FSF: Dous empates rescatados nunha mala xornada costeira
Non a mellor xornada para as nosas nas ligas do Fútbol Sala Feminino. Co Vila de Cee feminino e o Concello de Ponteceso descansando, apenas un par de empates colleitaron os nosos equipos. Un empate que salvou Paula Fandiño para o Fisober na 2ª Estatal. Un empate que rescataban tamén as do Viaxes Amarelle, cun tanto, unha asistencia e un gran partido da muxiá Patri.
Os que non mereceron tanto castigo no seu desprazamento a San Cosme de Barreiros foron os rapaces do Villa de Cee. Só puido contar con oito homes Llopis, e deses oito, Perce con gripe e Mario que volvia despois de estar preto de 2 meses parado. Aínda asi deron a cara en todo momento e estiveron preto de traer a cando menos 1 punto.
Pola súa banda, pouca historia na visita do líder da Liga Provincial a Esteiro. Enorme superioridade das da Baña, pero sen que o Atletes fixera en este partido de rival fácil, nin moito menos. Xogou dentro do seu nivel, pero as da Baña tiveron que sudar para conseguir un amplo resultado demostrando moita fame de gañar a liga.
2ª División Nacional, Grupo I, xornada 18
- Resultado: FISOBER F.S.F. - SAN BERNABÉ (2-2).
- FISOBER: Leti, Ana, Inés, Paula Fandiño, Noe; tamén xogaron: Mai, Bárbara, Laura, Tamara.
- Goles: 1-0 Bárbara, (descanso), 1-1 María, 1-2 Carmen, 2-2 Paula Fandiño.
Máis dun centenar de siareiros no Conco para seguir sufrindo esta mala serie de resultados do Fisober, que segue sen gañar na casa e segue ca maldición dos equipos rioxanos os que sempre lles gaña en terras visitantes pero que é incapaz de facelo coma local. O equipo non tivo o seu mellor día e fixo un mal partido pero cando menos foi quen de sumar un puntiño na súa loita pola salvación, salvando tamén o average.
Non comezou ben o Fisober, demasiado nervioso e ansioso por adicarlle unha vitoria a súa parroquia, algo que lastrou as rapazas costeiras perante todo o partido. As primeiras ocasións foron visitantes para Elena e María que non acertaron ante Leti. O equipo rioxano tivo claro o seu plantexamento en todo momento. Aos 5 minutos Bárbara chegaba por primeira vez á meta contraria e á segunda abría o marcador. Eran minutos pesados, con poucas ocasións, sendo as de Ana, Inés e Noe as máis destacadas. Xusto antes de chegar o tempo de lecer as visitantes estrelaron o balón no trabe, pero chegouse con un a cero o descanso.
A segunda metade arrancou peor ca primeira. Xa que aos tres minutos as visitantes igualaban nunha xogada chea de rexeites despois de tocala a visitante María. Non se atopaba nada cómodo o conxunto costeiro, pasando polos seus peores momentos do partido. E peor foi cando Carmen aos nove minutos desta segunda metade poñía o un a dous despois doutro rexeite. Minutos de zozobra locais que se calmaron co gol de Paula Fandiño aos once minutos da reanudación.
Aquí chegaron os mellores momentos das locais. Tocaron arrebato e tentaron levarse o partido. Ana, Inés, Paula Fandiño e Mai por partida dobre atopáronse ca porteira visitante que evitou o gol costeiro. Pero aínda quedaba algún que outro susto antes do final xa que as visitantes a piques estiveron de levarse o partido no último minuto.
Agora tocan dúas semanas de descanso para o Fisober, a de parón da liga e a que lle toca por calendario as costeiras, antes da difícil visita a Ribamontán o 11 de marzo.
Liga Galega Norte Masculino, xornada 20
- Resultado: Praias de Barreiros C.D. - FSF Villa de Cee (Clínica A Xunqueira) (4-2)
Comezaron dormidos os nosos rapaces e eso costoulles o 1-0 ós 5 min, pero reacionaron e pronto lle deron a volta ó marcador con dous tantos de Miguelón, e ata o descanso tiveron ocasións para aumentar a diferencia no marcador, pero non acertaron e chegouse ó descanso con 1-2.
Na segunda metade os costeiros deixáronlle a iniciativa ó cadro local, sabedores de que se lles ía facer longo o encontro, pero defendéronse ben atrás e o Barreiros só intentaba sorprender con tiros lonxanos nos que Pose non pasaba excesivos apuros. Empatou o cadro local a falta de 5 min nunha xogada de falta de imtensidade defensiva do Villa, e inmediatamente despois Rober errou a porta baleira o 2-3, que poido ser clave, e para colmo a falta de 3 min os locais poñianse por diante. Aí sacaron porteiro xogador o Vila de Cee e Mario, Marroco e Miguelon en duas clarísimas puderon empatar e mesmo remontar, pero a falta de 20 segundos e con Aitor porteiro sentenciou o Praias de Barreiros.
Outra vez os nosos rapaces atopáronse cunha actitude chulesca dun dos colexiados, que con frases como «ídesme joder vós a min de carallo», «teño 65 anos e veño de volta chaval» ou «non ides vir vos aquí a abasallar» sacaron de quicio os de Llopis, polo que foron expulsados Rober, Perce, Marroco e Pose, polo que tiveron que acabar o partido con 4 xogadores e Aitor porteiro.
As Estrelas: 3* Perce, moi ben movendo e organizando o equipo dende atrás, e moi serio en defensa; 2* Róber, que mantivo unha intensidade altisima, sobre todo en defensa; 1* Pose, xa que mantivo o equipo no partido con paradas de mérito.
Liga Provincial, xornada 18
- Resultado: A.D. Atletes - S.D. A Baña (1-8).
- A.D. Atletes FSF: Martina (P); Cris; Julia; Marta (1PP); Alba; Antía; Ana; Sara; Ainoa (1).
- S. D. A Baña: María C (P); María; Daniela; Elsa; Tania (1); María Eugenia (2); Andrea; Lucía; Nuria (4); Lidia.
A Baña, en calidade de líder visitaba as esteiranas no Pavillón de Esteiro. A vista do resultado e do xogo desplegado por parte dos dous equipos, a A Baña fixo honra o seu posto na clasificación na liga Provincial Femimina provincial da Coruña.
O Atletes saíu de comenzo replegado no seu campo esperando ás da Baña, pero resultáballes tremendamente complicado dar conta das acometidas das súas contrincantes, sobre todo da súa mellor xogadora, tremenda xogadora, Nuria, que deixou no pavillón de Esteiro una demostración de calidade, condición física e intelixencia.
O Atletes aguantaba canto podía, ata o minuto 10, que Nuria inaugura o marcador, cun tiro ao borde da área, que non pode deter Martina, tapada por algunas xogadoras. Pasados dos minutos, volve a marcar para A Baña, María Eugenia, outra das xogadoras destacadas do encontro. Dous minutos máis tarde, Ainoa, revive algunas ilusións para as de Esteiro, o marcar un bonito gol, ante a saída da porteira da Baña, María. Este gol espoleou ás da Baña, que no minuto dezaséis e medio, nun saque de esquina, despístanse as de Esteiro, e María marca o terceiro gol para as da Baña e o segundo para súa conta particular.
O Atletes intenta non rendirse, pero faltando un minuto e medio para o descanso, Nuria de forte tiro esquinado, marca o cuarto gol para as visitantes. Con este resultado de catro a un termina a primeira parte.
Na segunda metade, o Atletes, a base de voluntade vaise defendendo no seu campo, hasta o minuto oito, que volve a marcar, tras una gran xogada, Nuria. 5 a 1. Tres minutos máis tarde, Marta, en una xogada desgraciada ante a porta das esteiranas, marca en propia meta de forte tiro. Faltando tres minutos, marca de novo Nuria. Cerra o marcador, Tania faltando dous minutos, o marcar o otavo para as bañensas.
Debemos destacar polo Atletes a súa porteira Martina, que estuvo a altura das circunstancias, evitando un resultado maior do conseguido polas visitantes.
2ª División Feminina - Grupo IV, xornada 18
- Resultado: Viaxes Amarelle FSF - FSF San Fernando (3-3)
- Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Sheila, Martita, María Gómez, Patri (cinco inicial), Dolo, Alba, Xiana, Mariña.
- Goles: 0-1 Alba (min. 3); 1-1 Patri cun disparo de 9 metros axustado ao pau (min. 6); 1-2 Alba (min. 22); 1-3 Bik (min. 28); 2-3 Dolo (min. 30); 3-3 Dolo a centro de Patri (min. 31).
O Viaxes Amarelle FSF conseguiu sumar un punto ante o FSF San Fernando, que viña de asinar un empate ante o líder a última xornada disputada. As visitantes distanciáronse ata o 1-3, pero dous goles de Dolo, prácticamente consecutivos, asinaron as táboas entre os dous conxuntos e repartíronse os puntos co 3-3 no luminoso. En conclusión, partido moi físico para ambas escuadras, onde as herculinas tomaron a posesión do esférico, mentres as visitantes aproveitaban as súas contras letais para poñerse por diante sempre no luminoso, aínda que o Viaxes Amarelle FSF atopou o xeito de igualar o encontro, pechando probablemente un marcador xusto para ambas escuadras.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- O Atletes pon a súa mellor cara.
- Un mísero empate e unha fermosa viaxe.
- Tatiana vestiu a camisola da Selección Galega en Lezama.
- Os homes de Cee ao asalto da Liga Galega.
- Superando o frío.
- Un liderado para rematar a primeira volta.
- Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores.
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])