Venres. 11.10.2024
El tiempo

FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala

FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala
Bo ambiente no pavillon de Cee Bo ambiente no pavillón de Cee para os dous partidos na tarde do sábado

Difícil e sufrida vitoria do Fisober na súa visita a terras de Ourense para enfrontarse a un Amoeiro que ata o sábado aínda non perdera coma local. Na 5ª quedan as soneirás na Liga Galega.

3 derrotas e unha vitoria foi o balance dos nosos equipos na Lga Provincial feminina, deixando ao Vila de Cee máis líder, escapando do Ponteceso FSF.

Mentres, os mozos do Vila de Cee manteñen unha gran 3ª praza, a só 4 puntos do líder, tras vencer nunha fermosa tarde de Fútbol Sala no pavillón ceense.

Liga Autonomica, xornada 8

  • Resultado: AMOEIRO F.S.F. – FISOBER F.S.F. (1-4).
  • FISOBER: Leti, Mai, Ana, Paula Fandiño, Tamara; tamén xogaron: Inés e Noe.
  • Goles: 0-1 Paula Fandiño, 0-2 Inés, (descanso), 1-2 Vane, 1-3 Tamara, 1-4 Inés.
As do Fisober no banco As do Fisober no banco

Partido correspondente a oitava xornada da Liga Autonómica Galega disputado na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Amoeiro. Arrincaron os dous equipos con algo de temor xa que non se coñecían e os primeiros minutos foron de tanteo. Co paso dos minutos o Fisober foi aumentando a presión sobre un rival que se sentía cómodo sobre a súa pista. No minuto sete o colexiado sinalaba penalti por mans dunha xogadora local , o cal foi transformado pola costeira Paula Fandiño para poñer en vantaxe as súas. Este gol deu un pouso de tranquilidade as visitantes. Así aos trece minutos desta primeira metade Inés remataba en gol unha excelente combinación das costeiras para poñer o cero a dous co que se chegou o tempo de lecer nunha primeira metade bastante cómoda para as visitantes.

A volta dos vestiarios cambiou e moito a película. As locais non estaban dispostas a deixar escapar a primeira derrota do seu feudo e propiciaron un ritmo moito máis forte, desaparecendo o control do xogo que tiña o Fisober na primeira metade.
Ese forte ritmo con Vane con principal estilete foi mermando a un Fisober que foi pagando o esforzo co paso dos minutos. As locais cada vez chegaban máis e cada vez se facía máis importante a actuación de Leti na portería.
A nove para o fin as locais dispuxeron dun libre indirecto no borde da área que non aproveitaron. Si o fixeron solo un minuto despois cando Vane a media volta poñía o un a dous no electrónico.
Eran os mellores minutos locais que se acercaban unha e outra vez ante unha inspirada Leti. Pero a pouco máis de tres minutos para o fin cando peor o estaba pasando o Fisober, apareceu unha combinación visitante cun balón que chegou a Tamara que sen apenas ángulo se sacou unha xenialidade para picar por encima da porteira e poñer o un a tres.
Fíxolles moito dano o gol as locais, deixounas tocadas e máis aínda cando un minuto despois outra boa combinación visitante remataba con Ana cedendo para unha Inés que facía o un a catro definitivo. No último minuto tentárono as locais co xogo de cinco pero xa a desesperada e sen froito.

 

Liga Provincial feminina, xornada 6

  • Resultado:Troula Betanzos FS - Concello de Ponteceso FSF (3-2)
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Martina, Carla, Carmen e Elsa - tamén xogaron – Sandra, Zeltia, Noa e Chus.
  • Goles: 1-0.- Silvia (min.25); 2-0.- Noelia (min.26); 2-1.- Martina (min.34); 2-2.- Carmen (min.36); 3-2.- Silvia (min.38)
A porteira do Vila de Cee FSF A porteira do Vila de Cee FSF

Saía presionando arriba e saíndo co balón xogado o Concello de Ponteceso que, ós 2min xa tiña ocasión para adiantarse no marcador tras unha xogada combinativa de Martina e Carla, pero a defensa despexa antes de que o balón chegue ó segundo pau. Intentaban saír co balón xogado as pondalianas,mentras as da Troula o intentaban máis con balóns arriba ou accións individuais, pero sen xerar perigo.A primeira ocasión para as de Betanzos sería no min 9 dun tiro dende a frontal que despexa Melani sen problemas. Pero terían unha clara tras unha boa contra,na que Silvia remata no primeiro pau, pero Melani cubre ben evitando o tanto. Comezarían a presionar tamén arriba as locais, evitando que o Ponteceso saíse fácil co balón xogado. O partido sería moi de ida e volta, cos dous conxuntos saíndo rápido en ataque, pero fallando nas finalizacións. Sandra probaría cun disparo cruzado,pero despexaría a porteira. A 7 segunds para o descanso, Noa colgaría un balón á área que collería a porteira, co que irían cara os vestiarios co 0-0 inicial. 

Saían enchufadas as do Troula na segunda metade, seguindo co mesmo xogo do primeiro período, pero chegando máis á portería rival. O Ponteceso cambiaría a defensa para intentar cubrir mellor a portería e saír á contra, pero non lles sairía ben. Dunha xogada de contra chegaría o primeiro tanto da tarde no minuto 25 e dous minutos despois ampliarían a vantaxe as locais noutra xogada de contra.
Non lles saía nada tampouco en ataque ás xogadoras de Barca e Curro, que o intentaban pero non conseguían xerar claras ocasións. Pero tras unha xogada combinativa, Martina remataba dentro da área un pase de Noa, recortando distancias a 6min para o remate. A partir de aí comezaron a chegar as ocasións, gracias, sobre todo, á boa presión e, no min 36, tras un roubo de balón cerca da área rival, Carmen poñia as táboas tras unha xogada na área con Noa. Chus probaba cun disparo dende a frontal despois doutro roubo de balón, pero este iría alto. Responderían as de Betanzos a eso con outro gol tras xogada de contra, chegando en ataque cun 3 para 2. Terían oportunidade para o empate as pontecesanas, pero Sandra non lograba rematar no segundo pau o centro de Chus. Intentárono as pondalianas ata o final, pero a a defensa, metida na área conseguía, despexar todos os balóns, rematando o encontro co 3-2 no luminoso. 
Segunda derrota consecutiva do Ponteceso nun intenso partido, tres puntos perdidos que o alonxan dos primeiros postos da clasificación. 

 

Liga Provincial feminina, xornada 6

  • Resultado: Grupo Work - Concello de Carnota Lira FSF (2-1).
  • Roxiñas de Lira: Lía, Inés, Alba, Martina e Isa. Tamén xogaron: Eva, María e Denisse.
  • Goles: 0-1, m.25; 1-1, m.30; 1-2, m.38.

Calor en Novo Mesoiro ás 4 da tarde do sábado día 7 de novembro. Chegaban as Roxiñas cas baixas de Uxía por suspensión e Terre por lesión. O control do partido levouno en todo momento o Grupo Work, que fixo correr moito ás de Lira. Aínda así, unha espectacular Lía e un bo traballo en defensa fixeron que chegaran ó descanso co marcador 0-0. Ó final da primeira metade, as coruñesas xogaron con porteira xogadora, máis non conseguiron batir a Lía.

Na segunda metade a dinámica do xogo foi similar á da primeira parte. Dominando o Grupo work, e indo o Lira á contra. Foi así como se puido inaugurar o marcador, na ocasión máis clara do partido, aproveitando Alba un erro das coruñesas e acabando cara a cara ca porteira, ca mala sorte de que mandou o balón ó pau. Malia iso non se rendiron, pois uns minutos despois Alba veuse na mesma situación e desta vez sí marcou, poñendo ás Roxiñas por diante no marcador. Sacaban de novo a porteira xogadora e tocaba aguantar e sufrir. E fixérono ben, mais nunha xogada algo confusa, un saque de banda no que as Roxiñas pensaban que era delas, sacouno o Grupo Work sen estar colocadas e sorprenderon a Lía con un fantástico tanto. Parecía que o partido ía acabar en tablas, mais a falta de 30 segundos, o Work marcou o segundo tanto a favor de tacón nun balón que conseguiron colar á área de Lía.

Unha semana máis as Roxiñas fixeron un bo partido, mais o resultado non as acompañou.

 

Liga Provincial feminina, xornada 6

  • Resultado: Cruces FSF - A.D. Atletes FSF (6-1).
  • A.D. Atletes FSF: Mariña; Cris; Sara; Marta; Bárbara (1); Alba; Antía; Ana, Sandra.

En ese partido o Atletes empezou cambiando o sistema de xogo que viña utilizando hasta ahora, desde que empezou a liga. A pesares de que durante os primeiros 12 minutos, as de Esteiro non acababan de asentarse na pista do municipal de Cruces, na última parte deste primeiro período, sí pudo acercarse a portería das de Cruces levando algún peligro que solventou muy ben a porteira Carmen.
En xeral, na primeria parte o partido estivo bastante igualado en canto a xogo. Non así no resultado, xa que as de Cruces foron o descanso co marcador favorable de 3 goles a cero.

Na segunda parte, o Atletes, como ven sendo habitual en todo os seus partidos, mostrou una boa prepración física. Fíxolle frente as de Cruces e levou peligro a porta das de Cruces, destacando en esta segunda parte de novo, a porteira Carmen.
Porén, a maior veteranía, e sobre todo, o físico e corpulencia das de Cruces, dirixidas maxistralmente pola cierre Ana, impideu que a xuventude das de Esteiro non puderan superar as de Cruces.
Nesta segunda parte as de Cruces lograron marcar outros tres goles máis, por 1 gol das de Esteiro, logrado pola súa ala-pívot Bárbara, en una melee diante da portería das de Cruces. As de Esteiro mantuveron durante todo o partido no se banquillo a ala Alba, lesionada. Solamente saleu na segunda parte, pero inmediatamente tuvo que retirarse a causa da lesión que sufreu nun adestramento durante a semana anterior.

A próximo fin de semana o Atletes tócalle descansar, polo que hasta durante a semana do día 21, que xoga co Academia RedBlue 5 Coruña, non volverá a competición.

 

Liga Provincial feminina, xornada 6

  • Resultado: FSF Vila de Cee - FSF Pontedeume Valdetires (12-0)
  • FSF Vila de Cee: Vanesa, Alba, Adriana, María de Dumbría e Marta. Tamén: María Lijó, Paula Trinidad, Serena e Lucia.

150 persoas en Cee para ver ao equipo da vila da Xunqueira. E dende o primeiro minuto o dominio total do xogo foi das locais, as rapazas de Juan Jesús non deron opción ningunha o FSF Pontedeume dominaban o xogo totalmente e enseguida comezaron a caer os goles a favor do FSF Villa de Cee, o partido foi un monologo das locais onde quedou patente a diferenza da táboa de clasificación unhas liders e as outras colistas e o resultado final foi de 12-0.

As Estrelas nesta ocasión son 3* para Paula Trinidad marcando tres goles, 2* para María Lijó, con dous goles e 1* para a infantil Lucia cun precioso gol.
Continúan Liders da táboa unha xornada máis as ceenses e para a vindeira xornada tócalle visitar o Artabras Fene FSF.

 

Liga Provincial masculina, xornada 6

  • Resultado: FSF Vila de Cee - FSF Pontedeume Valdetires (4-2)
  • FSF Vila de Cee: Rafa, Mario, Hidalgo, Aitor e Miguelón. Tamén: Josiño, Cristian, Pablo, Purti, Juanjo, Carlos, Estrella e Champi.
  • Goles: 1-0: Aitor; 2-0: Champi; 2-1; (descanso); 3-1: Miguelón; 4-1: Aitor de vaselina; 4-2.

Partido trepidante o disputado a tarde do sabado no pabellon de Cee entre o Villa de Cee e o Pontedeume ante unhas 150 personas.

Comezaron os homes do Nejro moi ben no partido, onde nos 10 primeiro minutos estiveron sensacionais, dominado o xogo e conseguindo marcar por obra de Aitor e Champi, cunha intensidade total. Co 2-0 a favor os ceenses relaxáronse un pouquiño e o Pontedeume dou un pasa adiante empezando a dominar eles o xogo e cara o final da 1ª parte conseguiron marcar o 2-1, índose o descanso cun resultado favorable pero asustados para o FSF Villa de Cee.

Xa na segunda parte os ceenses deixáronlle a iniciativa do xogo o visitante, defendendo moi ben atrás e saíndo a contra conseguindo así marcar o 3-1, xa case co partido resolto o Pontedeume en ningún momento se renderon e seguro intentando, pero noutra contra dos ceenses volven marcar o 4-1, o Pontedeume xa vendo perdido o partido comeza a xogar de 5 e aínda que os Ceenses estaban a defenderse ben o contrario conseguiu xa nos minutos finais marcar o 4-2, resultado definitivo do partido.

As estrelas nesta ocasión son 3* para Mario, impresionante a súa loita polo equipo, 2* Aitor con dous goles, e unha para 1* Champi cun golazo.

Bonito partido contra un rival complicado o cal mostrou moi bo nivel, merecida vitoria do FSF Villa de Cee que se sitúa no 3º posto da táboa de clasificación. Na vindeira semana tocaríalle xogar contra o Monfero, pero dicho partido xa fora adiantado e ganado 0-4, co cal descansa o equipo ata dentro de 15 días.

 

2ª División Estatal, xornada 6

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Escuelas Municipales Alovera (6-1)
  • Viaxes Amarelle: Carmen, Dolo, Patri, Lago, Uxía (cinco inicial), María Gómez, Laura Tesouro, Xiana, Sheila, Ana, Oli, Sandra (segunda portera).
  • Goles: 1-0 Lago (min. 1); 2-0 Dolo (min. 13); 3-0 María Gómez (min. 17); 4-0 Patri (min. 21); 5-0 Laura Tesouro (min. 24); 6-0 Lago (min. 27); 6-1 Eli (min. 40).
Patri co 9 marcou co Viaxes Patri, co 9, marcou co Viaxes

Marcou Patri na vitoria do Viaxes Amarelle FSF, que retomaba a competición logo da xornada de descanso, o pasado fin de semana, sumando nuevamente 3 puntos ao impoñerse por un marcador claro de 6-1 sobre o Escolas Municipais Alovera, onde as herculinas dominaron o partido de principio a fin, sen dar opción ao seu rival de crear o suficiente perigo para poñer en perigo a vitoria herculina. Con esta quinta vitoria consecutiva, o conxunto herculino segue no máis alto da táboa e é o único equipo que conta os seus partidos por vitorias.

 

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios