Dumbría, Zas, Fisterra, Santa Comba e Vimianzo acollerán sendos torneos de verán
08:08 01/07/15
Recuperamos, como cada semana, unha nova fornada de torneos costeiros. Tócanos repasar as citas de Zas, Santa Comba e Vimianzo, e descubrir a que están armando os Veteranos do Dumbría.
Pero antes, coma sempre, repasamos como vai o gran torneo de verán, o Campionato de Barrios de Esteiro, no que o Independientes ponse de líder, pero con dous partidos xogados máis que o Ciclóns.
Campionato de F7 en Zas
Os 4 e 5 de xullo, o campo de San Andrés prepara o Campionato Sporting Zas de F7, con premios de 13.00 puntos para o 1º; 500 para o 2º, 200 para o 4º e a volta da inscrición para o 4º. Unha inscrición que é de 100 puntos e que se pode realizar ata o Xoves 2 de xullo ás 21:30h nos teléfonos 629 34 70 39 ou 659 74 14 18.
Torneo Novas Promesas de Dumbría
O Torneo de Novas Promesas de futbol 7 en categoría cadetes chega á súa segunda edición, antes coñecido como Novo Cubaleiro, e artellado polos Veteranos do Dumbría.
A data deste será o 11 de xullo e a pretensión é a de celebrar unha festa para os chavales, deleitarnos das súas virtudes futbolísticas e pasar unha xornada o máis agradable posible.
F7 en Santa Sabiña
Tamén en Santa Comba, desta volta en Santa Sabiña, terá lugar o XXII Torneo de Fútbol 7, os días 11 e 12 de xullo, con premios gordos: 1º posto: 2.000 ptos; 2º posto: 800 ptos; 3º posto: 300 ptos e 4º posto: 100 ptos. A cota é de 100 e xa a poden formalizar ata as 22:00 horas do 9 de xullo no Bar Rueiro (Santa Sabiña) ou no telefono 636 03 36 10.
Maratón de FS en Fisterra
Os días 11, 12 e 13 de xullo a parada será en Fisterra co Maratón de FS, con grandes premios.
Torneo e Campus do Soneira
Xa pon en marcha ademais o Soneira o I Torneo de Fútbol7 Sub-16, no que poderán participar rapaces de entre 13 e 16 anos, e no que a inscripción é gratuita.
Ao mesmo tempo, tamén presentamos o I Campus de verán, que durará 3 días, para as idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, e no que a inscripción custa 15€ e inclúe unha camiseta e unha bolsa de deporte de agasallo.
Novas relacionadas
- O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Doro, o novo Rei de Copas que #faiaLesma.
- O Coristanco acadou o título de Copa na gran festa dos Veteranos.
- O XSC, campión da Copa da Costa tras superar ao Corme nunha intensísima final.
- O Dumbría consegue un épico ascenso á Liga Galega Xuvenil.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).