Domingo. 05.05.2024
El tiempo

FSF: Emotivo adeus no Conco e unha onda laranxa cara 1ª División

FSF: Emotivo adeus no Conco e unha onda laranxa cara 1ª División
Familia do Fisober Dumbria 17-18 Familia do Fisober Dumbría despedindo no Conco a tempada 17-18 As I.D. de O Conco en Dumbría acollían a última xornada da 2ª Division Nacional, que servía para que a afección dumbriesa despedise a segunda categoría a nivel nacional. Foi unha tarde de emocións encontradas, coas Infantís celebrando, cun fermoso “pasillo” de categoría de Prata, o seu brillante título de campión provincial. Nos últimos minutos do partido, a afección local non deixou de animar as súas a pesar do descenso, rendindo homenaxe ao feito de que un equipo tan humilde lograse estar ata cinco tempadas na categoría de Prata do fútbol sala feminino español en dúas épocas diferentes. Equipo Infantil do Fisober Equipo Infantil do Fisober Pola contra, o Viaxes Amarelle das costeiras Patri e Inés vencía na casa do San Fernando, finalmente, tras varios días de suspense, por fin confirmaba esta mañá que si estará no play off de ascenso á 1ª División, a máxima categoría. O cadro herculino medirase ao Almagro, aida será en A Coruña a próximo fin de semana e a volta, en Ciudad Real o 16-17 de uño. Mentres, na Copa 1ª Galicia, teremos 3 equipos na Final a 4 que se celebrará o vindeiro sábado 2 de xuño, pois Amarelle, Ponteceso e Fisober B metéronse de cheo. O lugar aínda está pendente.  

2ª Nacional, xornada 30

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – A.D.A.E. SIMANCAS (3-5).
  • FISOBER : Lía, Ana, Paula Fandiño, Mai, Noe ; tamén xogaron : Andrea M., Carla, Ainho, Carre, María Dumbría.
  • Goles: 1-0 Min. 3 Ana, 2-0 min. 6 María Dumbría, 2-1 min 9 María, 2-2 min 11 María, 2-3 min 18 Sonia, (descanso), 3-3 min 22 Ainho, 3-4 min 23 María, 3-5 min 28 Sonia.
Ana e Paula Fandiño Comezaron moi fortes as costeiras con gañas de agradar a afección e de gañar o seu primeiro partido coma locais na tempada. E comezaban meténdose por diante aos 10 minutos pero de contado as visitantes empataban marchando ademais ao descanso con vantaxe. A volta dos vestiarios Ainho igualaba novamente o partido desta vez a tres tantos. Pero pouco lles durou a ledicia as costeiras xa que tan solo un minuto despois novamente María adiantaba as madrileñas. Noe e Ana tiveron boas ocasións para a igualada pero a porteira visitante non lles deixou facelo. Tampouco Andrea lles permetía as madrileñas aumentar renda. Aos oito minutos da reanudación Sonia facía o quinto visitante, despois das ocasión costeiras. Ao final do partido as xogadoras despedíronse entre algunha que outra bágoa de emoción dos seus siareiros agradecendo o seu apoio durante toda a tempada.

2ª Nacional, Gr.4, xornada 30

  • Resultado: CFSF San Fernando - Viaxes Amarelle FSF (1-4)
  • Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Martita, Patri, Dolo, María Gómez (cinco inicial), Inés, Mónica, María Romeu, Marta Hermo, Sandra.
  • Goles: 0-1 Martita (min. 2); 0-2 Patri (min. 4); 0-3 Dolo (min. 24); 1-3 Alba (min. 36); 1-4 María Gómez (min. 38).
O Viaxes Amarelle FSF, dirixido por Pili Costa, afrontaba o último partido da competición regular, e facíao visitando ao quinto clasificado, o CFS Feminino San Fernando. As herculinas querían os tres puntos que lle deixasen ter opcións de play-off e acertaron pronto de cara a gol, con dous tantos nos primeiros catro minutos de xogo, e malia que sufriron no último O resultado de hoxe, unido á vitoria do AD Alcorcón FSF B por 1-5 en casa do Cidade de Guadalajara FSF e o empate entre o Cidade de Pontevedra FSF e o Colmenarejo FSF a dous tantos; deixa a clasificación do Grupo IV da Segunda División Nacional de Fútbol Sala Feminino co AD Alcorcón FSF B como campión de liga con 77 puntos e o equipo máis goleador da competición; ao Colmenarejo FSF como subcampeón de liga con 72 puntos; e ás xogadoras laranxas como terceira con 72 puntos e o equipo menos goleado de todos os grupos da Segunda División Nacional Feminina con 32 tantos encaixados. Toca esperar a decisión do Comité Nacional de Fútbol Sala para ver se o Amarelle estaría clasificado para xogar o citado play-off de ascenso como o segundo mellor segundo da Segunda División Nacional e un coeficiente de 2,4 (ademais de ser o equipo menos goleado de todos os grupos). O sorteo do play-off de ascenso será o martes 29 de maio de 2018 ás 11:00 horas.

Copa 1ª Galicia, xornada 5

  • Resultado; Amarelle Concello Santa Comba - Fisober FSF (5-3)
  • Amarelle Concello Santa Comba: Nerea, Ge, Tati, Leticia, Navia (cinco inicial), Lucía, Tania, Sheila, Paula, Violeta, Vanesa.
  • Fisober FSF B: Naira, Gisela, María Pérez, María Villaverde, Serena (cinco inicial), Saray, Sharay, María Maroñas, Lucía, Uxía.
  • Goles: 1-0 Leticia (min. 6); 1-1 María Villaverde (min. 9); 2-1 Tania (min. 9); 3-1 Tati (min. 17); 4-1 Navia (min. 19); 5-1 Sheila (min. 30); 5-2 María Villaverde (min. 33); 5-3 Saray (min. 39).
Na primeira parte, o partido comezaba cun equipo local querendo mandar sobre a pista, pese a que lle faltaba unha das pezas fundamentais do persoal. Aos seis minutos as xalleiras conseguían adiantarse no marcador cun gol transformado por Leticia, pero as visitantes reaccionaban tres minutos máis tarde poñendo de novo as táboas, grazas a un tanto de María Villaverde. As xalleiras souberon reaccionar pronto e aos poucos segundos volvía poñerse por diante cun gol de Tania. Co 2-1 e o marcador, as locais comezaron a mandar aínda máis e conseguiron ampliar a distancias con dous goles máis pouco antes do descanso, obra de Tati e Navia, o que as deixou irse ao descanso cun parcial de 4-1.

Máis información

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios