Venres. 29.03.2024
El tiempo

FSF: 24 horas sen marcar

FSF: 24 horas sen marcar
Maria co Fisober no Conco Maria co Fisober no Conco

Segunda xornada e segunda derrota por idéntico resultado para o Fisober na antiga Liga Autonómica. As de Fran Toba estreábanse na categoría na casa, e xa podían ter estado 24 horas seguidas xogando que non acadarían cambiar o 0 do taboleiro de goles. Mereceron moito máis premio as costeiras, pero

O Fisober tivo un deses días no que aínda que xogara 24 horas seguidas non acadaría marcar, nun partido no que mereceu máis pero quedou sen premio.

Mentres, Amarelle Santa Comba, Atletes de Esteiro e Fisober B esperan ao comezo da 1ª Galicia da vindeira fin de semana.

Preferente Galicia, xornada 1

  • RESULTADO: FISOBER F.S.F. – VIAXES AMARELLE B (0-2)
  • FISOBER: Lía, Paula Fandiño, Nuriña, María Dumbría, Kenny ; tamén xogaron : Ana, Mai, Adriana, Laura.
  • GOLES: 0-1, m.26 María; 0-2, m.36: Mónica.
Adri co Fisober Adri co Fisober Kenny co Fisober no Conco Kenny co Fisober no Conco

O filial do Viaxes Amarelle chegaba con nova adestradora, María Bardanca e moi xusto de efectivos polo que prantexou un partido repregado atrás e buscando a contra. A súa mellor ocasión foi un lanzamento ao longueiro. O conxunto costeiro tentouno pero non acadou nada, as súas mellores ocasións foron unha de María Dumbría ca porteira descolocada pero non foi quen de anotar. Tamén foi unha boa ocasión un dous para un de Kenny e Ana que esta última enviaba por encima da portería visitante.

Sen goles chegábase ao descanso, e na segunda continuaba o mesmo guión, roto polo gol, de falta, das herculinas.

A raíz do gol o conxunto costeiro seguío intentando a igualada pero co resultado en contra comezou a precipitarse e colgando demasiados balón sen acadar nada de proveito. Unha contra visitante que rematou con gol de Mónica cando se entraba nos últimos catro minutos complicaba e moito o partido as costeiras.

Meteo Fran xogo de cinco nos últimos minutos pero as costeiras deixaron máis perdas que puideron significar o terceiro, se ben Kenny e Nuriña tiveron boas opciós para recurtar.

 

Toda a actualidade do FSF

https://quepasanacosta.gal/fsf-o-fisober-comeza-tirando-de-canteira/ https://quepasanacosta.gal/fsf-desaparecen-os-equipos-do-villa-de-cee-e-do-ponteceso-fsf/

Comentarios