FSF: Dúas costeiras de Viaxe á máxima categoría
19:55 17/06/18
Patri abraza a María nun partido do Viaxes con Inés detrás
Incrible a fazaza do Viaxes Amarelle de conseguir o ascenso á máxima categoría do Fútbol Sala Feminino Estatal. Este sábado viaxaba a Almagro a disputar o partido de volta do play-off polo ascenso tralo 0-0 colleitando na Coruña, e o equipo deuno todo e acadou un tremendo 1-4 que o devolve á Primeira División, tres temporadas despois.
Unh alegría tamén para toda a Costa da Morte pois no cadro herculino teremos dúas representantes na categoria de ouro do FSF, como son a muxiá Patri Romaní (a capi do cadro herculino) e a camellá Inés Suárez, fundamental tamén neste ascenso.
De feito, ambas foron fundamentais na finalísima, pois Patri conseguía marcar o primeiro tanto ao comezo da segunda metade, e Inés facía o terceiro gol, a pase de Patri, co que o Viaxes que sentenciaba a eliminatoria.
O cadro laranxa completa así unha inesquecible temporada despois da Copa do Amarelle Santa Comba, e o equipo A xogará na Primeira División Nacional Feminina, competindo con outros equipos galegos como o Burela Peixes Rubén FSF, Poio Pontevedra FSF e Ourense Envialia FSF, na élite do futsal feminino.
Play Off Ascenso Primera División. Volta
- Resultado: Almagro FSF - Viaxes Amarelle FSF (1-4)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Martita, Dolo, Patri, María Gómez (cinco inicial), Inés, María Romero, Mónica, Marta Hermo, Sandra, Pau.
- Goles: 1-0 Isa (min. 21); 1-1 Patri (min. 22); 1-2 María Gómez (min. 33); 1-3 Inés (min. 38); 1-4 María Gómez (min. 38).