Martes. 19.03.2024
El tiempo

Fases Xuvenís: 4 equipos no alto da táboa

Fases Xuvenís: 4 equipos no alto da táboa

Tremendamente igualada a Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, con 3 equipos con 9 puntos (Dumbría B, Baio e Cee) e un con 8 (Malpica). O Cee leva 3 vitorias seguidas trala derrota inicial en Malpica, e desta vota podía cun Dumbría B que chegaba imbatido ao San Pedro de Refoxos. O Baio mantén as súas opcións entre estas potencias, e o Malpica tropezaba en Vimianzo ante un Soneira que quere deixar a súa pegada. E non descarten ao Santa Comba, que está competindo ao primeiro nivel e se mantén con 4 puntos.

No Grupo 1 da Copa da Costa Xuveni, quedan rezagados Esteirana e Dumbría A, que precisamente se enfrontaban esta semana e na que os dumbrieses roubaban as esperanzas dos esteiráns de meterse entre os 4 primeiros.
No Grupo 2 da Copa, o Mazaricos, líder destacado, sufriu para superar a un Muros que parece claro que será o equipo que quede fóra dos cuartos.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4

Baio - Santa Comba (2-1)

  • BAIO: Maikel, Pardo (Pablo, min.80), Iago, José Manuel, Lucas, Fachal, Rafa, Iván, Bieito, Martín (Silvariño, min.85).
  • SANTA COMBA: Pablo, Josito (Landeira, min.65), Dani Martínez, Alberto, Cristian (Marcos Álvare, min.89), Miguel (Javito, min.55), Diego Maneiro, Styven, Jordi (César, min.50), Marquiños, Iván.
  • Goles: 1-0, min.20: Iván; 2-0, min.40: Bieito; 2-1, min.57: Styven de penalti.

Partido competido e entretido con incertidume ata o último minuto. O Baio foi superior na primeira metade e se puxo cun 2-0 por medio de Iván e Bieito, que será baixa a semana que vén. Comezaba a segunda metade e os de Nacho tiveron un par de boas ocasións para sentenciar, pero un penalti, bastante rigoroso para os baieses, metía ao Santa Comba no partido.
A partir de aí o Baio baixou e pasou moitos apuros, e os de Huelvis puideron empatar perfectamente. Pero enfronte estaba Guillermo, que estivo fantástico na meta baiesa, e solventou varias ocasións entre elas un tiro de Styven, e unha doble intervención a un tiro de Javito e remate a "bocajarro" que sacou de novo, para deixar os puntos en Baio e evitar que o Santa Comba se metera no grupo de cabeza.

Cee - Dumbría B (2-0)

  • Goles: 1-0, min.65: Pablo a pase de Uri; 2-0, min.75: José Ramón de cabeza nun córner.
  • Expulsións: O ceense Tonecho (min.50) e o dumbriés Yeray (min.52) por entrar no campo sen pedir permiso.

Chegaba o Dumbría B invito ao San Pedro de Refoxos e o Cee volveu ser o da Liga, e bateu enriba da mesa. O choque comezaba cos dous conxuntos ben plantados, con moito respecto e moita seriedade. Non había lugar a erros e iso tamén impedía que se vira un grande espectáculo, sobre todo no primeiro tempo.

Comezaba a segunda metade cunha doble e demasiado rigorosa expulsión. O ceense Tonecho facía unha entrada a Yeray e veía o segundo cartón. O dumbriés era atendido na banda e entraba no céspede sen pedir permiso, e o colexiado non dubidou en expulsado ante o asombro xeral. Toda unha segunda metade por diante, co enorme terreo de xogo de Cee e con 10 homes en cada bando.

Aí é cando José Carlos decide ir polo partido, e arrisca. Con premio ademais, pois pronto Pablo culmina unha boa xogada combinada para poñer o 1-0. En Dumbría B seguíao intentando pero non acababa de meterse de cheo no partido, e nun saque de esquina sacado por Sergio chegaría o segundo gol, nun remate de cabeza imparable de José Ramón.

Volcouse o Dumbría B no último cuarto de hora, pero xa non tiña suficiente para reaccionar.

Soneira - Malpica (1-1)

  • SONEIRA: Víctor, Rubén (Cachi, min.58), Curra, Fabian, Héctor, Capote (Efrein, min.92), Richi (Manu, min.61), Cristian Figueroa, Borja, Cristian Canosa e Pikachu.
  • MALPICA: Jesús, M. Uruguaio (Miguel Angel, min.83), Jorge, Pereira, Pepis, Joro (Isma, min.61), Juny, Eme (Quintas, min.76), M. Maradona (Almeida, min.65), Adra e Camilo.
  • Goles: 1-0, min.49: Richi; 1-1, min.71: Adra, de penalti.

