Encaixe de líderes

01:41 09/12/16
Corme e Baio poñen a proba as súas xeiras ante dous rivais do Concello de Camariñas: os de Lentejo reciben ao equipo da capital municipal, mentres que á Grixa da Ponte do Porto viaxa o Baio
Cee e Camariñas terán partidos difíciles - Foto: Camariñas CF
Se Corme e Baio entregasen un exame académico, correrían serio risco de ser acusados de copiar. Todo o que fai un dos líderes leva ao outro, e parece que ata no calendario. Esta vez terán por rivais equipos do Concello de Camariñas, en forma de cita trampa. No caso dos de Lentejo será no Cairo, por onde pasará un Camariñas capaz do mellor e do peor, aínda que con demasiadas baixas últimamente. Pola súa parte, os 'MC Boys' (non é unha nova banda de rap) probarán sorte na sempre imprevisible e dificultosa A Grixa, fogar dun Porteño que pese á súa clasificación sempre da a cara contra rivais da zona alta. No que pechará a semana de tres partidos haberá tempo tamén para un derbi malpicán entre Cerqueda e Malpica, curiosamente no campo de outro dos representantes municipais, o Buño. Podería ser a primeira vez na historia que non é o máis antigo dos clubes bergantiñáns o que quede mellor clasificado, todo un reto para a parroquia de Cerqueda. No caso dos aspirantes a cuestionar a bicefalia da liga haberá tamén citas perigosísimas. O sorprendente Monte Louro viaxa a Mazaricos para un choque de estilos, mentres que en Vimianzo e ante o Baíñas o San Lorenzo terá moito que remar.
Hacia arriba tamén hai que falar en forma de derbi, coa necesidade por bandeira para Sporting Zas e Outes. A primeira vitoria de Alfredo Cambeiro sería deixar a permanencia en Primeira a tiro de partido, mentres que no caso dos de San Andrés o éxito tamén funcionaría de bombona de aire. Tamén é directo o duelo para o líder Dumbría, que en Tordoia e ante o segundo da liga pode dar un golpe que deixe abaneando a calquera que cuestione a superioridade costeira. Con mentalidade de pico e pala terá que ir o Fisterra a Silleda, ademais de cunha moi preparada defensa da estratexia defensiva ante un rival moi directo.
Na Preferente hai papelón para o Soneira, en Loimil e ante un futurible Terceira División como o Agrupación Estudiantil. Pero algún día terán que chegar ben dadas para os vimianceses, demasiado castigados pola eventualidade. Unha boa man podería darlles o Xallas en caso de manter os tres puntos na casa ante a Sarriana, terceira pola cola. E o madrugón dominical será para o Sofán, que terá reencontro de coñecidos en Ponte dos Brozos de Arteixo.
Anda revolta a Terceira con Ameixenda, Nantón e Lira alternándose. Curiosamente, en Fontiñas haberá un precioso cruce entre estes dous últimos, no que será un partido protagonizado por moitos futbolistas ilustres do balompé da zona.

PreferenteNorte, xornada 17
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 15
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 15
LigaGalega Xuvenil, xornada 14
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 10
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 14
LigaGalega Cadete, xornada 14
1ªCadete, xornada 11
LigaGalega Infantil, xornada 13
1ªInfantil, xornada 13
LigaAlevínSur, xornada 9
LigaBenxamínSur, xornada 9LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.