Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fase ascenso xuvenil: o Corme, a un partido da gloria

Fase ascenso xuvenil: o Corme, a un partido da gloria
CRÓNICA DE DAVID CASTRO O Corme rematou desfondado despois de dar ata a súa última gota de suar, pero o esforzo valeu a pena xa que os xogadores de Manuel Suárez acabaron vencendo a un correoso Once Caballeros que non se deu por vencido en ningún momento. Once Caballeros CF: Cristian, Pablo López (Martínez m.63), Diego Manuel, Pablo Naveira, Ander, Borja, Giao, Raúl (Adrián m.75), Mario (Sergio m.51), Dani (Iván m.51) Corme CF: Lucas, Ángel, Brais, Aitor, Eloy, Javi Bermúdez, Manu Tasende (Fran m.79), Mauro (Noel m.48), Manu Bermúdez, Garrido (Álex m.57) e Samu. Goles: 0-1 m.14: Manu Bermúdez; 0-2 m.21: Garrido; 1-2 m.40: Mario; 1-3 m.49: Samu; 2-3 m.54: Ander. Árbitro: Adrián Pérez Rellán (Colexio costeiro) auxiliado por David Cancela García e Juan Marcos Ríos Suárez. Tras uns primeiros minutos de tanteo, o Corme fíxose co control do encontro e ata o minuto 35, os da vila do Roncudo foron os amos e señores do partido. Os rapaces de Manuel Suárez dominaban claramente o xogo e no minuto 14, Manu Bermúdez poñía por diante aos seus á saída dun córner. Pouco despois, Mauro estivo a piques de facer o segundo pero o pau evitaríao e practicamente a continuación, Garrido materializaba unha boa combinación dos cormeláns para poñer o 0-2 no marcador.O dominio do Corme seguía sendo abrumador sobre un Once Caballeros, practicamente ausente sobre o terreo de xogo. Sobre a media hora de xogo, os costeiros reclamarían un posible penalti sobre Samu que o colexiado non sinalaría, na que sería a primeira xogada polémica do partido pero non a última. E no treito final desta primeira metade, o Once Caballeros espertaría e recurtaría distanzas no marcador por medio de Mario, o mesmo que un minuto despois, estivo a piques de facer as táboas pero o seu cabezazo sairía fóra por pouco. E no minuto 42, chegaría unha nova polémica despois de que o conxunto cambrés vise como lle anulaban un gol por un fóra de xogo posicional moi protestado, polo que se chegaría ao tempo de lecer co 1-2 favorable aos cormeláns. Nada máis voltar dos vestiarios, Samuel volvía a abrir oco no marcador a pase de Manu Bermúdez, nunha xogada na que os locais reclamarían un posible fóra de xogo. Pero non tardaría en meterse de novo no partido o Once Caballeros e faría despois de que Ander aproveitase un balón morto na área cormelana. Tan só un minuto despois do 2-3, chegaría un gol fantasma de Samu ao que o colexiado non daría validez a pesares das protestas dos costeiros, que o vían moi claro. Tras esta nova acción polémica, o partido decaería un pouco e era un constante quero e non podo de ambos equipos que apenas se achegarían á área rival. E neste treito final do encontro, a ocasión máis clara sería no minuto 70, momento no que un disparo de Sánchez marcharíase lamendo o pau tras tocar nun defensa cormelán, polo que o marcador non se movería e o Corme clasificaríase para a fase de ascenso de campións á Liga Galega, mentres que o Once Caballeros terá que xogar varias eliminatorias para poder lograr o obxectivo.

Comentarios