Fin de semana de torneos en Lariño, Cee e Corcubión

Non parao #futboldacosta. E conta diso dá Jorge Parri, que non tivo un segundo entre Cee, Corcubión e Lariño. Triple cita co Torneo de Fútbol Praia de Lariño, co Mundialiño de Cee e mais co Torneo de Fútbol 7 Base de Corcubión.

Imos por partes, comezando polo Mundialiño de Cee, deixándovos coas completas galerías de Parri.

Mundialiño sénior da comarca fisterrá

Novedosa a iniciativa dende Corcubión, Fisterra e Cee de artellar un Mundialiño sénior entre os 3 equipos da zona. Numerosos míticos do fútbol costeiro aliñáronse ás ordes do Alfonso, Juan Jesús e Mario, para deixar á Selección de Fisterra como a primeira campiona.

O torneo, celebrado en Cee, comezaba co empate entre Corcubión e Cee a 2, quedando por diante o Corcubión a penaltis. O Fisterra vencía no segundo choque ao cadro ceense por 4-6, e na finalísima, doblegaba, de novo na quenda de penaltis aos corcubioneses. Foi unha festa do fútbol, que ademais premiou ao fisterrán Miguelón como mellor xogador.

O ano que vén esperan repetir cita, como apunta un dos organizadores e colaborador desta casa, Ángel Moar, rotando a sede.


Trofeo de Fútbol 7 Base de Corcubión

Bo ambiente no Cubaleiro para ver o torneo organizado polos Veteranos da vila de San Marcos. 8 equipos dábanse cita para medir as forzas dos cadetes. Tras unha mañá de choques entre os grupos, a finalísima a disputaban o Dumbría B e a Esteirana, sendo o cadro dumbriés o vencedor por 2-1. Terceiro foi finalmente o Zas.

Torneo de Fútbol Praia de Lariño

Probablemente un dos campionatos que máis espectación crean no verán é este de fútbol praia de Lariño. Unha ducia de equipos e sempre moito público no areal carnotán para ver grndes personalidades do fútbol costeiro.

Os campións foron finalmente os muradáns do Pachanga, que venceron aos ceenses do Lennon Bar-Imprenta Costa da Morte na final. O míster, aínda en forma, Felipe Candamo recolleu o trofeo de campión e o zasense Rubio o do máximo goleador con 10 tantos.

Novas relacionadas

Torneos e fichaxes

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).