Fases Xuvenís: O Malpica desmárcase a base de eficacia
Continúa intensa a loita Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. Esta semana había dous choques directos entre os 4 equipos que, polo momento, máis opcións teñen de meterse nas dúas primeiras prazas. O que deu un salto foi o Malpica, tras vencer ao Dumbría B nun choque no que a eficacia dos malpicáns, e a sorte, foron claves.
Ademais Baio e Cee empataban no Platas Reinoso, deixando escapar ao Malpica, que queda a 4 dos baieses e a 5 de dumbrieses e ceenses.
Na Copa a intensidade segue baixando. Se no Gr.2 xa están practicamente decididas as 4 prazas que pasan a cuartos, no Gr.1 parece que a loita por entrar entre os 4 primeiros será, cando menos, igualada. Co Zas destacado e o Coristanco cunha pequena vantaxe, Fisterra, Outes, Dumbría e Esteirana loitarán ata o final por meterse nos cuartos. Ou non?
Como nota destacable, o gol de porta a porta que o meta cormelán Javi lle endosou ao Mazaricos. Un gol deses que só se ven na tele... pero que tamén temos no #futboldacosta
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7
Baio - Cee (1-1)
- BAIO: Álvaro, Micael, Pablo, David, Fachal, Rubio, Rafa, Cristian, Bieito, Jose Manuel (Manuel, min.66), Lucas (Santi, min.75).
- CEE: Iván, José Ramón, Martín, Aitor, Tonecho (Cibrán, min.86), Iago (Tebo, min.66), Carlos, Lamela (Uri, min.77), Pablo, Sergiño (Jesús, min.80), Ruben (Chiru, min.72).
- Goles: 1-0, min.23: Cristian; 1-1, min.44: Carlos.
Partido intenso e competitivo, pero limpo, bastante igualado, e ben bonito. A primeira parte foi de cor local, ante un Cee máis agazapado que só podía sacar balóns longos. O Baio avisaba pero Iván estivo moi ben na meta visitante. Cristian adiantaba aos locais pero xa co tempo cumplido do primeiro tempo, Carlos puña unha igualada algo inxusta visto no campo.
Na segunda, o Cee sacou a artillería e cos cambios mellorou. Así os segundos 45 minutos foron máis igualado, con menos ocasións que na primeira, pero aínda o Baio vía como lle anulaban un gol a Rubio, e o Cee vía malograda unha gran tiro nos intres finais.
Soneira - Camariñas (2-4)
- SONEIRA: Víctor, Suso, Curra, Héctor, Fabián, Cristian Canosa, Aarón, Kevin (Pichón, min.70), Cristian Figueroa, Capote (Toja, min.55) e Cachi (Samuel Cadete, min.65).
- CAMARIÑAS: Álvaro; Mariño (Carlos, min.75), Diango, Manuel, Maik (Javi,min.46); Gatusso, Martín, Saviola (Juan, min.82), Santi (José Carlos, min.46); Yuyo e Nené.
- Goles: 1-0, min.25: Capote; 1-1, min.50: Nené; 1-2, min.55: Yuyo; 2-2, min.70: Toja; 2-3, min.80: Carlos; 2-4, min.92: José Carlos.
- Expulsión: O xogador local Capote unha vez rematado o encontro camiño do vestiario.
Santa Comba - Corcubión (5-1)
- SANTA COMBA: Pablo, Josito (Cesar, min.65), Dani Martínez, Alberto, Miguel (Jordi, min.60), Diego (Marcos Álvarez, min.75), Cristian, Styven, Javito, Marquiños, Iván (Luis, min.70).
- CORCUBIÓN: Abe, Toni, Pablo, Adrián, Iván, Lagoa, David, Piri, Lema, Manu, Adri tamén xogaron Sergio, Gabi, Iago e Mario.
- Goles: 1-0, min.15: Styven dende o borde; 1-1, min.16: Adri a pase de Lema; 2-1, min.55: Marquiños nunha xogada de picardía con Javito tras un saque de banda; 3-1, min.65: Styven a pase de Marcos; 4-1, min.70: Iván de cabeza tras un saque longo de Pablo; 5-1, min.73: Iván nunha xogada con Marquiños.
Partido competido e marcado pola polémica, pois o Corcubión protestou a actitude arbitral e mesmo apuntounos que o colexiado chegaba sen estar en condicións.
Comezou o choque cun tempo variado, por momentos quentaba o sol e por outros viña unha choiva fría, pero o vento era clave. Adiantábase o Santa Comba na primeira ocasión de perigo aos 20 minutos cun tiro raso de Styven que se colou pegadiño ao pao. Tan só un minuto despois, Adri que, tras pase de Lema, recorta ao porteiro para marcar a portería vacía, un xogador que nos últimos encontros está a marcar os goles do seu equipo e que mesmo foi chamado polo mister do equipo de 2ª Rexional no importante encontro contra o Mazaricos. Poucas ocasións se viron de perigo no resto da primeira metade, que se atinaba moi igualada cun Corcubión intentándoo e un Santa Comba ben agazapado agardando ao segundo tempo, no que a velocidade de Marquiños co vento a favor podería desestabilizar a contenda.
Pero o protagonista non foi ningún xogador. Tralo descanso chega a polémica, e aos 10 minutos, o corcubionés Lagoa vai sacar unha falta e un contrario colócase diante do balón para impedir o saque; Lagoa tira o balón contra o seu adversario para provocar o cartón amarelo pero misteriosamente o árbitro deixa seguir a xogada que supón unha contra e o 2-1 no marcador. Ante as protestas dos xogadores, o colexiado amosou varios cartóns amarelos mesmo ao adestrador que lle pedía explicacións e so levaba un "está a distancia correcta" cando se atopaba a escasos 20 centímetros.
A partir de aí descentrouse o cadro visitante, e varios erros na defensa, o Santa Comba remontou o partido marcando 3 goles máis.O delegado do Corcubión non asinou a acta, ao entender unha actitude irregular do colexiado. Ademais desa xogada polémica protestaron unha posible expulsión dun xogador local, pero que o colexiado decidiu amosar o cartón amarelo a un que non tiña tarxeta. Iso si, apuntan que "cada vez que os equipos ven como colexiados amargan as tardes a rapaces que se dedican a xogar o fútbol por diversión, é unha mágoa que non poidamos facer outra cousa que calar e seguir xogando xa que ningún ente nos fai caso".
Dumbría B – Malpica (2-3)
- DUMBRÍA B: Brais; Rober (Fabián, min.86), Isma (Kevin, min.33), Denís, Andi, Jano, Yeray, Toja, Alcaina (Jóse, min.65), Rodrigo e Mario (Abel, min.61).
- MALPICA: Jesús; Martín Uruguaio, Jorge, Pereira, Luísma (Quintas, min.41), Joro, Martín Maradona, Eme, Victor Novo (Diego, min.69), Adra (Roque, min.92), Camilo (Miguel Ángel, min.75).
- Goles: 1-0, min.9: Jano remata de cabeza un saque de curruncho botado Yeray; 1-1, min.13: Adra de penalti; 2-1, min.49: Yeray, desmarcado na banda dereita, vaise só e bate a Jesús no man a man tras un bo pase de Rodrigo; 2-2, min.59: Víctor Novo, bate a Brais de espléndido cabezazo en prancha, nun saque de curruncho de M. Maradona; 2-3, min.90: M. Uruguaio de cabeza a un novo saque de curruncho de M. Maradona.
Partido moi intenso o xogado no Conco con dous equipos que probablemente sexan os favoritos para estar na seguinte fase. O Malpica, que fixo un partido moi serio contou con factor sorte, ademais de acerto, pois foi o choque no que menos ocasións xerou pero a eficacia na definición foi total. Tres xogadas a balón parado bastaron para deixar claro que se ben non é mellor equipo, si é letal.
O Dumbría B, aínda que levou máis o peso do partido e tivo as oportunidades máis claras, non estivo acertado na definición, e non puido superar á seria defensa malpicá.
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 7
Outes - Zas (4-3)
- OUTES: Jona, Rafa, Jurado, Pablo, Alex, Piti, Maduro, Abraham (Mosto, min.76), Edu, Babu (Juan, min.55) e Elías (Pesi, min.80).
- ZAS: Tívoli, Amado, Ramón (Gonchi), Rony, Ismael, Adrián, Kevin, Víctor, Pastor.
- Goles: 0-1, min.11: Pastor; 1-1, min.19: Edu; 2-1, min.24: Elías; 2-2, min.26: Víctor; 3-2, min.41: Edu; 3-3, min.52: Víctor; 4-3, min.57: Piti.
Partido moi igualado e con moitas opcións de gol que gustou aos numerosos asistentes ao partido. I é que foi un partido de arriba abaixo con erros defensivos, sobre todo dos zaenses, e no que se cadra o empate tería sido máis xusto.
