Edu Quintela e Miguel Rey comparten podio no Torneo sub23 de Vilalba
03:34 12/12/18
Miguel Rey e Edu Quintela no podio de Vilalba
Excepcional o éxito acadado polos xogadores do AD Zas no torneo de Vilalba. Na categoria sub23- senior que se disputou conxunta Edu Quintela alzouse coa vitoria e Miguel Rey co segundo posto ao perder na final contra o seu compañeiro. O outro participante, Brais Blanco chegou a cuartos de final.
Vindeira cita
Pensando xa nesta fin de semana, este é o completo horario que terá a familia costeira do tenis de mesa:Sábado 15 de decembro
- 1ª División Nacional femenina en Cangas (Pontevedra) 10'00 Monte Porreiro Cafetería Capri - AD Zas Aluminios Xeal 12'30 Monte Porreiro Promesas - AD Zas Aluminios Xeal 16'00 Ribadumina - AD Zas Aluminios Xeal 18'30 Cinania Femenino - AD Zas Aluminios Xeal
- 2ª División Nacional masculina as 17'00 h. en Narón Embutidos San Esteban Cao - AD Zas Ponciano Nieto
- 3ª División Nacional masculina en Lugo 16'00 Milagrosa - Concello Mazaricos 18´00 Dez Portas TM - Concello Mazaricos
- 1ª División Galega, no ximnasio de Zas 17'00 AD za Construcciones Cernadas - Conxo Ponte de Ferro de Santiago
- 2ª División Galega no ximnasio de Zas 16'00 AD Zas Dimobel Bazar Baio - CTM RC A Estrada 18'00 AD Zas O Pinar - CTM RC A Estrada