FSF: Confusión arbitral

09:32 31/10/17
Por arriba, o Fisober sumou por segunda semana consecutiva acadando os seus primeiros puntos coma local. Pola súa banda, o Viaxes Amarelle de Patri e Inés sufriron enMadrid a primeir derrota da temporada tras unha confusa arbitraxe.
Na 1ª Autonómica, O Semáforo estreaba o taboleiro de puntos empatando co filial do Amarelle, mentres que os homes do Villa de Cee deixábanse endosar un set na casa nun choque no que os árbitros tamén foron protagonistas.
Tamén protestaron a actuación arbitral as Atletes na súa derrota en casa, xa na 1ª Galicia, ante o Meigas. Na mesma categoría o Amarelle Santa Comba demostrou a sua candidatura a todo mentres que o Ponteceso FSF caía pola mínima ante un dos de arriba.
O Fisober B retrasou o seu choque en Melide para o venres.
Paula Fandiño e Ana
Partido disputado no Conco que puido gañar calquera aínda que as locais estiveron a pouco máis de un minuto de lograr a vitoria. Un gol visitante ao inicio e outro ao final chafaron as ilusións costeiras.
Tentou recompoñerse do gol inicial o conxunto costeiro despois do mazazo inicial e foino facendo co paso dos minutos. O gol da igualada costeira foi cunha xogada de Paula Fandiño que mandou axustando o pau da portería visitante aos seis minutos de xogo. O Fisober seguiu buscando o gol que as adiantara no electrónico e as visitantes saíndo en perigosas contras, pero o resultado non cambiaba.
O inicio da segunda metade a visitante Rakel tiña unha boa ocasións. Mediada esta segunda metade chegaron uns minutos tolos no que calquera dos dous equipos puido marcar pero ninguén o fixo. Bárbara e Taibo tiveron as mellores ocasións para as locais. Pero chegado o minuto trinta e tres de partido Carla era a máis lista e aproveitaba un erro para poñer en vantaxe ao cadro local. Por certo o seu primeiro gol na categoría.
Con pouco máis de tres minutos por xogar arriscaron as madrileñas co xogo de cinco. Non acertaron as costeiras tras varios roubos e cando faltaba pouco máis de un minuto de novo Peque marcaba para poñer o dous a dous que foi definitivo.
Intenso encontro o vivido a tarde do sábado no municipal de Tarrío. O Concello de Ponteceso enfrontábase ó líder da clasificación que viña de golear nos dous partidos anteriores, pero tiña claro que non lle ía poñer as cousas nada fáciles. Saían ambos equipos concentrados, co Culleredo tendo o dominio no balón nos primeiros minutos, pero cun Ponteceso sólido en defensa que conseguía que non xeraran ocasións claras de gol. Aroa despexaba as primeiras chegadas locais, que mantiñan control do balón, pero as pontecesanas comezaban a crear tamén ocasións de gol, con dúas chegadas claras que non logran finalizar no segundo pau. Respondían a eso as de Culleredo, intentando con xogadas combinadas e tiros lonxanos, pero Aroa evitaba o tanto local. Pasaban os minutos e o marcador seguía como ó principio, pero xa era o Ponteceso o que, pese a non ter a posesión, chegaba máis claramente á portería rival. Nuria e Alba a piques estiveron de abrir a lata cun gol, pero a porteira desviaría o balón para córner.
O partido seguía na mesma liña ao saír dos vestiarios e xa avisaría o Culleredo nos primeiros minutos tra-la reanudación cun tiro de Mery que iría fóra por pouco. Aroa e Alba salvaban sendas ocasións baixo paus, pero despois destes avisos espabilarían as xogadoras de Curro, que comezaban a chegar á meta rival. Alba e María, con dúas ocasións, tiñan a oportunidade de facer o primeiro tanto do encontro, pero a porteira local evitaría o tanto do Ponteceso. Quedaba 1 minuto e medio para o final do partido cando o Culleredo facía o gol, tanto de Mery tras xogada ensaiada de falta que as xogadoras da vila de Pondal non souberon ler. Pero non baixarían os brazos as pondalianas, que no último minuto dispoñerían de varias ocasións. Nuria, Alba e Ana probaban con tiros dende a frontal e María, cun remate medio acrobático coa planta do pé que desvía con dificultade a porteira, tería a última ocasión para o conxunto pontecesán. Pero non sería a última do encontro, pois Aroa despexaba una disparo do Culleredo no último segundo. Chegaban así ó final coa vitoria pola mínima do conxunto local.
Dura derrota para o Concello de Ponteceso FSF, que vía como perdía un punto no último minuto despois de realizar un bo partido.
O Amarelle Concello de Santa Comba vai a por todo
O Amarelle Concello Santa Comba, dirixido por Suso Yanes, empezou enchufado no partido e nos primeiros segundos de partido cun gol da mazaricá Tati. Pronto abrían a lata as xalleiras, e o xogo despregado auguraba que podía ser moito maior, pero tralo tempranero gol, o resto parecían resistirse ata que a falta de sete minutos Tati repetía e poñía o 0-2 no marcador, e prácticamente sen tempo chegaron tres tantos máis obra de Nuria e Leti en dúas ocasións, ata levar o luminoso ao 0-5, a falta de cinco minutos para o término da primeira metade. Aínda quedaba tempo por diante e as locais reaccionaban cun gol, obra de Noelia a falta dun minuto para a conclusión, pero a alegría duraría pouco para o TCA Instalacións FS Pontedeume, posto que Rita volvía ampliar a distancia ao anotar o 1-6, co que se irían ao tempo de asueto.
Na reanudación, o Amarelle Concello de Santa Comba tiña o partido praácticamente resolto cunha vantaxe de cinco goles, pero as xalleiras non se conformaban co marcador e non baixarían os brazos intentando seguir ampliando a renda.
2ª División Nacional, Gr.IV, xornada 7
- Resultado: FISOBER F.S.F. – MAJADAHONDA “B” F.S. (2-2)
- FISOBER : Lía, Ainho, Ana, Mai, Paula Fandiño, tamén xogaron : Carla, Taibo, Noe, Bárbara, Nuriña, Andrea M.
- Goles: 0-1 min. 2 Peque, 1-1 min. 6 Paula Fandiño, (descanso), 2-1 min. 33 Carla, 2-2 min. 39 Peque.


