mércores. 30.04.2025
El tiempo

Ese eterno conflicto de intereses

Ese eterno conflicto de intereses
Por máis que nos últimos anos tentouse arranxar, de novo Sofán, Zas e Xallas terán que compaxinar a tradición copera con partidos fundamentais para o seu futuro O Soneira buscará o doblete O Soneira buscará o doblete Pasarán outros cincuenta anos da Copa da Costa e seguirá sen chegar unha fórmula perfecta para a convivencia entre o torneo da paixón e a liga, o que realmente marca a realidade, categoría e presuposto dos clubes. Nese baile e confluencia de intereses lles tocará esta semana moverse a Sofán, Xallas e Sporting Zas, aínda que no caso dos últimos será a partires da vindeira fin de semana, xa que de momento queda suspendida a promoción de ascenso a Primeira. O Sofán empeza mañá a eliminatoria máis importante da súa historia, pero non de Copa, senón de promoción de ascenso a Preferente Autonómica. Recibe no Carral a un Miño que se ben por nome é un pouco habitual nestas loitas o certo é que no seu plantel hai unha importante colección de nomes ilustres do fútbol ferrolterrán, sempre en categorías máis altas. Son dous equipos dun perfil moi parecido e todo apunta a un cruce de poucos goles. E non menos interesante será ao día seguinte a súa viaxe a Ara Solis, onde o barco do campión Fisterra emprende unha viaxe de pracer sen máis rumbo que a ilusión. Os verdes neste momento poderían medirse ao Milan de Sacchi e seguirían apostando pola súa vitoria. Como diría Valdano, o fútbol e os estados de ánimo… No caso do Xallas a orde será inversa. Mañá acude a Xaviña para medirse a un Buño ante o que parece favorito, mentres que en horario unificado dominical segue a xogarse a permanencia ligueira, esta vez ante un Viveiro que ven de dar bandazos este curso e onde mesmo adestrou o exdeportivista Donato. Unha característica común de xalleiros e carballeses é que apenas están a tocar un once que parece a receta do éxito. Copa aparte, do resto da xornada destaca o partido do ano para Corcubión e Muxía, que a piques estivo de tinguirse de vermello co 2-0 ao 70', pero Lema encargouse de igualar e deixar unha volta abertísima e incerta.  

Copa da Costa, Ida dos Oitavos

Copa da Costa 2016-Oitavos  

Preferente Norte, xornada 37

 

FasedeAscenso á Preferente, Ida da Final

Fase de Ascenso a Preferente  

FasedeAscenso á 2ª Autonómica, Volta da Final

Promocion da 3  

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

Xuvenís13/05 - 19:30Xallas - Betanzos15/05 - 11:00
Cadetes13/05 - 18:00Victoria B - Fisterra17/05 - 18:00
Infantís13/05 - 18:00Dumbría - San Tirsno15/05 - 12:00
 

CopadaCosta Cadete, Ida dos Otavos

Copa da Costa Cadete 2016-Oitavos  

CopadaCosta Infantil, ida dos Oitavos

Copa da Costa Infantil 2016-Oitavos  

AlevínCosta Norte F8, xornada 11

 

BenxamínCosta Norte F8, xornada 11

 

CopadaCosta dos Veteranos, volta da Previa

Copa da Costa de Veteranos  

Novasrelacionadas

Máisinformación

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios