mércores. 30.04.2025
El tiempo

E para rematar, a pedrea

E para rematar, a pedrea
A última xornada de Primeira Autonómica deixou unha última alegría en forma de clasificación do Sofán para a promoción de ascenso a Preferente; o Outes, ademais, escalou unha praza para escapar dos arrastres O Sofán loitará polo ascenso a Preferente - Foto: SD Sofán O Sofán loitará polo ascenso a Preferente - Foto: SD Sofán O momento máis feliz e exitoso da historia do Sofán sigue a escribirse semana tras semana, a falta aínda da gran portada. E iso pode chegar en dúas semanas, despois de que o cadro carballés asegurase, co empate en Sigüeiro, a clasificación para a promoción de ascenso a Preferente Autonómica. Será contra o segundo clasificado de Ferrol, A Coruña e As Mariñas, o Miño, a quen só o histórico Betanzos foi quen de superar. Será un rival duro, tan inexperto nestas realidades como o Sofán, pero igualmente formado por futbolistas de renombre en Ferrolterra, con pasado en As Pontes, Mugardos ou O Val. O resto da Primeira Autonómica deixou ademais a escalada clasificatoria do Outes, que venceu cómodamente en Baio e aproveitou o erro do Lesende. Manu de Roque lle gana a batalla a seu amigo Sil, e escapa un escalafón dos postos de arrastre. Pouco máis había en xogo nunha liga levada xa polo Soneira (de viaxe en Padrón con derrota incluida), e na que o Malpica acabou competindo dignamente pero sen forza. O Corme e o Baio parecen condeados ao abismo do efecto cascada, especialmente no caso dos bergantiñáns. Esa misma loita era o único en xogo na Liga da Costa, con Porteño e Coristanco coma protagonistas. Os pataqueiros non erraron coa Esteirana, ao contrario que os camariñáns, que caeron na casa ante o segundo, o Sporting Zas. Xornada triste na Ponte do Porto, onde perdían por falecemento ao seu presidente José Martínez Ferrío. Foi a xornada tamén unha despedida para o Volantes de Baño, que por primeira vez na súa historia descende a Terceira Autonómica. Tamén se despide, neste caso por arrastre, o Ameixenda, tras un fugaz paso. E non pudo ter mellor adeus Pedro no San Lorenzo, cunha contundente vitoria. Houbo novamente festa e festín goleador en Fisterra, con sambódromo incluido, por suposto. As outras dúas categorías, a Preferente e a Terceira, manteñen en vivo por diferentes motivos. Un novo triunfo do Xallas achega a potencial salvación, sempre en función de terceiros, mentres que na máis modesta das ligas creou afección o empate entre Muxía e Corcubión, con arreón final dos visitantes. Xa en fútbol base, o Xallas amosou novamente o seu poderío, esta vez cun merecidísimo título de Copa. Ademais, arrincaron as Copas de Cadetes, Infantís e mesmo Veteranos, co cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com. xallas campeon copa da costa juvenil 2016 O Xallas, campión da Copa Xuvenil  

Preferente Norte, xornada 36

 

Primeira Autonómica, xornada 34

 

Segunda Autonómica, xornada 34

 

FasedeAscenso á 2ª Autonómica, Ida da Final

O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com  

CopadaCosta Xuvenil, Final

O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com  

CopadaCosta Cadete, Ida dos Otavos

O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com  

CopadaCosta Infantil, ida dos Oitavos

O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com  

AlevínCosta Sur F8, xornada 30

AlevínCosta Norte F8, xornada 10

BenxamínCosta Sur F8, xornada 30

BenxamínCosta Norte F8, xornada 10

Prebenxamín Costa F8, xornada 11

 

CopadaCosta dos Veteranos, ida da Previa

O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com O cadro sempre actualizado en www.copadacosta.com  

Novasrelacionadas

Máisinformación

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios