Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Volei Dumbría quedou a 2 puntos do título de Campión de España Infantil

Caputura da retransmision en directo da final do Campionato de Espana de Volei Dumbria Infanil
O Volei Dumbría recollendo a medalla de prata nunha captura da retransmisión en directo da final do Campionato de España de Vole
O Volei Dumbría quedou a 2 puntos do título de Campión de España Infantil

Menuda xesta que vén de protagonizar o Voley Dumbría - Manuel Rial no Campionato de España de Volei Infantil celebrado esta semana en Soria. Ademais de acadar todo un subcampionato estatal, a familia cosetira viviu unha verdadeira experiencia de vida, compartindo o máximo nivel da competición, e disfrutando dunha viaxe cos que serán amigos para sempre.

O cadro de Luís Alberto Fdez. arrasaron na >fase de grupos. En Cuartos puideron 3-0 con Ribera, resultado idéntico ao que superaron ao Cáceres na semifinal.

E na final atopouse de novo co CV Elche, vellos coñecidos dos costeiros pois xa se enfrontaran hai dous anos no campionato de España Alevín. Xa se enfrontaran na fase de grupos, con vitoria por 1-3 para os costeiros
O choque foi igualadísimo. Colocábase o Elche 1-2, pero o cadro dumbriés empataba para levar o choque ao quinto e definitivo set. Arroupados por unha moi ruidosa expedición costeira (formada por familiares, amig@s, e mesmo o alcalde dumbriés), o equipo alicantino levou a iniciativa, e puido vencer por un apretadísimo 13-15.

Volei Dumbria Infantil en Soria

Gran participación dos Unai, Ismael, Tiago, Fran, Iago, Matías, Darío, Aitor e Carlos; Luis, Xabi e Néstor, nesta gran competiciñon.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios