Sábado. 05.10.2024
El tiempo

FSF: Con Pioto e a afección polo ascenso

FSF: Con Pioto e a afección polo ascenso
O Fisober celebrando un tanto O Fisober celebrando un tanto

O Fisober foi quen de gañar na súa pista maldita ao actual campión e apretar un pouquiño máis se cabe a clasificación. Ningún dos dous equipos tivo a súa mellor tarde pero o Fisober foi máis efectivo acadando esta importante e prestixiosa vitoria, que lle serve para empatar co líder a 45 puntos, pero cun partido máis.

Na Liga Provincial, o Ponteceso voltaba á senda da vitoria e o Lira colleitaba unha nova derrota. Ademais, descansaba o Atletes, e o encontro do Vila de Cee feminino ante o Ártabras tivo que ser aprazado para este mércores 9 de marzo. Pero si que xogaron os mozos anteunha volcada afección, xa coas súas bufandas. E o equipo ceense está enchufadísimo, sumando partidos por vitorias dende que Fran Pioto se fixo cargo do equipo. Desta volta vencían ao Monfero e manteñen unha tremenda 2ª posición a 2 puntos do líder, o Brión, pero cun partido máis, e aínda pendentes do choque entre ambos en Brión.

 

Liga Galega, xornada 22

Partido do Fisober
  • Resultado: Poio Pescamar B - Fisober (3-4)
  • Fisober: Leti, Ana, Mai, Inés, Noe; tamén xogaron: Paula Fandiño, Nuriña, Tamara, Laura.
  • Goles: 1-0 Carolina, 1-1 Ana (descanso) 1-2 Inés, 2-2 Yoli, 2-3 Paula Fandiño, 2-4 Noe, 3-4 Pipi.

O partido non podía arrancar peor para as costeiras. Unha falta os poucos segundos do inicio era aproveitada por Carolina para poñer en vantaxe as locais, tocaba remar xa dende a saída de vestiarios. Pouco a pouco foise desperezando o Fisober e ós cinco minutos contou cunha dobre ocasión por parte de Inés e Ana. Tamén as locais querían aumentar diferenzas, sendo Marta a que dispuña dunha dobre ocasión ante Leti. O xogo non era moi fluido por ningún dos dous equipos , pero seguían a chegar algunhas ocasións. Mai tiña a súa para as visitantes e Rebeca para as locais. Pasaban os minutos e o electrónico non se movía. Aos doce minutos Inés mandaba o balón o trabe nunha inmellorable ocasión. A resposta local era por mediación de Pipi. A cinco para o fin de novo Inés tiña unha clarísima dobre ocasión para igualar, como prevía o gol do empate que acadou Ana nese mesmo minuto. Con igualada a un chegouse o tempo de lecer.

O arrinque da segunda metade foi desta vez bo para o Fisober xa que aos catro minutos Inés poñía en vantaxe as visitantes. Pouco lles durou a ledicia xa que tan solo un par de minutos despois era Yoli a que de novo establecía as táboas no marcador. A segunda metade non tiña ocasións pero si goles, xa que ós oito minutos Paula Fandiño definía con tranquilidade para poñer o dous a tres a favor das costeiras. Era o filial do Poio o que tentaba agora a igualada, a oito para o fin a ocasión era para Lucía. E con sete para o final foi Yoli a que enviou un balón ó pau. Como non era quen de igualar, cando se entraba nos últimos cinco minutos as locais pediron tempo morto para arriscar co xogo de cinco.
E non lle puido ir mellor ó Fisober xa que na primeira xogada roubaba para que Noe marcase dende campo propio e poñer dous goles de vantaxe. Tal situación reforzou as visitantes e fixo dubidar as locais. O Fisober defendeu ben o xogo de cinco do filial do Poio e os minutos ían pasando. A dous para o fin Leti paraba unha perigosa falta e mantiña a diferenza no electrónico. O gol definitivo do Poio chegou no último segundo por mediación de Pipi pero xa sen tempo para máis, chegándose así o fin do encontro.

Laura co Fisober Laura co Fisober  

Liga Provincial, xornada 20

  • Resultado: Espartanas FS - Concello de Ponteceso (1-8)
  • A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Ana, Carla, Noa e Chus - tamén xogaron - Cintia, Sandra, Elsa, Martina e Salomé.
  • Goles: 0-1.- Chus (min.10); 0-2.- Noa (min.17); 0-3.- Carla (min.27); 0-4.- Carla (min.28); 0-5.- Sandra (min.32); 1-5.- Yésica (min.33); 1-6.- Sandra (min.34); 1-7.- Cintia (min.37); 1-8.- Carla (min.38).

Primeira parte totalmente de dominio pontecesán. Saíndo co balón xogando desde atrás, levando o ritmo do encontro e chegando á portería contraria en varias ocasións. Carla e Noa terían oportunidade para estrear o marcador, pero a defensa rexeitaría os balóns. Sería no minuto 10 cando chegaría o primeiro tanto dos pés de Chus, que finalizaba cun tiro pegado ó pau un pase en profundidade de Cintia. Irían probando as coruñesas con tiros lonxanos e con xogadas a balón parado, pero sen xerar perigo. Seguirían chegando as pondalianas e Sandra probaría por 2 veces con tiros dende a frontal que saían desviados. Noa sería quen faría o segundo rematando na área un pase de Elsa.
Nos últimos minutos gozarían de máis ocasións as de Ponteceso, pero non se movería o marcador, indo cara os vestiarios co 0-2.

Na segunda parte seguiría o encontro na mesma liña, con pouca intensidade e coas xogadoras de Curro levando o peso do mesmo. Carla poñería o terceiro no luminoso tras unha bonita xogada individual e, na seguinte xogada de ataque, facía tamén o cuarto das pontecesanas rematando no segundo pau un pase de Salomé. Sandra encargaríase de anotar o 5 rematando na área outro pase de Salomé. Non deixarían de intentalo as herculinas dende lonxe e a balón parado. Chegaríalles o gol nun saque de falta, pero un minuto despois, Sandra nun rechace da defensa dentro da área marcaba novamente para as da vila de Pondal. Os últimos minutos serían de máis ocasións para as pondalianas. Cintia poñía o 7 no luminoso cun tiro lonxano nun saque de córner e Carla sumaba o terceiro tanto na súa conta rematando unha asistencia de Salomé.
Remataba o encontro co 1-8 no electrónico, un partido serio do Concello de Ponteceso que conseguíaos 3 puntos despois de varias xornadas sen logralos, e que as segue mantendo na 5 posición.

 

Liga Provincial, xornada 20

  • Resultado: Santiago Futsal - Lira FSF (5-1)
 

Liga Provincial Masculina, xornada 18

Fran Pioto suma partidos por vitorias ao mando do FSF Vila de Cee Fran Pioto suma partidos por vitorias ao mando do FSF Vila de Cee
  • Resultado: FSF Vila de Cee - Monfero FS (5-2)
  • Vila de Cee: Josiño, Jose Antonio, Aitor, Juanjo e Carlos. Participando tamén: Rafa, Pablo, Mario, Purti, Estrella, Marroco e Champi.
Afeccion do Vila de Cee Espectacular a afección do FSF Vila de Cee

Partido disputado na tarde do sábado no Municipal de Cee ante a mellor entrada da tempada,pois acudiron unhas 220 persoas.

Saíron enchufadísimos a polo Monfero os ceenses, dominando en todo momento o partido e presionando intensamente en campo contrario, pero sin embargo, non daba chegado o gol e atopábanse unha e outra vez co porteiro visitante. Tardou en abrirse a lata, concretamente 11 min, cando Pablo aproveitaba un bo pase de Estrella para inagurar o marcador. Eran os mellores minutos do Villa, e Jose Antonio certificábao co 2-0 nunha fermosa xogada colectiva, e Mario facía o 3-0 nunha parede con Marroco. Habería tempo para que antes do descanso Champi en xogada individual puxera terra de por medio co 4-0.

A segunda parte non foi boa por parte dos ceenses, froito da relaxación, e aproveitouno o Monfero para marcar o 4-1, pero Juanjo no mellor gol do partido logo dunha xogada fermosísima colectiva poñia as cousas no seu sitio co 5-1. O monfero marcou o definitivo 5-2 nun despiste local,e dende aí ata o final ata 5 paos por parte do cadro ceense que pudo ampliar o resultado.

Na vindeira xornada os ceenses viaxan a Narón o domingo ás 12:30 para enfrentarse ó Lodairo nun partido que se prevé complicado

 

Máis información

Crónicas da temporada

Outras novas do FSF

Fonte

Comentarios