Luns. 16.09.2024
El tiempo

En marcha un novo Curso de Adestradores en Carballo

En marcha un novo Curso de Adestradores en Carballo

Xa saben que o Nivel 1 de adestrador fará falta para poder exercer como técnicos nos equipos de base do fútbol territorial, de alevíns a xuvenís. Pero é que ademais, teoricamente en breve haberá que ter o Nivel 2 para adestrar na Liga da Costa.

Por eso, estamos tendo a posibilidade de realizar os Cursos de Adestrador na volta. Xa tiveron lugar dous cursos en Dumbría e Santa Comba, e agora tócalle ser sé a Carballo para o curso federativo "Instructor de Fútbol Base Nivel 1 - UEFA B". Non sen moitas negociacións coa Escola Galega de Entrenadores e a Federación, por parte de, entre outros, David Velo.

Este curso Nivel 1 dá para adestrar en categoría xuvenil, e serve como segundo paso para o curso de monitor que xa realizaron 60 alumnos en Dumbría e Santa Comba.

Só falta agora que haia xente suficiente para desenvolver o curso en Carballo, así que xa se están apuntando.

Xa poden inscribirse a través da web da Federación ou descargando este documento e presentándoo nas delegacións pertinentes. O prazo de inscrición remata o luns 25 de agosto. Poden chamar ao 981 12 17 86 ou poñerse en contacto con David Velo.

Novas relacionadas

Máis artigos de Corredoira

Fonte

Comentarios