Domingo. 03.07.2022
El tiempo

Dumbría acollerá dúas probas nacionais de piragüismo

Dumbría acollerá dúas probas nacionais de piragüismo

Segue o Concello de Dumbría afianzándose como unha referencia en materia deportiva. Ás visitas internacionais das dúas rodas podemos engadirlle xa dúas novas probas de piragüismo.
I é que como nos contan dende o Concello, Dumbría acaba de ser confirmada na Xunta Directiva da Real Federación Española de Piragüismo como sede para acoller este verán os Campionatos de España de Novas Promesas de Slalom e os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, proba que depende directamente do Consello Superior de Deportes.

As citas terán lugar no fin de semana do 4 e 5 de agosto no Campo de Slalom de Olveira - Dumbría (embalse de Fervenza) e traerán ata a nosa comarca numerosos visitantes entre deportistas, técnicos, acompañantes e público en xeral.

O feito de otorgar esta competición a Dumbría confirma o bo facer tanto do CDM Piragüismo Dumbría coma do Concello de Dumbría na organización en anos anteriores dunha competición da Copa de España de Piragüsimo, proba que pasou con nota os exames da Real Federación Española, e que foi o aval principal para a concesión destes Campionatos de España.

Estes campionatos veñen sumarse á intensa actividade deportiva que no mes de agosto vivirá o municipio dumbriés, xa que tamén terá lugar neste mes a 12ª etapa da Volta Ciclista a España que rematará no Mirador de Ézaro; sen esquecer o importante escaparate que todo isto supón para o concello e para toda a comarca a nivel promocional, turístico e económico.

Novas relacionadas

comentarios