Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: Estirando un mal inicio de curso

FSF: Estirando un mal inicio de curso
Paula do Fisober Paula do Fisober

Non está sendo nada positivo este comezo de temporada para os equipos das categorías nacionais e autonómicas.

Mentres, a 1ª Galicia, a antiga Liga Provicial, na que competirán Fisober B, Atletes de Esteiro e Ponteceso FSF xa ten calendario na web da FGF. A 1ª xornada será a fin de semana do 14 de outubro, e o Fisober medirase ao Culleredo, mentres que Atletes e Ponteceso celebrarán o primeiro derbi en Esteiro.

2ª División Nacional, Gr. 4, xornada 3

  • Resultado: FISOBER F.S.F. – C.D. CHILOECHES (0-3).
  • FISOBER: Lía, Ana, Paula Fandiño, Ainho, Bárbara; tamén xogaron: Taibo, Laura,Noe, Carla, Andrea M.
  • Goles: 0-1 min. 2 Chispa, 0-2 min. 17 Eli, (descanso), 0-3 min. 34 Jessi.
Ana

Choque celebrado no Conco en Dumbría que deixa ao cadro costeiro sen premio. Un enfrontamento onde o maior acerto visitante fixo que se levaran a vitoria a terras manchegas. Na primeira metade as costeiras tiveron varias ocasións para igualar o tanteador e non se materializaron.

Na segunda metade tamén tiveron bos minutos con ocasións as rapazas do Fisober e cando mellor xogaban chegou o terceiro gol visitante que xa foi definitivo.

A vindeira semana tamén se enfrontan a un equipo manchego costeiras. Desta vez o conxunto toledano do Mora.

Lia e Ahinoa co Fisober Lía e Ahinoa

1ª División Autonómica, xornada 3

  • Resultado: A Gaiola - Hotel O Semáforo Villa de Cee FSF (5-0)
  • O Semáforo: Vane, Adriana, Alba Cambeiro, Alba Trillo, Tamara. Tamén: Marta, Paula Trinidad e Noe.

Segue sen puntuar o Villa de Cee no seu estreo de categoría. As Centolas estano pasando mal neste comezo de tempora e son pechacancelas xunto ao Castro. A bagaxe de 23 goles recibidas en 3 partidos, dá conta de por onte deben ir os tiros de mellora. En todo caso, aínda que o resultado volveu a ser malo, as Centolas melloraron as sensacións cunha boa primeira parte, facendo camiño para cambiar este mala racha de inico de tempada.

Saíron moi concentradas as ceesas defendéndose moi ben e creando ocasións á contra e a balón parado, pero pronto sufriron un gol do Gaiola nun despiste dun saque de banda, rematando a primeira parte cun 1-0. Na segunda parte o Gaiola apertou tendo a fortuna de marcar dous goles nos primeiros minutos. As Centolas foron a desesperada a remontar o partido, arriscando demasiado en ataque e en consecuencia sofren dos contras quedando o resultado definitivo en 5-0.
As estrelas nesta xornada para as Centoliñas son para: 3* Adriana, poñendo loita e traballo, 2* Alba Cambeiro, 1* Noelia.

3ª División Nacional Masculina, xornada 3

  • Resultado: Bueu - FSF Villa de Cee (2-1)
  • Villa de Cee: Pose, Aitor, Angel, Perce e Marroco. Tamén: Hidalgo, Miguelón e Bruno.
  • Goles: 1-0, m.3; 1-1, m.4: Aitor; 2-1, m.31.

Segunda derrota dos ceeses, desta volta tremendamente apretada en Bueu, ante un conxunto que sumaba os seus primeiros puntos da tempada. Unha derrota que chegou debido á nefasta arbitraxe sufrida polos ceeses no partido, expulsado xa a Perce aos 3 minutos por queixarse tras recibir unha forte patada. Pose era expulsado pouco despois por unha man moi dubidosa fóra da área. Aínda así, con 3 na pista os ceeses conseguiron defenderse e rematar a primeira metade empatados.

A segunda parte os costeiros crearon infinidade de ocasións, pero unha boa actuación do porteiro rival conseguía manter o empate do partido, ata que nunha contra consegue o gol para os locais rematando o partido cun 2:1 moi inxusto.
As Estrelas desta xornada son 3* Hidalgo, partidazo, 2* Aitor, coma sempre aportando os seu gol 1* Angelito.

2ª División Nacional, Gr. 4, xornada 3

  • Resultado: Ciudad de Guadalajara FSF - Viaxes Amarelle FSF (0- 1)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Martita, Patri, Dolo, María Gómez (cinco inicial), Tati, Mónica, Sheila, Inés, Carmen.
  • Goles: 0-1 María Gómez (min. 38).

Estreou o taboleiro de vitorias do Viaxes das costeiras Patri e Inés. Un solitario gol de María Gómez, a dous minutos do final do partido, nun partido onde as herculinas levaron o peso do partido, foi suficiente para superar unha defensa férrea das locais.

A próxima fin de semana recibir a visita do Colmenarejo FSF no Pabellón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña), o vindeiro sábado 7 de outubro de 2017 a partir das 18:00 horas.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios