sábado. 09.11.2024
El tiempo

FSF: As Centolas e as Atletes rematan a tempada con boas sensacións

FSF: As Centolas e as Atletes rematan a tempada con boas sensacións
FSF Villa de Cee masculino en Mino FSF Villa de Cee masculino acadou a vitoria en Miño banner-semaforo-fisterra O Semáforo de Fisterra patrocina as crónicas do FSF. Pincha no banner e coñécenos a través de FB

Acollía o Conco na tarde do sábado un tenso choque no que o Fisober puido a rescatar, no último minuto, un punto moi importante, tras un partido moi igualado ante o conxunto vasco do Stilo. Seguen os dous equipos pegados nunha clasificación que ten ata a 6 equipos separados por tan só 3 puntos na zona quente da clasificación, co perigo do descenso moi presente. Aínda así as costeiras están na 9ª praza e depende de si mesmas.

Xa na Liga Galega, unha de cal e unha area para os nosos. As Centolas volveron de baleiro da longa viaxe a Ourense, mentres que os Centolos si que sacaron 3 bos puntos en Miño. Final de Liga en todo caso para as Centoliñas, cumprindo con creces os obxectivos, no seu primeiro ano na Liga Galega Autonómica, salvando a categoría e acadando o 9º posto mais que merecido.

A que xa rematou foi a Liga Provincial, e o fixo de xeito agrio. Dura derrota a que sufría o Concello de Ponteceso FSF en Vila de Cruces, rematando así o campionato en 4ª posición.
As que non mereceron rematar con derrota o campionato foron as esteiranas do Atletes, que sufriron unha malísima arbitraxe en Cabañas, pero que disfrutan sendo o equipo máis deportivo da categoría.

 

2ª División Nacional, Grupo 1, xornada 25

  • RESULTADO: FISOBER F.S.F. – STILO KIROL KLUBA (2-2).
  • FISOBER: Leti, Paula Fandiño, Ana, Inés, Noe; tamén xogaron: Bárbara, Tamara, Mai, Laura.
  • Goles: Con 0 a 0 chegouse o descanso. 0-1 min. 27 Eukene, 1-1 min. 28 Inés, 1-2 min. 29 Eukene, 2-2 min. 40 Inés.
Paula fandino co Fisober Paula fandiño co Fisober

O partido estivo marcado pola forte calor que fixo aínda máis grande o esforzo. Cunha metade para cada equipo dentro da igualdade reinante. Arrancou con ganas o conxunto bilbaíno que xa puxo a proba a Leti aos tres minutos por mediación de Alaitz. Nun partido igualado e con poucas ocasións parecía levar o ritmo do xogo o conxunto visitante. A mellor ocasión local era un toque de calcaño de Bárbara. Pouco despois un tiro cruzado da visitante Txibi íase ao pau.
Pero os maiores problemas para o Fisober foi cando no minuto nove perdía por dobre cartón amarelo a Noe. Foron dous minutos nos que o Fisober traballou para manter o resultado, e logrouno a pesares da inferioridade, conseguíu pasar o temporal co empate a cero. Incluso na inferioridade Paula Fandiño enviou un lanzamento de falta o trabe. Pagou o esforzo da inferioridade o Fisober xa que os últimos minutos foron para as vascas pero non lograron cambiar o resultado antes do tempo de lecer.

Saíu moito mellor o Fisober tralo paso por vestiarios. Xa no primeiro minuto un lanzamento de Paula Fandiño tocaba nunha xogadora visitante e despois ao pau. Pouco despois dispuña Inés de un man a man ante Tati, e novamente Inés en xogada individual tentaba cambiar o electrónico. As visitantes foron colocandose tralo arreón local. Os minutos ían pasando e o marcador non se movía. Ata que as bilbaínas aproveitaron unha perda local para poñer o 0 a 1 por mediación de Eukene no minuto 27. Foron quen de igualar as locais tan solo un minuto despois cando Inés aproveitou un rexeite dun balón de Paula Fandiño ao pau. Pero na tolemia de novo un minuto despois Eukene voltaba a poñer en vantaxe as visitantes. Foron uns malos momentos para o Fisober que despois duns minutos tranquilizou o seu xogo e combinou máis.
Pasaban os minutos e o gol non chegaba co cal a falla de dous minutos e medio decidiron as locais adoptar o xogo de cinco. E a corenta segundo do fin unha boa combinación permitiu a Inés igualar novamente o electrónico. Cun empate a dous co que se chegou ao final.

A vindeira semana toca descansar a un Fisober que recibe en quince días ao Cidade de Pontevedra nun derbi importante na loita polo descenso.

Ines co Fisober Inés co Fisober  

Liga Galega Feminina

  • Resultado: Ourense Envialia B - FSF Villa de Cee "O Semaforo" (12-2)
  • O Semáforo: Vanesa, Adriana, María Lijó, Paula e María de Dumbría. Tamén: Carla.

Última xornada para as Ceenses, as cales acudiron a Ourense con tan só 6 xogadoras, das cales dúas eran porteiras. Conscientes de que se tiñan que administrar as forzas, pois non dispoñían de cambios, empezaron moi frouxas as Ceenses, e nos primeiros 5 minutos recibiron 4 goles. Intentaron dar un paso adiante e chegaron a crear varias ocasións, pero non eran capaces de marcar, as de Ourense con amplío banquillo, someteron as visitantes a un gran esforzo físico e con case 30º de temperatura no Pavillón acabaron a primeira parte esgotadas e cun resultado de 6-1.

Xa na segunda parte, conseguían as Centolas xogar moito mellor, creando ocasións e conseguindo marcar de novo, pero isto tan so durou 10 minutos, a falta de cambios, a alta temperatura, fixo que as rapazas non puidesen mais recibindo un duro castigo no marcador de 12-2.
As estrelas nesta semana son 3* para cada unha das compoñentes do equipo, polo esforzo que tiveron que facer despois dunha larga viaxe, ter que xogar con 30º e sen cambios.

 

Liga Galega Masculina

  • Resultado: FS. Alameda Xarío - FS. Villa de Cee (1-3).
  • Villa de Cee: Pose, Jose Antonio, Perce, Mixi e Marroco,. Participando tamén: Purti e o porteiro Bruno coma xogador de campo.

Saída complicada para os Ceenses onde por circunstancias, lesións, etc acudían con moi poucos efectivos, tan só 7 xogadores dos cales dous eran porteiros. Comenzaron forte os homes de Llopis, indo a polos puntos dende o primeiro minuto , dominando o xogo e conseguindo xa os 4 minutos adiantarse no marcador por obra de Marroco, pero os de Miño, non o querían poñer fácil, e o minuto seguinte empataron o partido nun despiste defensivo, o partido equilibrouse no xogo, con ocasións para ambos equipos chegando o descanso co 1-1.

Xa na segunda parte no primeiros minutos Perce consegue marcar e volve a adiantar os Ceenses, os homes de Llopis defendían o seu resultado a favor e saíndo a contra conseguían xerar moitas ocasións. Os locais a desesperada nos instantes finais intentárono de 5, pero un roubo de Jose Antonio, pase a Marroco e consegue marcar o 1-3 definitivo.
As estrelas nesta semana son 3* Marroco con dous goles, partidazo, 2* Jose Antonio, pese a xogar tocado, foi o motor do equipo, 1* Perce, coma sempre na sua linea.

Importantes puntos conseguidos fora da casa para o FSF Villa de Cee Masculino, que dan moitos ánimos para afrontar o final de liga.

 

Liga Provincial, xornada 26

  • Resultado: Vila de Cruces entre o Cruces FSF - Concello de Ponteceso FSF (8-3).
  • AD VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Isabel, Nuria, Aniña, Alba, Verónica – tamén xogaron – María.
  • Goles: Ana, (5), Clara, Begoña, Nancy para as locais; Aniña, Alba, Verónica para as pondalianas.

Partido con moitos goles, pero pouco xogo o visto a tarde do sábado en Cruces. A mala primeira metade das pontecesanas, que chegaban con numerosas baixas e vían como a 3 minutos do comezo se adiantaban as locais no marcador, fixo que o encontro estivese resolto no descanso. Cun 4-0 no marcador con 10 minutos do encontro transcurridos, con todos os goles chegados de erros defensivos, non subían a intensidade as visitantes, que parecían que xa baixaban os brazos e daban o partido por perdido. Aínda así dispoñerían de varias ocasións claras, pero os paus e a porteira evitarían os tantos pontecesáns.

Na segunda metade saíron con ganas e intensidade as xogadoras de Curro, facendo o seu xogo de sempre e levando o peso do encontro. Nos primeiros minutos, crearían varias ocasións para seguir acortando distancias, pero outra vez os paus e a porteira, despexando o balón nun penalti a Aniña e nun man a man con María, evitarían que eso ocurrise. Alba faría o 2º rematando no segundo pau tras un pase de María, pero o traballo ben feito en ataque nesta segunda parte non se vía reflexado en defensa, e tras outro erro nas marcas, volvía marcar o Cruces nunha xogada de banda. Quedaban 5 minutos e serían os minutos de mellor xogo das visitantes. Vero poñía o 3º para o Ponteceso no luminoso cun tiro cruzado. Non sería a última ocasión, pois Nuria mandaría un tiro ó longueiro e Alba mandaba un balón á cruceta no que sería o seu terceiro balón ó pau da tarde. Remataría o encontro co 8-3 no marcador.

 

Liga Provincial, xornada 26

  • Resultado: TCA Instalaciones F.S. Pontedeume - AD Atletes, FSF (4-3).
  • A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Martina; Manola; Cris; Julia; Sara C; Marta; Bárbara (1); Alba; Antía (1); Ana (1); Sara; Ainoa.

Desprazábanse as esteirás a Cabañas para desputar o último partido de Liga a un pavillón que carece dos servicios máis básicos e sanitarios que se deben disponer hoxe en día (ou que se deberían dispoñer). Sen baños, totalmente abandonadas, co taboleiro do marcador totalmente invisible, etc. “Unha verdadeira vergonza”, para o sentir das esteirás.

Xa no partido, o Atletes sufriu unha “confabulación” entre o clube de Pontedeume e o árbitro da contenda. Saíron moi fortes as locais, arengadas por unha afección demasiado agresiva, mesmo con algunha xogada perigosa por parte da xogadora local Patricia, e sen que o colexiado actuase. As rapazas do Atletes, nin unha protesta, nin un mal xesto; simplemente miraban para o árbitro e o seu banquillo, sin dar creto o que estaba a ocurrir.

No aspecto deportivo, que estuvo en terceiro plano, o Atletes dominaba de cabo a rabo o encontro, lanzando catro disparos o largueiro e postes da portaría do Pontedeume. Despous do árbitro anular un gol de falta directa lanzada por Ana, que tras desviar a porteira entrou na portería, que ninguén entendeu o motivo, o Pontedeume no último segundo do partido consigueu o gol da vitoria. Xa non se puido centrar, posto que as xogadoras caseiras xunto cos demais membros do seu equipo, invadiron a pista mediante saltos e exaltación desbravada de choros e griterío.

O Atletes non esquece o máis importante: é, por segundo ano consecutivo, o equipo máis deportivo e menos castigado da competición. Dende aquí mandamos un aplauso as esteiranas como vencedoras dun extraordinario comportamento.

 

2ª División Femenina - Grupo IV, xornada 25

  • Resultado: Valdetires Ferrol FSF - Viaxes Amarelle FSF (5-1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Paula, Alba, Dolo, María Gómez, Patri (cinco inicial), Mónica, Xiana, Martita, Sheila.
  • Goles: 1-0 Diana (min. 14); 2-0 Erika (min. 25); 3-0 Lidia Mesías (min. 29); 3-1 Alba (min. 32); 4-1 Sheila (min. 34); 5-1 Erika (min. 38).

Partido complicado para a escuadra herculina, que se medía contra un líder que non pode fallar neste tramo final da competición si quere conseguir un posto no play-off de ascenso e aproveitou todas as súas ocasións para abrir distancia no luminoso, mentres que o Viaxes Amarelle FSF negado de face a gol, non conseguía finalizar as súas oportunidades cedendo a primeira derrota tras cinco vitorias consecutivas nas últimas xornadas de competición.

 

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios