FSF: Empezou o ano e rematou a primeira volta con diferencia de sabores
Arricou a competición neste 2017 para os equipos do Fútbol Sala Feminino da Costa da Morte (e do masculino, claro) que rematataron a primeira volta con diferentes sabores. Bo comezo de curso para o Fisober en Zaragoza, con tres puntos que lle permiten dar un gran salto na táboa. Mala foi a tarde sabatina en Cee, con doble derrota. Mentres, na Provincial, doble alegría, ademais dos 3 novos puntos para o Concello de Ponteceso FSF, que remata a primeira volta con 20 puntos, o Atletes conseguía a súa primeira vitoria da tempada, enchendo de esperanza o 2017.
2ª División Estatal, xornada 14
- Resultado: EUROGAN RED STARS – FISOBER F.S.F. (2-6).
- FISOBER: Leti, Ana, Paula Fandiño, Laura, Noe; tamén xogaron : Inés, Bárbara, Lía (p.s.)
- Goles: 0-1 min. 3 Noe, 0-2 min. 13 Inés, 0-3 min 20 Noe , ( descanso ), 1-3 min 23 Marta, 2-3 min. 33 Marta, 2-4 min. 34 Inés, 2-5 min. 36 Noe, 2-6 min. 38 Inés.
Ata Alfajarín, en Zaragoza, trasladouse a expedición do Fisober para estrear o 2017, e traer unha importante e merecida vitoria nun gran encontro e gañou con solvencia para respirar e pegar un brinco na clasificación a espera da visita do líder a Dumbría a vindeira semana. Unha vitoria impulsada no traballo colectivo e no esforzo, nun partido no que as costeiras tiveron numerosas ocasións desbaratadas pola porteira local Sara ou que non superon concretar ante ela.
Arrincou moi ben o Fisober que se adiantaba os tres minutos por mediación de Noe que picaba ante a saída da porteira local para o 0 a 1. A pesar do gol o Fisober continuou traballando para aumentar diferenzas. Mediada esta primeira metade era Inés a que tiña unha excelente ocasión despois dun pase de Laura pero unha xogadora local sacaba baixo paus. Pouco despois de novo Inés tiña opción para o segundo nun man a man. A terceira non perdonou Inés e fixo o 0 a 2 os trece minutos. Un lanzamento de Sonia o trabe era a mellor ocasión local nesta primeira metade. A cinco segundos para chegar o tempo de lecer Noe facía o 0 a 3 co que ambos equipos se foron a vestiarios.
Iniciouse a segunda metade co mesmo guión da primeira, cun moi bo posicionamento e intensidade do Fisober e cunha gran ocasión de Inés. Pero desta vez respostaban as locais aos tres minutos co gol de Marta despois de xogada de estratexia. As costeiras a pesares deste gol non se amilanaron e disfrutaron de numerosas ocasións para sentenciar o partido moito antes. Desperdiciaron numerosas e claras ocasións as visitantes nos primeiros minutos desta segunda metade. Paula Fandiño, Noe, Ana, Inés, de novo Ana puderon facer o cuarto. Pero en cambio foi de novo Marta quen a sete para o fin facía o 2 a 3 que complicaba as cousas o Fisober. Para aquel entón xa facía minutos que xogaban co perigo das 5 faltas as costeiras. O que perdoa pagas normalmente. Pero finalmente non foi así. Xa que tan só un minuto despois Inés facía o 2 a 4 que daba aire as costeiras con seis minutos para o remate. A cinco para o fin as locais desperdiciaron un discutido dobre penalti que expoleou aínda máis o Fisober. Antes do fin Noe e Inés facían xustiza para o 2 a 6 final, despois dun gran partido dun Fisober que traballou sen descanso os corenta minutos.
Felicidade nun conxunto costeiro que ademais dos tres puntos puido desfrutar dunhas horas visitando a capital aragonesa con anterioridade ao partido.
A expedición do Fisober na Basílica do PilarLiga Galega Feminina, xornada 13
- Resultado: FSF VIlla de Cee “O Semáforo” - Ourense Envialia (0-3)
- Villa de Cee: Vanesa na portería, Adriana, María de Dumbría, Goreti e Andrea, participando tamén: Alba Cambeiro, María Lijó, Paula Trinidad, Marta.
Carbón trouxeron o Reis Magos a Cee, nunha tarde con moito público pero pouca sorte no municipal. As do Semáforo caeron e pechan a primeira volta no ecuador da táboa.
