Luns. 14.10.2024
El tiempo

E o Presidente da Federación pasou polos campos da Costa

E o Presidente da Federación pasou polos campos da Costa
Rafael Louzán cos responsables da Esteirana e dos Miúdos Rafael Louzán cos responsables da Esteirana e dos Miúdos

Este martes o presidente da Federación de Fútbol, Rafael Louzán, co que falabamos a semana pasada, realizou unha completa visita polos campos de fútbol da comarca, ratificando a súa intención de coñecelos de primeira man para proceder a mellorar as instalacións e mesmo pensar en poder realizar algún campionato de seleccións á zona.

”Quedamos gratamente sorprendidos pola calidade de moitas das instalacións como a de Esteiro, Louro, Dumbría… Ademais estivemos analizando a infraestrutura hoteleira da zona para estudar a posibilidade de traer un campionato de alto nivel, e creo que a medio curto prazo si se poderá”, asegurábanos onte pola tarde o presidente. Recoñeceu que pola orografía hai campos onde é difícil mellorar as instalacións como Muros ou Corcubión, pero “outros campos como Ara Solis, con esa afección, si que sería bo melloralos”.

Rafael Louzán no Conco con César Ferrío e Manolo López Rafael Louzán no Conco con César Ferrío e Manolo López

Louzán, acompañado polo directivo Amancio Varela, o director deportivo Manu Fernández, e por Manolo Corredoira, xa oficialmente responsable federativo na Delegación da Costa (que por certo, se inaugura o vindeiro día 16), visitou os campos da Esteirana, Os Miúdos, Montelouro, Corcubión, Fisterra, Fisterra, Cee, Dumbría, Baio e Zas, e foi recibido polos seus presidentes.

”Viñemos ver e tamén a escoitar aos clubs, e se nos dixeron a verdade, a primeira impresión é boa. É impagable o traballo que eles fan e o cariño co que nos reciben. Pola mañá comprobamos o vén que traballan as xentes de Esteiro e Louro, e por exemplo o que fai o presidente dos Miúdos tamén a nivel ONG é espectacular, é un traballador nato”, contounos.

A realidade é que no Fútbol da Costa, só ver que un Presidente dunha entidade se deixa ver pola zona xa parece unha boa nova.

Louzán cos responsables do Corcubión no Cubaleiro Louzán cos responsables do Corcubión no Cubaleiro A expedición federativa en Agra da Filgueira, Louro A expedición federativa en Agra da Filgueira, Louro

Visita especial a Fisterra

Tinte emotivo tivo a a visita a Fisterra dado o durísimo momento que vive o club ante a grave situación do seu presidente. A expedición da federación quixo dar ánimos aos directivos e que estes os trasladen á familia do presidente do club.

louzan-en-fisterra A visita fisterrá foi máis emotiva

Presentación da Sede

Tamén visitaron Louzán e os seus acompañantes as instalacións da nova sede federativa da Costa en Baio. Unha sede que será oficiamente presentada o vindeiro luns 16 de xaneiro, onde ademaos se fará entrega do material da Federación aos clubs.

A expedición da Federación coa presidenta do UC Cee no San Paio de Refoxos A expedición da Federación coa presidenta do UC Cee no San Paio de Refoxos

A Copa

Tremendamente interesado na Copa da Costa amósase Louzán, que repetiu que “imos volver, tamén pensando en sentarnos con todos os clubs e organizar a Copa ben organizada. Non só a dos maiores, tamén a da base”, apuntou.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios