, esta vez, acerto no remate. Non perderon, pero tampouco venceron, Sporting Zas e un Fisterra competitivo, pero que non acaban de convertir en vitorias eses partidos de distancias curtas. A outra velocidade transita un Dumbría que ten xa unha marxe de dous partidos sobre a zona de non ascenso.
A vida mantense parecida no último mes nunha Liga da Costa onde Baio e Corme vencen e vencen, e na que os perseguidores alternan a condición de 'outsider'. Tense instalado no podium un Mazaricos que pode non namorar, pero que ten unha fiabilidade de coche sueco. Por exemplo, bonitas son as propostas de Corcubión ou Camariñas, pero na táboa fálase outra lingua.
Empeza a clarificar a táboa na Terceira Galega, na que o Muxía certificou en goles o que debe ser o marcador entre un líder e un colista, por máis derbi que fose. Lira, Ameixenda e Nantón transitan xa a unha decena de puntos de distancia, e con sensación de, xunto ao Volantes, ser candidatos a loitar pola outra praza de ascenso. Os muradáns, que parecían ter atopado velocidade de cruceiro, caeron na casa ante un gran Cabana.
E mentres, o consello debe ser que os seareiros desfrutemos cada segundo, cada control e cada partido que co Xallas xogue Doro, porque será unha acción, un momento irrepetible.
PreferenteNorte, xornada 14
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 12
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 12
LigaGalega Xuvenil, xornada 11
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 7
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 11
LigaGalega Cadete, xornada 11
1ªCadete, xornada 8
LigaGalega Infantil, xornada 10
1ªInfantil, xornada 10
LigaAlevínSur, xornada 6
LigaBenxamínSur, xornada 6LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.