FSF: Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión
10:14 04/10/16
O Fisober celebrando un gol de Paula na súa estrea no Conco
6 equipos temos este ano en competición nas Ligas de Fútbol Sala Feminino, o que demostra que a Costa da Morte xa é un referente nesta disciplina. O Fisober Dumbría volveu á 2ª Nacional; o Vila de Cee FSF estreou a Liga Galega despois do seu ascenso do ano pasado, igual que os seus compañeiros na Liga Galega Masculina. E na Liga Provincial quedan o Ponteceso FSF (que renunciou ao ascenso), o Atletes de Esteiro e o Vila de Cee B, este pendente aínda de estrearse.
Os outros 5 equipos comezaron as súas andainas oficiais, con malos resultados, iso si, pero moita ilusión. Só sumou o Ponteceso FSF, no seu 6º ano na Liga Provincial, sumando un punto que non sabe nada mal en Betanzos. O resto contaron derrotas.
2ª Nacional, Gr.1, xornada 2
Bárbara co Fisober en Dumbría- Resultado: Fisober FSF - Bilbo F.S. (1-3).
- FISOBER: Lía, Ana, Mai, Paula Fandiño, Noe; tamén xogaron: Bárbara, Inés, Tamara, Myre, Leti.
- Goles: 1-0 Paula Fandiño min.3; 1-1 Elena min.9, 1-2 Jessi min. 15, 1-3 Jessi min.20. Todos os goles na primeira metade.
Liga Galega Feminina, xornada 1
- Resultado: FSF Villa de Cee "O Semáforo" - Club Bembibre FSF (5-7)
- FSF Villa de Cee: Carla; Adriana, Alba, Goreti e Tati. Participando tamén: Paula, María Lijó, Lucia, Marta e Vanesa.
Liga Galega Norte Masculina, xornada 3
- Resultado: Vila de Cee - Troula Betanzos (4-5)
- Vila de Cee: Pose, Hidalgo, Jose Antonio, Juanjo e Miguelon. Participando tamén: Mario, Rober, Gabi, Aitor, Pablo e Santi.
Liga Provincial Feminina, xornada 1
- Resultado: Troula Betanzos - Ponteceso FSF (3-3)
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, María, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Verónica, Nuria e Noa.
- Goles: Silvia, Carla e Mayra para as locais. María (2) e Noa para as visitantes.
Liga Provincial Feminina, xornada 1
- Resultado: Cruces - Atletes (10-1)
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Manola (PS); Julia; Marta (1); Alba; Antía; Ana; Sara.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1.
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina.
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Femimina
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
Novas relacionadas
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).