mércores. 04.12.2024
El tiempo

Fases Ascenso: Un Malpica de 1ª e un Cabana de 2ª

Fases Ascenso: Un Malpica de 1ª e un Cabana de 2ª
Foi unha fin de semana infarto para 3 equipos da Costa da Morte, que se xogaron todo a unha carta. O Malpica tiña que gañar en Brión para volver á 1ª Autonómica 9 anos despois, (pode que a fusión dos equipos xalleiros dea unha praza máis e esta liguiña non servise para nada), e non fallaron os de Baña. Fixeron o partido máis serio da tempada e rubricaron o ansiado ascenso, e acabaron bañándose na noite sabatina, na fonte de Malpica. De fonte tamén marcharon os de Cabana, que deron a volta á eliminatoria ante o Cerqueda e devolveron ao equipo á Liga da Costa 6 anos despois. As Redondas viviu toda unha festa. Iso si, o adestrador cabanés Pablo Mallón, anunciou que deixa o equipo, pois considera que con algo máis de compromiso dos xogadores, o clube tivera ascendido moito antes.

Cabana - Cerqueda (3-1)

  • CABANA: Añón, Pancho, Marcos, José, David, Tonecho, Sandro, Rubén Rama (Jacobo, min.90), Eloy García (Diego, min.80), Adrián Santamarina (Eliseo, min.75) e Josiño.
  • CERQUEDA: Fredy, Javi Pazos, Dani, Roberto, Santi, Athu (Álex, min.46), Manu, Dani Añón, Maikel, You (Juanjo, min.70) e Dieguito.
  • Goles: 1-0, min.15: Tonecho de falta; 2-0, min.45: José; 2-1, min.65: Manu; 3-1, min.80: Josiño.
O 2-1 da ida puña ao Cerqueda con algo de vantaxe pero o Cabana soubo controlar o xogo e darlle a volta ao resultado. Así e todo a sorte non estivo de cara para os malpicáns, que sabendo o ascenso dos seus veciños tiñan na man a chegada á Liga da Costa. Pero saíron nerviosos, e o control inicial foi para o cadro local. Tonecho puña en vantaxe e José facía o segundo ao fío do descanso, un gol que fixo moito dano nas filas visitantes. Pouco a pouco o Cerqueda ía volvendo meterse no partido, con Alex xa no campo, e foi Manu quen empataba a eliminatoria. Quedaban 25 minutos de infarto, e foi un detalle persoal cun chut raso de Josiño o que deu a vitoria e o ascenso aos cabaneses .

Brión - Malpica (0-2)

  • MALPICA: Suso; Charly, Víctor, (Marcos Amado, min.88), Iago, Marco, Andrés, (Manu Pardo, min.82), Neucha, (Martín Uruguaio, min.85), Rancaño, Pablo, (Juny, min.69), Tato, (Adra, min.91) e David Blanco.
  • Goles: 0-1, min.30: David Blanco tras un centro de Neucha; 0-2, min.45: Rancaño a pase de Pablo.
Partidazo dos de Baña, o máis serio e o de máis concentración da tempada. Así apenas permitiu un par de accións que solventou con solvencia Suso. Pola contra, o Malpica tivo numerosas ocasións, sobre todo na segunda, onde xa co partido encarrilado, o individualismo impediu unha maior goleada. Comezaba avisando Neucha a pase de David Banco, que tamén tiraba un bo tiro raso antes de adiantar aos seus tras un bo centro de Neucha á media hora. O gol clave chegou antes do descanso, tras unha boa combinación entre David Blanco, Tato e Pablo que culmina Rancaño. A segunda metade foi de contemporización, ante un Brión, combativo, pero inferior ao cadro de Baña.

Máis información

Crónicas da semana

Comentarios