FSF: Grandes tardes de fútbol sala
Xornada completa para o FSF, que tivo vario focos de interese. O Fisober mantense no grupo de arriba, 4ª a 3 puntos do liderado, pero varios dos equipos de arriba teñen un partido menos, aprazado polo entroido e a selección sub-17. Moi apretada está a zona alta, polo que está todo por decidir.
Xa na Liga Provincial, había derbi, pero de clara cor vermella. O líder, o Vila de Cee, arrasou co Atletes de Esteiro nunha tarde de bo fútbol sala no pavillón ceense, e mantén 7 puntos de vantaxe sobre o Ponteceso, que empataba no partidazo da xornada ante o 3º, o Grupo Work. Un punto de vantaxe manteñen as pondalianas sobre as herculinas na pelexa polo ascenso. Ademais, as Roxiñas non puideron coas de Fene.
E como dicimos a tarde no pavillón ceense foi completa, pois os chicos voltaban á competición e o facía con vitoria. Quedan así os ceenses 5º na táboa de clasificación a 3 puntos do 2º e con 2 partidos menos. A vindeira semana tócalles viaxar a Mera contra U.D. Liberdad , empatado a puntos co FSF Villa de Cee.
Liga Autonómica, xornada 18
Inés co balón- Resultado: BURELA F.S. PESCADOS RUBÉN – FISOBER F.S.F. (2-6).
- FISOBER: Leti, Nuriña, Ana, Inés, Paula Fandiño; tamén xogaron: Noe, Tamara, Mai.
- Goles: 0-1 Noe, 0-2 Inés, 0-3 Ana, (descanso), 0-4 Noe, 0-5 Noe, 1-5 Anna, 1-6 Inés, 2-6 Lara.
O mellor para o Fisober foi o resultado, nun mal partido moi lonxe da liña amosada no mes de Xaneiro, quizais condicionado por ser domingo de Entroido, no esixente calendario que lle espera as costeiras saberase. A domicilio as costeiras sempre sofren e os dous minutos xa tivo que aparecer Leti para desviar un lanzamento da local Noemi. A resposta no mesmo minuto foi por parte da visitante Inés. De novo tivo que aparecer Leti a lanzamento de Lara ós cinco minutos. O partido estaba algo tolo, espeso e sen control. Aos dez minutos tiña Inés de novo unha boa ocasión para as costeiras.
Todo trocou os catorce minutos cando Noe de tiro cruzado facía o cero a un para as visitantes. Máis aínda cando nese mesmo minuto Inés culminaba co dous a cero a mellor xogada do partido. Parece que o Fisober se tranquilizou algo e controlou máis o partido. Co terceiro visitante obra de Ana a minuto a medio para o fin poñían terra de por medio as costeiras. Resultado co que se chegou o tempo de lecer.O comezo da segunda metade foi bo para as visitantes con dous lanzamentos o pau obra de Inés e Mai e unha boa ocasión para Tamara. Pero de novo co paso dos minutos volveuse a espesura da primeira metade. A oito para o fin marcaba Noe e pechaba o partido. Unha Noe que repetía co quinto a catro para o fin. Respostaba Anna co un a cinco a tres para o fin facendo un auténtico golazo. Inés facía o un a seis a falla de trinta segundos. E a local Lara facía o definitivo dous a seis a segundos do fin.
Liga Provincial, xornada 16
Juan Jesus coas rapazas do FSF VIla de Cee- Resultado: FSF Villa de Cee - A. D. Atletes, FSF (12-0)
- FSF Villa de Cee: Adriana (2); Andrea; María de Dumbría; Carla; Alba (1); Marta (2); Serena (1); María Lijo (4); Paula (2); Vanesa.
- A.D. Atletes FSF: Mariña (P); Cris; Marta; Bárbara; Alba; Antía; Ana; Sandra.
