En marcha o I Memorial Abdoulaye Fall Seck
Segue a Costa da Morte volcada coa familia de Abdoulaye. Se todos os equipos están realizando colleitas para axudar á familia a repatriar o corpo e poder acompañalo nos ritos locais, dende Corme nace unha nova iniativa.
Tras a reunion que mantiveron na tarde-noite deste mércores a Asociación Deportiva Vidú e o Corme CF co resto de clubes costeiros, estes chegaron a un acordo para poñer en marcha o I Memorial Abdoulaye Fall Seck, un evento que se celebrará o vindeiro sábado 30 de abril ás 12.00h no Municipal de Arliña (Muxía).
Neste emotivo acontecemento enfrontaranse o Muxía CF cadete, equipo no que militaba o rapaz senegalés, e unha selección da Costa da mesma categoría. Este combinado estará composto por un ou dous xogadores de cada un dos equipos que militan na liga da Costa cadete.
Durante o transcurso do encontro sortearase material deportivo como unhas botas firmadas por David Villa, entre outras cousas, para recaudar fondos para a repatriación de Abdoulaye ao seu país natal.
Novas relacionadas
- A bisbarra solidarízase coa familia de Abdoulaye.
- Consternación costeira pola morte dun xogador do Muxía de 15 anos
- A.D. Vidú e Comre CF.
- Redacción QPC ([email protected])