1ª Autonómica Feminina, xornada 7
- Resultado: Hotel Semáforo FSF Villa de Cee - Viaxes Amarelle FSF B (1-1)
- Hotel Semáforo FSF Villa de Cee: Adri, Alba Cambeiro, Andrea, María Lijo, Paula (cinco inicial), Goretti, Alba Trillo, Nerea, Alejandra, María Caamaño, Marta.
- Viaxes Amarelle FSF B: Aida, Nuria, Sofía, Marta Hermo, Mariña (cinco inicial), Laura, Zaida, Sara.
- Goles: 0-1 Mariña (min. 7); 1-1 Andrea (min. 23).
3ª División Nacional Masculina, xornada 6
- Resultado: FSF Villa de Cee - Campito FS (1-6)
1ª Galicia Feminina, xornada 3
- Resultado: A.D. Atletes - F. C. Meigas (2-5)
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Laura; Cris; Leti; Marta; Alba; Antía (1); Ana; Ainoa (1).
1ª Galicia Feminina, xornada 3
- Resultado: Sport Sala Culleredo FS - Concello de Ponteceso FSF (1-0)
- AD VILA DE PONDAL - CONCELLO DE PONTECESO FSF: Aroa, Ana, Alba, María e Verónica - tamén xogaron - Martina, Nuria e Saray.
- Goles: Mery (min.38).

1ª Galicia Feminina, xornada 3
- Resultado: TCA Instalaciones FS Pontedeume - Amarelle Conc. Santa Comba (1-1)
- Amarelle Concello Santa Comba: Nerea Ramallo, Rita, Ge, Tati, Nuria (cinco inicial), Tania, Paula, Violeta, Nera Míguez, Gemma, Vanesa, Leti.
- Goles: 0-1 Tati (min. 1); 0-2 Tati (min. 13); 0-3 Nuria (min. 14); 0-4 Leti (min. 14); 0-5 Leti (min. 15); 1-5 Noelia (min. 19); 1-6 Rita (min. 19); 1-7 Violeta (min. 25); 1-8 María López (propia puerta) (min. 30); 1-9 Zaira (propia puerta) (min. 37); 1-10 Gemma (min. 38); 1-11 Violeta (min. 39).

2ª División Nacional, Gr.IV, xornada 6
-
- Resultado: ADAE Simancas Onetec - Viaxes Amarelle FSF (3-1)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Martita, Sheila, Patri, María Gómez (cinco inicial), Dolo, Mónica, Inés, Carmen.
Máis información
- Resultados e clasificacións en www.futgal.es.
Crónicas da tempada
- O Fisober suma 3 cantos.
- Comezou a 1ª Galicia con derbi e debut.
- Cara e cruz na 2ª Nacional:
- Estirando un mal inicio de curso.
- Mal comezo.
- Só os homes do Villa de Cee comezan a temporada con sabor doce.
Novas relacionadas
- As Miúd@s xa saben gañar.
- As Miúd@s e o Bergan comezaron a súa campaña na 2ª División Feminina.
- O Eleuterio Balayo acolleu a estra das Miúdas na Festa dao Fútbol Feminino da Costa da Morte;
- Comezou a tempada para o Fisober e para as Centolas:
- O Fisober volve sacar equipo B para dar máis cancha á canteira.
- FSF: Unha sabrosa Copa da Costa para pechar a temporada.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).