Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dous carnotáns fan historia no Campionato Galego Cadete de Taekwondo

Dous carnotáns fan historia no Campionato Galego Cadete de Taekwondo
Adrian Saborido e Anxo Fernandez coparon o podio do Campionato Galego Cadete de Taekwondo

Día histórico o pasado sábado 15 de setembro para o club Arte e Movemento e para a Costa da Morte. I é que o carnotán Anxo Fernández converteuse no primeiro campión galego de taekwondo que ten a comarca.
Ademais, as boas novas completáronse cun subcampionato, o acadado por Adrián Saborido, que caeu precisamente na final co seu compañeiro.

Dous finalistas na final dos pesos pesados do Campionato Galego Cadete de Judo 2012, celebrado en Noita é un gran mérito para o clube costeiro. E para Carnota, pois os dous deportistas teñen 14 anos e son veciños de Carnota.

Tanto o seu entrenador Juan Carlos Dáaz como Anxo e Adrián, levaban esperando esta competición toda a temporada xa que foran gañando nas distintas competicións ás que se presentaban, pero faltaba disputar o Campionato Galego, que sería o título definitivo. Acadárono, con creces xa que no último combate da xornada, a final dos peso pesado, estaban no tapiz dous alumnos do clube, compañeiros, amigos e veciños.

Novas relacionadas

Fonte
  • Arte e Movemento.

Comentarios