As alternancias no marcador e nas ocasións foron constantes, e finalmente o Outes, a puntos, levou o combate.
Esteirana - Fisterra (3-0)
- ESTEIRANA: Adán, Abel, Chus, Ruso, Meco, Codesido, Jacobo (Fighete, min.75), David, Bruno, Adrián (Eloy, min.60), Mitri (Tivo, min.65).
- FISTERRA: Ángel, Miguel, Juan, Rubén, Roberto, Champi, José Manuel, Cristian, Jose (Iski, min.80), Pirri, Manuel.
- Goles: 1-0, min.20: Mitri; 2-0, min.60: David enganchou a media altura tras un córner; 3-0, min.85: Bruno tras un pase de Foghete.
Con 12 xustos con 3 cadetes, e sen adestradores chegaban os fisterráns porque coincidiron todos os equipos. E a Esteirana de Diego foi superior e mereceu a vitoria con claridade. Só compre destacar a a actuación de Ángel na meta fisterrá, que salvou dunha goleada maior.
Dumbría A - Coristanco (1-0)
- DUMBRÍA A: Chupi, Dito, Samuel, Adrián Ozón (Marco, min.65), Jose, Pereira, Martín, Josiño, Rafa (Javi, min.70), Israel e Alex Siaba.
- CORISTANCO: Nacho, Xenxo (Adrián Suárez, min.60), Martínez, Pichel, Corral (Martín Rego, min.75), Gonzalo, Dani, Damián, Cristian (Manuel, min.46), Rubén (Diego Mosquera, min.80), Magovi.
- Gol: 1-0, min.92: Alex Siaba á viravolta.
Partido competido e moi igualado no que debutaba no banco coristanqués Julio, que ademais de adestrar aos infantís, volve coller o cadro de xuvenís, como hai un par de anos. Primeiro tempo malo dos visitantes, cun Dumbría A que podería acabar a primeira metade con algún gol de vantaxe, pero o meta visitante Nacho estivo sensacional.
Na segunda mellorou o cadro visitante, que tiveron varias ocasións pero Magovi tivo dúas opcións e mesmo un balón ao pao. Pero cando o partido marchaba cara o empate, Alex Siaba anotaba un fermoso tanto que pon aos de Pablo Conde de novo con opcións de meterse nos cuartos.
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 7
Mazaricos - Corme (3-2)
- MAZARICOS: Rubén (Iván), Sandelo, Oreiro, Mipadre, Fran, Alberto (José), Ferreiro, Cristian, José Ángel, Molinos, Carreira (Alex).
- CORME: Javi, Alejiño (Alejandro, min.85), Sexio, Alberto, Koeman, Jorge, Antonio (Dani Chans, min.75), Dani (Braulio, min.65), Brais, Iván, Eloy Castro (Isma, min.46).
- Goles: 1-0, min.15: Carreira; 1-1, min.40: Jorge tras un pase atrás de Dani; 2-1, min.65: Cristian; 2-2, min.70: Javi, o porteiro cormelán, de porta a porta aproveitando o campo mollado tras unha boa granizada; 3-2, min.80: en propia meta.
Partido o que o Mazaricos, malia non facer un gran partido, foi xusto merecedor da vitoria. E iso que saíron durmidos, pero pouco a pouco foron collendo o mando o choque. Iso si, a cada golpe, o Corme respostaba e igualaba a contenda.
O Corme contou ademais cun Javi espectacular na porta, que tivo tempo ata para marcar un gol de campo a campo en fronte, na meta cormela Javi prantou cara e mesmo
Muros - Cabana (0-3)
- CABANA: Sergio, Duda, Alex Mato, Dani Rider, Naka, Moreno, Stefan, Aless, Valinha e Miki. Tamén xogaron: Cristian, Pazos e Francés.
- Goles: 1-0: Miki; 2-0: Moreno; 3-0: Aless.
Partido cómodo do Cabana ante un Muros que o intentou pero que nada puido facer ante a maquinaria azul e negra do Cabana, que cando conta con todo o plantel, é moi perigoso e se prantexa como un dos serios candidatos á Copa.
Ponteceso -- Descansou
Nova relacionadas
- David Castro entrevista ao árbitro Adrián Varela.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Máis información
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: Doble loita aberta.
- Preferente: Suma o que máis o precisa.
- 1ª Autonómica: O Cee despídese.
- Resultados da fin de semana no #futboldacosta.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido co porteiro fisterrán Joselu.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora Pablo Conde, Jorge Domínguez, Blog Luís Porto, Unión Club Cee e De La Sierra.