Comenzaron a primeira parte con moitas reservas ambos equipos, as ourensás tiñan a posesión do balón, mentres as Ceenses cerrábanse ben atrás en espera de saír a contra. Empezarían a chegar as primeiras ocasións de gol a favor das visitantes, as locais cunha Vanesa impresionante na portería conseguían defenderse e facer algunha contra pero sen premio de cara o gol. Xa cara final da primeira parte lograron marcar as ourensás para irse o descanso cun 0-1 o su favor.
Xa na segunda parte intentaron as Ceenses retomar o partido, e aínda con bastante desorde no seu xogo a base de ganas e dando todo fisicamente conseguían apertar o rival e xerar bastantes ocasións, pero nos primeiros 5 minutos nunha boa contra do Ourense reciben o 0-2. Púxose o partido moi costa arriba para as locais, o intentaban a base de correr e forza pero moi desordenadas no seu xogo dispuxeron de varias ocasións, pero o balón parecía non querer entrar. Finalmente intentárono no tramo final do partido ca saída de porteira xogadora, e nunha contra sufriron o 0-3, resultado definitivo .
Liga Galega Feminina, xornada 15
- Resultado: FSF VIlla de Cee (A Xunqueira) - Jogafán Ordes (2-7)
- Vila de Cee: Bruno, Marroco, Hidalgo, Aitor e Santi, participando tamén Pose, Pablo, Jose Antonio e Róber.
Mal partido dos ceenses neste remate da primeira volta, deixando escapar aos de arriba, xa co liderado a 7 puntos, e o podio a 4. Era un partido importante o que xogaban os ceenses, pois de gañar poñianse terceiros, pero no caso contrario afastaríanse dos postos nobles da clasificacion.Chegaban con moitas e importantes baixas, pero aínda asi o equipo dou a cara, e o resultado foi excesivo. Saíron a por todas os homes de Llopis, enchufadísimos, e adiantaríanse,despois de marrar moitas ocasións, por medio de Aitor. Pode que houbera unhas xogadas claves no encontro,e unha foi no empate do Ordes, pois Marroco plantábase solo ante o porteiro visitante, pero liariase en exceso co balón, e na contra empataría o Jogafán. Cos dous equipos con 5 faltas nos últimos minutos da primeira parte Marroco era expulsado, e deixaba ós ceenses con solo duas rotación de pista, e para colmo no último suspiro os visitantes farían o 1:2 de dobre penalti co que se chegaría o descanso.
Na segunda metade os locais saíron dormidos, e pronto se vían con 1:4 de desvantaxe, aínda así seguiron loitando e loitando, errando ocasións claras. E pode que houbese outra xogada clave, pois co Villa apretando moitisimo chegou un penalti que Jose Antonio erraría, e aí si que as esperanzas ceenses se foron ó tacho, ata chegar ó 2:7 final.
Liga Provincial Feminina, xornada 13
- Resultado: Concello de Ponteceso FSF - Cruces FSF (2-0).
- A.D. VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Isabel, Ana, María, Carmen, Verónica- tamén xogaron - Chus, Nuria e Martina.
- CRUCES FSF: Giselle, Sara, Nancy, Clara e Ana - tamén xogaron - Begoña.
- Goles: María e Martina.
Comezaba o encontro con pouca intensidade por parte de ambos conxuntos, con imprecisións e sen melloras no xogo durante os primeiros 10 minutos. Parecía que ían collendo ritmo as pontecesanas, que comezaban a chegar á portería rival. A primeira ocasión chegaría cun tiro cruzado de Vero que pasa rozando o pau. Chus probaba cun disparo dende o borde da área que manda a porteira a córner. Seguíano intentando as locais, que pese a non estar facendo un bo xogo, ían tendo o control do balón. Chus mandaba un balón por alto á área e a porteira desvía antes de que chegue Nuria. Tamén chegaba un par de veces o Cruces, pero os balóns saían desviados. Nos últimos 5 minutos chegaron máis veces as pondalianas. Vero e Ana dispoñían dun par de ocasións. Aumentaban a intensidade na presión as pontecesanas apurando os últimos 2 minutos e intentando ir cara os vestiarios co marcador a favor e Nuria tería a última ocasión da primeira metade, pero chegaríase ó descanso co 0-0 inicial.