Punto moi traballado o que conseguiu o Soneira ante o máximo aspirante a facerse co título da liguilla de ascenso. O Malpica non xogou ao seu nivel, perdoou boas ocasións de gol e ao final acabou empatando de penalti.

Na primeira metade o encontro estivo moi igualado, os visitantes tiñan máis a posesión do balón, pero debido as numerosas imprecisións non chegaban con perigo a porta defendida por Víctor. No minutos 34 o colexiado anulou un gol a Juni que remataba tras unha chilena do seu compañeiro Eme, o colexiado estivo xogo perigoso e anulou o gol, decisión protestada polos malpicáns, xa que non semellaba que estivera ningún xogador preto de Eme. Xusto antes do descanso o meta visitante Jesús tivo que empregarse a fondo para desfacer dous tiros seguidos de Borja e Capote.

Nada máis saír do descanso, un saque en longo de Víctor, bota diante dos defensas visitantes e Richi interponse entre os centrais e o porteiro para rematar e marcar o primeiro gol do partido. Os visitantes puxeron un pouco máis de empurre, mentres que os locais deron un paso a trás para defenderse. Juny puido acadar o empate, pero o seu lanzamento foise a rentes do pau. Aos 70 minutos, tras un córner e varios rexeites o balón bate nas mans de Cristian Canosa e o colexiado non dubida en sinalar o punto de 11 metros. Adra non desperdicia o lanzamento e pon o empate no marcador. A balón parado a envergadura dos visitantes carreáballe moitos problemas a defensa local e no minuto 77, Camilo saca un córner e o remate de Adra foise a cruceta. De aí ao final os visitantes buscaron o gol da vitoria, pero sen crear moitas ocasións de perigo.

Camariñas - Corcubión (1-2)

Xogado o pasado martes de entroido.

Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 4

Outes - Coristanco (1-2)

  • OUTES: Jona, Jurado, Rafa (Mosto, min.75), Pablo, Alex, Piti (Juan, min.75), Maduro (Pedrosa, min.66), Michi (Pesi, min.57), Elías, Babu, Abraham (Edu, min.46).
  • CORISTANCO: Nacho, Gonzalo, Corral, Varela, Martínez, Rubén, Damián, Dani, Fede, Magovi, Adrián. Tamén xogaron: Iván, Pichel, Manuel.
  • Goles: 1-0, min.40: Piti; 1-1, min.44: Gonzalo; 1-2, min.47: Magovi.

Partido moi igualado con bastantes ocasions e moi intenso, pero sen chegar a marrullerías. Empezou controlando o Outes e se puxo por diante faltando 5 minutos para o descanso, pero xusto antes de marchar aos vestiarios empataba o Coristanco cun gol desde fora da área de Gonzalo.

Na segunda metade, nada máis comezar, desfixo o empate Magovi, asinando o seu sexto gol na Copa. No segundo tempo o Outes de Manu Roque e Tomé buscou a igualada pero a liña defensiva dos de Lorenzo se mantivo firme para asegurar a vitoria.

Fisterra - Zas (3-3)

  • FISTERRA: Angel, Javi, Rubén, Juan (Miguel, min.73), Noé (Canica, min.73) Roberto, C. Hidalgo, Bruno, Gonzalo, Champi, Manuel (Suárez, min.80).
  • ZAS: Miki, Josito, Oliver, Ramón (Busto, min.75), Quintáns, Kevin, Adrián, Amado (Gonchi, min.90), Pastor, Isma, Víctor (Rony, min.58).
  • Goles: 1-0, min.27: Champi de falta; 2-0, min.37: Champi de cabeza; 2-1, min.50: Pastor; 3-1, min.60: Manuel; 3-2, min.70: Kevin; 3-3, min.88: Isma.

Partido bonito con alternativas, cunha parte para cada un que rematou cun xusto empate. Comezou o Fisterra dominando e chegando arriba, e se puxo con 2-0 antes do descanso.

Pero na segunda metade o Fisterra baixou fisicamente e o Zas, que non baixou unha marcha, comezou a dominar. Recurtou por medio de Pastor pero cando mellor estaba e cando parecía que o empate estaba máis preto, Manuel fixo o 3-1. Pero o Zas creu no empate e foi pola remontada do Zas que completou unha gran segunda metade acadando un xusto empate.

