luns. 02.12.2024
El tiempo

Escápase a permanencia para o Bm. Camariñas

Escápase a permanencia para o Bm. Camariñas

Fatal a 21ª xornada da 1ª División Estatal de Balonmán para o Bm. Camariñas. Os conserveiros tiñan unha final ante o Las Cinco Jotas, que marca a salvación, pero tras un bo primeiro tempo os locais non souberon aproveitar a renda e acabaron sucumbindo.
Quedan agora os camariñáns a 4 puntos do propio cadro de Las Cinco Jotas, polo que agora só queda intentar pelexar por non ser último.

Pola súa banda, o Calvo vencía na casa ante un Bm. Cangas mermado. Os carballeses manteñen a 6ª praza, a tan só 3 puntos do 3º clasificado.

Bm. Camariñas - La Cinco Jotas (27-32)

  • BM. CAMARIÑAS: Cristian (p), Víctor (p), Alan (3), Fabián (5), Felipe (1), Pombo (3), Quin (3), Moncho, Salva, Catalán (4), José Ramón (2), Xabi (3), Perón (1).

Prometía moito este partido entre dous rivais directos, e contra o que o Boya gañara na primeira volta en Lavadores. Os camariñáns tiñan a imperioso necesidade dos puntos, e os visitantes querían deixar de coquetear co descenso a costa do Camariñas.

Conseguírono os vigueses, a base de tesón e experiencia, que tras un bo primeiro tempo dos locais nunca deron o partido por perdido, e no segundo período fixeron valer a súa mellor preparación física conseguindo a maioría dos seus goles penetrando polo centro da defensa local, facendo valer o arma que mellor se lles daba, o un contra un.

Os locais aos poucos fóronse desinflando tropezando contra unha mellor adestrada defensa visitante que impediu que os da Costa da Morte puidesen facer goles con facilidade.

Calvo Xiria - Bm. Cangas (35-24)

  • Calvo Xiria (19+16): Iago [p], Cuco (1), Álex Zas (2), Sergio, Brais (2), Manu (1), Pablo (12, 2 de 7 metros) -equipo inicial- Naya [p], Ramón, Ángel (3), Dubra (7), David (3), Álex García (2), Christophe (2).

Vitoria do Calvo Xiria na vixésimo primeira xornada da liga de 1ª Estatal en partido disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia ante o Bm. Cangas. O resultado final de 35-24 fala ben ás claras do que foi o encontro. Unha loita desigual dende o inicio, motivada pola ausencia de varios xogadores cangueses que foron convocados polo equipo de División de Honra, feito que mermou notablemente o seu potencial.

O encontro durou dez minutos, tempo que tardaron os carballeses en centrarse no partido. Eses minutos remataron cun parcial de 6-5. A partir de aí a defensa e contraataque carballés foron suficientes para romper o encontro de xeito definitivo. Tal foi así que nos seguintes vinte minutos o parcial foi 13-3 favorable para o Xiria, deixando o partido finiquitado.

O segundo tempo non tivo historia ... os dous equipos adicáronse a deixar pasar os minutos ata o pitido final. Cando xa todo parecía rematado Cristian, xogador do Bm. Cangas, nun choque fortuito, sufriu un golpe no nariz que lle provocou unha forte hemorraxia, polo que tivo que ser trasladado a un centro médico, agardamos a súa pronta recuperación.

Vindeira cita

  • O próximo do Balonmán Camariñas será o domingo día 11 de marzo en León ás 12 da mañá contra o Universidade de León Ademar. Estase preparando unha expedición para que a un módico prezo poidan ir os afeccionados que o desexen a pasar o fin de semana á capital Leonesa.
  • A vindeira xornada o Calvo Xiria xoga en Porriño ante o líder da categoría. Será o sábado ás 18:00 horas.

Máis información

Crónicas 2011/2012

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

Comentarios