Na segunda metade saían con máis ganas e intensidade as xogadoras de Curro, tendo o control do partido e facendo as xogadas que non lle saíron nos primeiros 20min. Verónica e María dispoñían de varias ocasións, pero tirando en todas ó primeiro pau e despexaba a porteira. Probaban as visitantes con tiros lonxano, pero non conseguían ir entre os 3 paus. O primeiro tanto chegaría ós 33min de xogo, cun disparo de Nuria o segundo pau que remata María. Martina facía o segundo cun tiro raso que entra pegado o pau, despois dun control orientado tras pase de Ana. Aínda dispoñería dunha ocasión máis no último minuto o conxunto pontecesán, pero remataha o encontro co 2-0 no luminoso.
Liga Provincial Feminina, xornada 13
- Resultado: Atletes Esteiro - T.C.A. Instalaciones F.S. Pontedeume (9-0)
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Cris; Julia (1); Martina; Alba (2); Antía (4); Ana; Sara (1); Ainoa (1).
Loita de pechacancelas en Esteiro e o cadro muradán demostrou que merece moito máis neste complicado curso. Rematou o ano sen coñecer a vitoria, pero arrinca este 2017 sumando os 3 primeiros puntos e deixando ao equipo ferrolán na última posición.
Comenza o partido co Atletes intentando atacar a portería das de Pontedeume, encontrándose as de Esteiro ca oposición da porteira do Pontedeume, que desbarataba os intentos de marcar por parte das de Esteiro. Cando ían 8 minutos, Antía marca para o Atletes o primeiro gol do partido. Dous minutos máis tarde, volve a marcar Antía o segundo gol para as de Esteiro. O Atletes seguía atacando presionando ás de Pontedeume no medio campo, o que se lles facía dificultoso que as de Pontedeume pasasen do medio campo hacia a portería das esteiranas. Sigue atacando o Atletes, e Antía, de novo, e Alba consiguen deixar o marcador nun catro a cero na primeira parte.
Na segunda metade, as de Pontedeume intentan chegar a portería das de Esteiro, é en tímidos contraataques logran chegar a meta do Atletes, pero sin conseguir anotar ningún tanto, a pesares de ter algunha ocasión de inaugurar o seu marcador. As de Esteiro, xogando o contraataque, e aproveitando a velocidade de Alba e Ainoa consiguen levar perigo a porta das de Pontedeume. Froito de eses contraataques, nesta segunda metade, logran marcar Alba, Antía, Sara, Ainoa e Julia, ésta en un saque de banda.
Desta volta o Atletes mostrouse como un equipo ben conxuntado, como bloque e boa disposición táctica sobre a pista. O Pontedeume, un equipo xoven, con algunhas boas individualidades, con ambición e ganas. Quizáis a boa condición física neste encontró do Atletes, non deixou que as de Pontedeume fixeran o seu xogo.
Polo Atletes todas estiveron a un bo nivel. Por destacar algunha, quedaríamonos con Antía, con catro goles no seu haber, Alba e Ainoa, velocísima esta, que conseguiu levar bastante perigo á porta das de Pontedeume. Volveu a xogar no Atletes a peche Cris, despois dunha grave lesión que a tivo apartada das pistas durante seis meses. Podemos considerar como boa actuación a súa, aunque fáltalle coller o ritmo da competición.
Máis información
- Resultados da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Clasificación da da 2ª División Nacional Feminina, Gr.1 (Fisober).
- Resultados da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación da Liga Galega Feminina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Clasificación Liga Galega Norte Masculina (FSF Vila de Cee).
- Resultados da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
- Clasificación da Liga Provincial Femimina (Ponteceso e Atletes).
Novas relacionadas
- Os equipos costeiros pecharon 2016 con bo sabor de boca.
- Preparando o Nadal.
- Vai de maldicións.
- Os homes do Vila de Cee apuntan alto.
- O Futbol Sala Feminino tamén está comprometido ca bisbarra.
- Fisober, Vila de Cee e Ponteceso protagonizan unha gran xornada costeir.
- Xornada para esquecer.
- As mozas do Semáforo xa saben gañar na Autonómica.
- O pavillón de Fisterra volveu gozar do fútbol sala.
- Xornada de grandes vitorias a domicilio.
- Arrincou a tempada con malos resultados pero moita ilusión.
- Unha furgo chea de ilusión… e de goles.
- O Fisober ponse a punto en Moaña.
- O Vila de Cee non puido con todo un Viaxes Amarelle.
- O Fisober arranca a tempada 2016/2017.
- Un Vila de Cee de Ferro.
- O Fisober volve á 2ª División Nacional.
- FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).