Fran Hermida, a eterna voz do Fútbol da Costa, volverá dirixir a Gala do Fútbol da Costa - QPC
Para o equipo organizador da Gala do Fútbol da Costa - QPC, hai algo que vai antes que nada: Fran Hermida. Antes de falarmos sobre o lugar, sobre a data, sobre os patrocinadores, sobre os premios… hai que confirmar que Fran Hermida está disposto a seguir colaborando con esta casa para darlle para adiante á cita.
Fran Hermida é a eterna voz do Fútbol da Costa despois dos seus anos revolucionando o panorama mediático futbolístico na bisbarra na Radio Nordés-Cadena Ser. E non quedou aí a súa carreira xornalística, pois corcubionés é agora a voz do deportivismo en Radio Coruña-Cadena Ser, demostrando a canteira que ten a nosa bisbarra. E o que lle queda por percorrer. Que trema Dani Garrido!
Polo de pronto temos a sorte de contar con el, un ano máis, e xa van 4 de 4, para guiarnos pola longa listaxe de premios que imos entregar o vindeiro 16 de xuño en Muxía.
Un pracer contar con esa profesionalidade, ese cariño, e ese coñecemento do que é e do que implica o Fútbol da Costa. Ninguén que mellor que Fran Hermida para entregar estes premios!
Novas relacionadas
- 2017: A Gala do Fútbol da Costa – QPC xa ten cartel.
- 2017: A lista de Candidatos á IV Gala do Fútbol da Costa – QPC:
- 2017: Muxía acollerá a IV Gala do Fútbol da Costa – QPC co apoio da FGF.
As Galas do Fútbol da Costa
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- Decembro 2014: A Noite máis Solidaria do Fútbol da Costa entre o Combinado e o Coruxo.
- Xullo 2014: O 11 ideal do Fútbol da Costa estreou camisola vencendo ao Depor B.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])