Empate e todos contentos
No partido máis importante da fin de semana do tenis de mesa costeiro, o AD Zas Ponciano Nieto acadaba un ante o colíder, o Conxo TM, que deixa as cousas como estaban e de momento todos contentos e á espera de que algún deles falle nos seguintes encontros.
3ª División Nacional, Grupo Noroeste
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto – Conxo TM (3-3) (en sets 10-11)
Durante o encontró houbo partidos moi intensos e con puntos moi largos, de moi boa elaboración e moi aplaudidos por todos. Sorprendeu aos de Conxo o nivel de Brais Blanco e o seu xogo, sobre todo no primeiro partido contra Eloy ao que superou claramente no mellor partido da mañá do domingo. Logo houbo outros partidos dos Gonchu ou Miguel Rey moi reñidos no xogo e no marcador pero non con tanta tensión.
Como final de xornada os dous equipos foron discutir os puntos cun refrescos e unas boas tapas de callos, polvo e chourizo que xa lles serveu de comida a todos. Para eso a taberna “San José” de Rial de Arriba e especialista. A intensidade dos partidos e reunión despois do partido axuda a querer máis este deporte.
1ª División Galega, Grupo Centro
- Resultado: AD Zas Construciones Cernadas – Breogán Oleiros “C” 4-2 (en sets 12-7)
Primeira vitoria do AD Zas Construcciones Cernadas e tamén a primeira vitoria no campeonato de Raúl López, que levaba una boa racha de bo xogo sen resultados. Axudou que o Breogán Oleiros “C” se presentase cunha aliñacións de circunstancias pero eso no quita o mérito do conseguido dos Raúl, Miriam e Stevo. Con esta vitoria os de Zas colócanse no medio da táboa nun grupo moi igualado e sumar dous puntos vale moito.
2ª División Galega, Grupo Noroeste
- Resultado: AD Zas O Pinar - Concello Mazaricos (1-5) (5-15)
- Resultado: Liceo Vilagarcía Infantil – Concello Mazaricos (3-3) (9-11).
- Resultado: Vimianzo TM - Santa Comba (5-1) (16-6)
Cómodo vitoria dos de Mazaricos no derbi ante o Zas O Pinar que lles permite seguir no máis alto da táboa. Así e todo a nota máis destacable foi a primeira vitoria nunha competición federada de José Antonio Pazos, ante Adrián Lado o novo xogador que dende Malpica se despraza ata Zas para entrenar e xogar co AD Zas O Pinar, foi moi aplaudido por todos os que o venres estabamos no ximnasio, xa que é un premio ao tesón e interese que José Antonio Pazos lle pon en cada entrenamento e en cada partido. No resto pouco que decir e non ser a igualdade no partido entre Tatiana e Adrián.
Ademais, o equipo mazaricán desprazábase a Vilagarcía. Os Javi Rodríguez, Álex Blanco e Jose A. Lado conseguían un empate que a soupo a pouco pois esperábase máis, pero a longa viaxe non debeu sentar ben aos mazaricanos pois perderon os dous primeiros partidos ante rivais aos que debian superar. Serviralles de lección para poñerllas todas sempre e sobre todo ns partidos complicados.
No último partido, outro derbi entre Vimianzo TM e Santa Comba, vitoria esperada dos soneiráns ante os xallenses e en donde a veteranía dun ano en competición se notou. Adrián Riveiro, Paco e Laura non tiveron problemas para gañar os seus partidos a pesares de que Paco necesitou 5 sets para derrotar a Cristian Vilar pero no 5º xa non houbo color (11-13, 16-14, 15-17, 13-11 e 11-5), partido longo donde os nervios dos dous non lles deixaban acabar os sets como querían.
Novas relacionadas
- Empates sabrosos para os equipos do tenis de mesa.
- O AD Zas Ponciano Nieto mantense líder na 3ª divisisión nacional de tenis de mesa.
- Miriam Domínguez, de Irún aos campionatos estatais de tenis de mesa
- Boa fin de semana para os equipos de tenis de mesa da comarca.
- Tropezo do AD Zas Construcciones Cernadas na 1ª división galega de tenis de mesa
- Bo comenzo do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª división nacional de tenis de mesa
- En verán, aprendendo a gozar do tenis de mesa.
- 24 horas xogando ao tenis de mesa.
- 5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
- A familia do Anorthosis volve con experiencia e medallas do Campionato Galego:
- O Concello de Zas Ponciano Nieto xa é equipo de 1ª Galega.
- Moito futuro na canteira do Anorthosis.
Fonte
- Stevo Lema.