Partido sen historia, sobre todo pola enorme desidia das Esteiranas, que non fixeron honor a categoría de “deportistas”, segundo o seu propio adestrador. 120 persoas había na bancada para unha doble xornada de FS pero quedaron a medias.
Aguantaron as do Atletes, un pouquiño na primeira parte. Catro a cero en este período. Na segunda metade, simplemente foi un paseo militar para as líderes da categoría, que demostaron a súa clase, sobre todo Adriana, e María Lijo que conseguiu catro goles.
Liga Provincial, xornada 16
- Resultado: Grupo Work - Ponteceso FSF (1-1)
- A.D.VILA DE PONDAL-CONCELLO DE PONTECESO FSF: Melani, Aniña, Martina, Carmen e Sandra - tamén xogaron - Zeltia, Elsa, Noa, Carla e Cintia.
- Goles: 0-1.- Sandra (min.13); 1-1.- Sandra (min.38)
Empezaba o partido co grupo work movendo o balón e o Ponteceso defendendo en cuadrado esperando a ver que facían as rivais. A primeira oportunidade do encontro chegaría para as coruñesas no minuto 7 tras un saque de córner, pero o balón pasaría por riba do longueiro. Responderían as pondalianas cunha dobre oportunidade, pero Carmen erraría na primeira e Ana mandaría fóra o tiro do rechazo.
Seguiría así a liña do partido, pero no minuto 13 chegaría o primeiro tanto, gol de Sandra que roubaba o balón no medio do campo e tiraba dende 3/4 entrando o balón po 4iva da porteira. Terían outra oportunidade as pontecesanas por medio de Noa, mentras as do work Seguían movendo o balón pero sen ocasións claras, polo que decidiríanse a sacar porteira-xogadora a 3 min do descanso. Achegaríanse máis á meta defendida por Melani as herculinas, pero sen xerar ocasións claras de perigo e probando con tiros dende lonxe. Chegaríase ó descanso co 0-1 no marcador.
Segunda parte como a primeira, co Work tendo o control do balón e Melani safando de varias ás pontecesanas e incluso mandando un balón ó pau. Volverían saír de 5 as coruñesas a 4 minutos do final, co Ponteceso cerrado atrás e defendendo ben o 5 vs 4, pero no único erro das pondalianas chegaría o tanto do empate cun gol en propia tras un tiro que toca nunha xogadora pontecesana a 2 min do final. Terían varias ocasións ambos equipos no último minuto, con xogada de Melani incluída, pero remataría o partido co 1-1 no marcador, un repartode puntos que serve para manter ós dous equipos no mesmo posto que a semana pasada na táboa clasificatoria.
Liga Provincial, xornada 16
- Resultado: Concello Carnota Lira - Ártabras Fene (3-5)
Liga Provincial Masculina, xornada 16
Boa vitoria do Vila de Cee ante o seu publico- Resultado: FSF Vila de Cee - Gonaba Parrulo FS (4-2)
- FSF Vila de Cee: Josiño, Purti, Juanjo, Marroco e Tomas, participando tamén Rafa, José Antonio, Aitor, Carlos, Champi.
Na segunda parte dominou o partido totalmente os ceenses, o Parrulo limitábase a defender e a intentar algunha contra, as cales eran perfectamente resoltas polos locais. Xa no ecuador desta 2ª parte Aitor consegue marcar e poñer o 3-2 a favor. Xa nos últimos minutos do partido o Parrulo intentou a desesperada saíndo de 5 co porteiro xogador intimidar os locais, os cales defendían perfectamente e xa faltando poucos segundos para rematar Aitor de novo marcaba o 4-2 definitivo.
As estrelas tocan 3* para Purti, posiblemente o seu mellor partido no que levamos de tempada, 2* Juanjo cun bonito gol de estratexia e 1* para Aitor, 2 goles.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
- Clasificación da Liga Provincial Masculina.
Crónicas da temporada
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- .
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).