Dumbría colle o relevo do Cabana nos torneos de Fútbol Base


Tralo Torneo de Cabana de Fútbol Base (abaixo o repasamos), será Dumbría o centro das categorías inferiores. Este sábado 30 de xuño, o Conco acollerá o II Memorial Manuel Andújar, cun Torneo de Fútbol 8 en categorías benxamíns e alevíns.
E o fai celebrando os ascensos á Liga Galega dos seus infantís e cadetes, todo un logro para a canteira do Dumbría CF.
Así, este sábado 30 de xuño, os equipos de Fisterra, Cabana, Corcubión, Victoria, Cee, Os Miúdos, Racing de San Pedro e Sporting Coruñés pelexarán por un novo torneo estival (ollo que hai moitos neste verán...).
Dende as 10:00h da mañá as instalacións do Conco serán un fervedoiro de nenos e pais e nais, digno de disfrutar.

Torneo de Cabana
Esta fin de semana As Redondas acollían unha das citas máis importantes do fútbol base da Costa da Morte. Unha das referencias na materia, o Cabana, organizaba o seu IV Torneo de Futbol Base, e o campo rexistraba unha gran entrada para ver as promesas do fútbol da Costa e do norte da zona.
Finalmente os nosos sucumbiron ao potencial dos Meicende, Arteixo ou Paiosaco, e os Fisterra, Dumbría ou Cabana non puideron facerse máis que cos 3º e 4º postos. Estes foron os resultados:
- En benxamíns os campións foron os de Meicende, que venceron ao Paiosaco por penaltis. 3º quedou o Fisterra, por diante do Dumbría.
- En alevíns, o campión foi o Arteixo, que deixou unha imaxe espectacular nas Redondas, e venceu ao Cabana. O Fisterra quedou tamén 3º vencendo igualmente ao Dumbría.
Novas relacionadas
- Novidades no #fútboldacosta: Gala, Soneira, fútbol base, reunión….
- Repasando as propostas para o formato das Ligas Xuvenís.
- Unha fusión, dous finados e outro clube máis no #futboldacosta.
- Novidades importantes arredor do fútbol da Costa.
Máis información
- Os 11 ideais QPC do fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Cadros da Copa da Costa 2012 de Afeccionados, Xuvenís e Veteranos.
Crónicas da semana
- Final da Copa da Costa 2012: Monocolor laranxa.
- Resultados: Unha copa laranxa, un Dumbría cadete de Galega, unha final de Veteranos e un Fisober Subcampión.
Máis novas
- Avalancha de torneos: Fútbol Base en Cabana, Fútbol praia en Louro e F7 en Carnota.
- Outes tamén ten cita co F7.
- 30 de xuño: Día do fútbol da Costa.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Artigos futboleiros
- Un Mar de Paixón: Remexer nos papeis doutros.
- Alberto Pose: Ánimo Cerqueda!.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Dumbría CF.