Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: As Centolas do Semáforo collen o bo ritmo

FSF: As Centolas do Semáforo collen o bo ritmo
As Centolas do Semaforo As Centolas do Semáforo suman 3 partidos sen perder

Ata Guadalaxara viaxou a espedición do Fisober, e a pesar do mal comezo de encontro conseguíu traer un puntiño e a piques estiveron de ser dous, de non ser por unha discutida decisión arbitral que anulou un tanto costeiro faltan 8 segundos para o remate.

A nova da semana protagonizárona as Centoliñas do Semáforo, que volveron dar mostra da súa melloría no xogo, dando ademais bos resultados, e acadando o terceiro partido sen perder, e sumando 7 puntos nestas tres últimas xornadas. Así, aínda que fican na penúltima praza da 1ª Autonómica, xa alcanzaron ao grupo co que loitarán por evitar o descenso, pois o Castro e o Viaxes Amarelle B están igualados cas costeiras a 8 puntos, e o Poio ten só 9.

Pola súa parte, os Centolos do Villa de Cee volveron acusar a falta de sorte nos minutos decisivos, e tras un partido de poder a poder, pequenos detalles decantaron o choque para o Coruxo.

Na 1ª Galicia, antiga provincial, descansaba o Concello de Ponteceso, caía con rotundidade o filial do Fisober, pero as boas novas chegaban de Santa Comba e de Esteiro, coas rotundas vitorias do Amarelle e do Atletes. Ambas vitorias importantes, a das xalleiras ante un rival directo na zona alta sobre o que reducen a distancia; e a das esteirás para marcar diferencias coas de abaixo.

 

2ª División Estatal, xornada 11

  • Resultado: C.D. CIUDAD DE GUADALAJARA – FISOBER F.S.F. (2-2).
  • FISOBER: Lía, Noe, Ana, Paula Fandiño, Mai; tamén xogaron: Ainho, Nuriña, Andrea M., Taibo, Carla.
  • Goles: 1-0 min. 5 Elvira, 2-0 min. 11 Virginia, 2-1 min. 16 Ana, (descanso), 2-2 min. 28 Carla.
Gol de Carla para o Fisober en Guadalaxara Gol de Carla para o Fisober en Guadalaxara

Choque importante o vivio enGuadalaxara cos dous equipos necesitados de puntos. A longa viaxe parecía facer mella nas costeiras, que saían aletargadas, deixando a iniciativa e a vantaxe no marcador ás locais. Tardaron 10 minutos en achegarse á meta local, pero Mai non estaba acertada. O marcador xa sinalaba 2-0.

Cando peor parecía que se poñían as cousas as costeiras tiraron de orgullo para ir mellorando. Nos últimos minutos da primeira metade notouse a melloría visitante. A catro para o fin Ana reducía distancias cun lanzamento dende a frontal. Noe e Paula avisaban de que o Fisober iría polo partido na segunda.

Lía comezaba moi segura unha segunda metade con ocasións rápidas nas dúas áreas. Pero era Carla a única con acerto para empatar o choque. O gol deulle tranquilidade as visitantes e nervios as locais. As costeiras colocáronse para intentar aproveitar as contras pero non foron quen de aproveitar boísimas ocasións, pagando de novo a súa falta de pegada nos últimso metros. Pero a xogada chave puido ser cando a falta de oito segundos os colexiados sinalaron falta nun roubo que rematou con gol de Ainho, unha xogada moi discutida polas costeiras.

Con 6 puntos, as dumbriesas teñen a tiro ao Mora (8) e ao Tres Cantos (7).

 

1ª División Autonómica, xornada 11

  • Resultado: FSF VILLA DE CEE O SEMAFORO - E.D.M. SALCEDA (5-3)
  • Goles: 1-0, m.15: Alba Cambeiro; 1-1, m.16; 1-2, m.17; 2-2, m.21: Goretti; 3-2, m.25: Andrea; 4-2, m.30: Alba Cambeiro; 5-2, m.35: Andrea; 5-3, m.38.

Moi ben saíron as Centolas a pista nesta xornada, tocándolles xogar contra un dos equipos do alto da táboa de clasificación. Na primeira parte dominaron o encontro de principio a fin, creando máis de 15 ocasións de gol, pero a mala fortuna unhas veces, a defensa do Salceda, outras a porteira e os paus parecía case imposible que entrara a pelota. Pero no minuto 15 Alba Cambeiro, tras unha boa xogada consegue marcar o primeiro, facendo xustiza o xogo ofrecido polas ceesas, a alegría durou pouco, pois de forma case inmediata empatan as de Salceda e o minuto seguinte marcan de novo poñendo o marcador nun 1-2, resultado co que se iría o descanso.

Parecía incrible que con bo xogo das Centoliñas se fora perdendo o partido, pero nada máis empezar o 2º tempo foron a por todas, e no primeiro minuto da 2ª parte Goreti marca un golazo ca sua espectacular zurda, o 2-2, e pouco despois Andrea, tamén ca zurda outro gol espectacular, 3-2, empezábase a facer xustiza no marcador co mostrado na pista. As Centolas estaban facendo un moi bo partido, e non estaban dispostas a que se lle escapara, conseguindo abrir brecha no marcador con goles de Alba Cambeiro e Andrea 5-2. Xa nos últimos 5 minutos o Salceda intentouno e conseguiron recortar distancias 5-3, resultado que sería definitivo ata o final do partido.

As estrelas son: 3* Andrea, partidazo da Fisterrana con 2 goles; 2* Goreti, 1 gol , e dous paus, xunto ca Fisterrana as zurdas de ouro deste equipo; 1* Alba Cambeiro, impresionante o que aporta coma cerre o equipo, e por riba 2 goles.

 

3ª División Galega, xornada 12

  • Resultado: TALLERES ABC I.E.S. CORUXO FS. - FSF VILLA DE CEE CLINICA A XUNQUEIRA (4-3)
  • Goles: 0-1: Juano; 0-2: Ángel; 1-2; 2-2 (descanso); 2-3: Juanjo; 3-3: en propia; 4-3, m.37.

Partido de poder a poder onde calquera resultado podería ser xusto, e que en ningún momento tivo un gañador claro. Os costeiros adiantáronse no marcador, pero o cadro local empataría cun gol sobre o pitido final do primeiro tempo. Volvería meterse por diante o equipo ceés, pero un tanto en propia meta a falta de 5 minutos, e outro a falta de 3, decantaría o choque para os locais.
Quedan os costeiros con 7 puntos tras esta terceira derrota consecutiva e xa 5 partidos sen gañar.

 

1ª Galicia, xornada 8

  • Resultado: Troula Betanzos FSF - Amarelle Concello Santa Comba (3-7)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Tania, Ge, Tati, Nuria (cinco inicial), Paula, Violeta, Vanesa, Leticia, Navia, Lucía, Carla.
  • Goles: 0-1 Nuria (min. 1); 0-2 Tati (min. 9); 0-3 Nuria (min. 19); 0-4 Nuria (min. 24); 0-5 Navia (min. 24); 1-5 Oli (min. 25); 1-6 Nuria (min. 27); 2-6 Oli (min. 31); 2-7 Navia (min. 36); 3-7 Noelia Regueiro (min. 39).

O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, sorprendía ao 2º clasificado, o Troula Betanzos FSF, cun gran partido que dominou de principio a fin para facerse cos tres puntos en xogo e recortar distancias co conxunto de Betanzos, aínda que as xalleiras teñen dous partidos menos disputados que as segundas.

Na primeira parte, as xalleiras empezaban forte na cancha querendo mandar e xerar perigo e así cando apenas pasaran dous minutos de xogo Nuria adiantaba ao Amarelle Concello de Santa Comba. As locais intentaban igualar a contenda, pero as xalleiras ampliaban distancias na medianía do periodo cun gol de Tati.

Nuría completaba o seu triplete na segunda sendo un monólogo visitante, e as locais só reaccionaban con 0-5, pero unha tímida reacción que non facía perigar a vitoria xalleira.

 

1ª Galicia, xornada 8

  • Resultado: Atletes - Instalaciones Pontedeume (12-3)
  • Atletes: Julia (P [1 pp] ); Cris (1); Leti (1); Marta; Martina (4); Antía (4); Sara (2); Mariña (PS).

Rotunda vitoria do Atletes ante unha rival da zona baixa, que demostra que as esteirás teñen que estar un punto máis arriba na clasificación. As esteiranas quedan na 8ª praza con 6 puntos empatadas co Ulla, co Fisober, Pontedeume e Cruces aínda por debaixo.

O partido comenza co Atletes presionando moi arriba as de Pontedeume. Esto fai que as visitantes lles coste chegar a porta das esteiranas. Froito do dominio das locais, Antía marca o primeiro gol do partido. O Atletes sigue ca súa presión, e aos 4 minutos, marca Leti o segundo gol para as locais. O Pontedeume loita por chegar a portería das esteiranas, pero faino con tibios ataques. Chega o minuto nove e medio, e Sara pon o tres a cero no marcador. O Pontedeume sigue sin reacionar, e os 11 minutos, o saque dun corner, Cris marca o cuarto gol do Atletes, expléndido gol da cerre das esteiranas. A partires de aquí, as de Pontedeume intentan sacudirse o dominio das locais, e no minuto 13, a súa mellor xogadora, Mónica, marca dun forte tiro o primeiro gol das visitantes. No minuto 16 desta primeira metade, nunha xogada desgraciada, Julia marca en propia meta o segundo tanto para as de Pontedeume. Pero na seguinte xogada, Martina pon o 5 a 2 no marcador, co cal se van o descanso. Na segunda metade, as visitantes fanse fortes e o Atletes ten un pequeño baixón de xogo, o cal lles fai as visitantes chegar a portería das esteiranas con certo perigo. Sin embargo, no minuto 32 e medio, Martina, marca o sexto gol para as locais. Chegado o minuto 34, a mellor xogadora das visitantes, Mónica, en un rápido contraataque, marca o terceiro e último gol para as de Pontedeume. A partires deste momento, o Atletes faise dono do partido, e Antía por tres veces; Martina por dúas, e Sara, por último, ésta con un gran gol o borde da área, poñen o definitivo 12 a 3 a favor das locais.  

1ª Galicia, xornada 8

  • Resultado: Meigas - Fisober (9-0)

Nada puideron facer as dumbriesas ante un Meigas da zona alta. Quedan con 3 puntos nos postos perigosos tras unha longa serie de derrotas consecutivas.

 

2ª División Nacional, G.IV. xornada 11

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - CDE Mora FS (2-0)
  • Viaxes Amarelle FSF: Pau, Sheila, Martita, Patri, María Gómez (cinco inicial), Mónica, Dolo, Marta Hermo, Inés, Mariña, Aida.
  • Goles: 1-0 María Gómez (min. 3); 2-0 María Gómez (min. 16).
Patri abraza a Maria con Ines detras no Viaxes Patri abraza a Maria con Ines detras no Viaxes

O cadro herculino capitaneado por Patri e con Inés como peza xa fundamental, volvía á senda da vitoria que as devolve á parte máis alta da táboa, a tan só dous puntos do líder, Alcorcón. Patri foi clave no primeiro gol protagonizando unha boa combinación con María Gómez, un gol que daba tranquilidade ás coruñesas, que souberon ler o partido e aguantar o seu momento. Co 2-0 non sufriron na segunda metade mantendo ben a renda.

Patri capitana do Viaxes Amarelle Patri capitana do Viaxes Amarelle  

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios