De Torneos por Corcubión, Malpica e Cee e máis fichaxes

Despois de facer un bo Repaso á reunión máis importante da tempada no #futboldacosta con só o 25% dos clubes representados, ollamos os Torneos, dende os Veteranos ata os máis pequenos, que se nos veñen enriba e dos movementos que temos nestes días no mercado de fichaxes costeiro.
Antes, lembramos que esta fin de semana dispútase a II Gala do fútbol da Costa en Outes, e hai Torneo en Zas e mais en Tordoia,e para as seguintes teremos en Lariño e mais en Muros.
Torneos
Partido Solidario en Malpica

Pedra Queimada acollerá este sábado 6 de xullo ás 18:00h un partido amigable e solidario co pobo saharaui entre o Malpica e os Veteranos do Deportivo, no que participan xogadores ilustres como Fran, Manjarín, Songoo, Andrade, José Ramón, etc.
Será toda unha festa, con gran churrascada, hischabes e disco móbil, para recadar fondos para o os nenos do Sahara. O precio da entrada será de 3€.
IV Torneo Novo Cubaleiro
A “Asociación de futbol Veteranos Corcubión” organiza un ano máis o Torneo “Novo Cubaleiro”, de futbol 7 en categoría cadetes na sua cuarta edición. Como nas edicións anteriores a pretensión é a de celebrar unha festa para os nosos chavales, deleitarnos das suas virtudes futbolísticas e pasar unha xornada o máis agradable posible.
A cita será o sábado 13 de xullo dende as 9:30h e este é o cadro coa novidade de que o Dumbría B, que parece que pode coller forma, substitúe ao Ponteceso:

I Campamento de Fútbol de Corcubión

As Escolas de Fútbol Base de Corcubión artellan un campamento de fútbol para buscar xente para as categorías inferiores do clube da vila. Do 8 ao 31 de xullo, en horario de 11:00h a 13:00h os pequenos poderán estar disfrutando do que máis lles gusta no Cubaleiro. Poden apuntar aos seus pequenos, andos entre o 2002 e o 2008 no 633 03 21 43.
XXXTrofeo Manolo Martín

30 anos cumple o Trofeo Manolo Martín de Cee, que este ano enfrontará no San Paio de Refoxos de Cee á Selección da Costa co Real Madird C, o vindeiro sábado 10 de agosto ás 18:00h.
Máis movementos

E seguimos co ruxe ruxe futboleiro, con novas fichaxes e movementos. Comezando pola confirmación de Mato como adestrador do Ponteceso, que terá no equipo técnico ao noso colaborador Alberto Pose, ademais de David Velo e Manolo Recarey.
E falamos das fichaxes do Baio que confirma a volta dos Canay e Bieito procedentes do Ponteceso, tras pasar un ano á fronte do seu ex míster nos xuvenís baieses co cadro pontecesán. O clube baiés tamén confirma as renovacións do porteiro Anxo e do centrocampista Norberto, ademais da de Fachal, que tras acabar a súa etapa xuvenil se converte agora en integrante do primeiro equipo.
Ademais, este venres ás 20:00h o Dumbría vai facela presentación oficial das súas fichaxes, das que falabamos estes días como o fisterrán Cote, o ceense Rivi ou o carballés Julián Couto.
Novas relacionadas
- Repaso á reunión máis importante da tempada no #futboldacosta con só o 25% dos clubes representados
- Movementos nos clubes da Costa: 14 equipos na 3ª?.
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
- Os campións da MiniCopa da Costa.
- O Xallas de Santa Comba, campión da 50 edición da Copa da Costa.
- Carnota e Muros viviron grandes e emotivos torneos.
Torneos
Artigos relacionados
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).