Este martes, cita coa Selección da Costa en Fontenla
Ademais da completa sesión de partidos desta ponte, o fútbol da Costa ten unha cita importante. A Selección Galega Sub-18 concéntrase en Santa Comba para celebrar este vindeiro martes 1 de novembro ás 16:30h un encontro amistoso contra Selección da Costa da Morte sub-23. Unha selección que, dirixida por Berto e Huelvis, acollerá a un futbolista de cada clube costeiro na Preferente, 1º e 2ª Autonómica, e que buscará amosar o potencial dos máis novos futbolistas da zona.
A fin de semana será completa para o combinado galego, como presentaban onte os membros da corporación municipal de Santa Comba, o Presidente da Federación Galega de Fútbol, García Liñares, os representantes dos clubes do concello, Xallas, Santa Comba e Castriz, e máis o propio José Manuel Vázquez, máis coñecido no fútbol da Costa como Huelvis. A selección extende así a súa rede de espazos de concentración fóra das cidades do país, unha boa aposta da nova directiva da Federación.
Convocados
A selección é casi na súa totalidade sub-23, coa única excepción de Doro, que será o capitán da mesma, polos valores que exhibiu na última década, saíndo desde a Liga da Costa ata a Terceira división, como tantos outros xogadores da Costa, que, dende novos, buscaron o seu futuro no fútbol nas categorías máis altas que lles foi posible.
Tanto Huelvis como Berto trataron de que estiveran representados a maioría dos clubes da costa que non tiveran competición ese martes 1 de novembro, i é que xa sabedes que ese día hai xornada na 3ª da Costa .
Así, de cara a participación no partido amigable a Selección de xogadores da Costa da Morte será a formada polos seguintes xogadores:
- Esteirana SRCD: Simón.
- Muros SD: Mayuyo.
- Ponteceso SD: Luisete.
- San Lorenzo de Verdillo: Fuentefría.
- UC Cee: Parroto e Fernando
- Buño S.D: Ismael
- UD Corcubión: Alan
- SD Fisterra: Roa
- SD Sofán: Iván Rey.
- Cub del Mar de Caión: Rubén.
- SD Mazaricos: Matías Ramos.
- Camariñas CF: De la Sierra.
- SD Soneira: Brais Lado.
- Dumbría CF. Tati e Toni.
- SD Castriz: Alberto e Sebas.
- Xallas CF: David e Adrián Prol.
- Santa Comba CF: Doro e Chinda
Dentro da convocatoria, para posibles eventualidades en forma de baixas de última hora, estarán os xogadores:
- Pablo Pérez (SD. Castriz).
- Pablo Ameijeiras (Santa Comba C.F.)
- Mayor (Soneira).
Máis información
Novas relacionadas
- Previa do fútbol da Costa para esta ponte.
- Parte de sancións pensando na Tarifa Arbitral Unificada.
- O norte da Costa impúxose ao sur.
- Debut da Selección da Costa feminina nun ambiente de festa.
Crónicas da semana
- Xuvenil Norte: Catro equipos á caza dos dous de arriba.
- Xuvenil Sur: A este Cee sáelle todo.
- 3ª Autonómica: Salvando o temporal.
- 2ª Autonómica: O Camariñas colle o relevo.
- Preferente: Derbi con consecuencias en Vimianzo.
- 1ª Autonómica: Os equipos coruñeses fan dano.
- Resultados da primeira fin de semana de temporal.
Máis novas
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).