Esteirana - Dumbría A (1-2)

  • ESTEIRANA: Mati, Meco, Abel, Ruso, Codesido, Jacobo, Canario (Mitri, min.46), Paluca (Racha, min.46), Adrián, David, Eloy (Pedro, min.46).
  • DUMBRÍA A: Chupi, Marco, Samuel, Adrián Ozón, Dito, Jose, Martín, Blanco (Antón, min.68), Rafa (Javi, min.57), Israel e Alex Siaba (Ruben, min.83).
  • Goles: 0-1, min.15: Dito tras unha falta; 0-2, min.20: Martín de chut dende a frontal; 1-2, min.60: Meco de penalti tras un man na liña de gol.

Sorprendeu o Dumbría A en Esteiro e controlou boa parte do partido. Comezou mellor e en 20 minutos se puñan os de Pablo Conde cun 0-2 . Aí foi cando espetaron os de Diego Vilouta espertaban e pouco a pouco se foron metendo no partido. Protestaron os locais un que o gol de Meco chegou nun penalti que tiña que ter suposto a expulsión do xogador que parou o balón ca man na liña de gol, peroo colexiado non o entendeu así.

Ao final embotellou a Esteirana ao Dumbría e foron varias as ocasións para acadar o empate, sendo a máis clara a de Adrián, que enviou ao pao.

Ademais da derrota, a Esteirana perde a dous xogadores por faltas de disciplina como son Bruno e Pesi, que foron expulsados da disciplina do equipo.

Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 4

Muros - Mazaricos (1-3)

  • MUROS: Trozo, Santi de Pura, Javi Vístete, Malaca, Diego, Alberto, Marcos, Sergio, Adrián, Pacola, Iván. Tamén xogaron: Santi Berberecho, Damián, Moncho.
  • MAZARICOS: Rubén, Fran, Mipadre, Javier, Carballo, Oreiro, José Ángel (Carreira, min.70), Alberto (Alex, min.55), Ferreiro, Sandelo, Molinos (Mario, min.90).
  • Goles: 0-1, min.25: Sandelo de falta directa; 0-2, min.37: Molinos tras un córner; 1-2, min.55: Santi Berberecho tras un erro da defensa mazaricán; 1-3, min.94: Alex nunha contra co Muros volcado.

Partido completo en Miraflores, no que houbo de todo. O Mazaricos, superior en plantel a este noviño Muros, controlou a primeira metade e se peuxo con 0-2 antes do descanso.

Pero o Muros, a base de pundonor, aproveitou a relaxación do Mazaricos, meteuse no partido cun tanto de Santi Berberecho tras un erro da defensa local e mantivo a incertidume ata o final.

Aínda tivo tempo o partido para uns lixeiros incidentes no público e o propio colexiado indicou na acta que dous afeccionados visitantes agrediron a un xogador muradán tras unha pequena tangana no céspede.
Só no mn.94 Alex sentenciaba para os mazaricáns.

Cabana - Ponteceso (2-2)

  • CABANA: Sergio Fariña, Alberto Baliña (Cristian), Duda (Samuel), Román, Alex Mato, Pablo, Aless (Alex García), Dani Mato, Iván Mato, Moreno (Alex Rodríguez), Francés.
  • PONTECESO: Xurxo, Fabián (Dani Valle, min.60), Guille, Diego Collazo, Dani Cotelo, Alberto, Jorge, Lorenzo (Joseph, min.46), Puente, Cristian (Iago, min.65), Borja.
  • Goles: 0-1, min.5: Cristian tras un córner; 1-1, min.15: Moreno de falta dende o borde da área; 1-2, min.30: Iván Mato de penalti; 2-2, min.55: Puente.
  • Expulsión: o central cabanés Román.
  • Lesión: o pontecesán Lorenzo cunha sobrecarga e Diego Collazo cunha escodadura de nocello.

Dous estilos diferentes pero un partido moi igualado. O Ponteceso saíu a por todas, se cadra de mais, e o Cabana buscaba intentar sorprender á contra e a base dunha forte presión. E tras 10 minutos de dominio local o Cabana conseguía facer moito dano á contra facendo o sufrir aos pontecesáns ata o descanso, ao que se chegou xo xusto marcador de 2-1. As alternativas tácticas de Mato e Carracedo foron unha constante.

No segundo o Ponteceso colleu o balón e chegaba arriba, pero a contra tamén puido fusilar o Cabana. Puente asinou o empate que se puido romper por ambas bandas pero resulta xusto tralo acontencido.

Crónicas anteriores das Fases Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios