FSF: Líderes costeiras
11:35 20/10/15
As Roxiñas de Lira non puideron co Ártabras
Nova xornada completa de Fútbol Sala costeiro. Se na Liga Autonómica o Fisober volveu gañar na casa, na Liga Provincial tiñamos un derbi. As debutantes do Atletes recibían a un potente Vila de Cee que deixaba patente a súa aposta este curso por estar na zona de arriba e xa está de líder. Teremos que estar atentos ao forte Ponteceso FSF, que se sitúa na 2ª praza a só 2 puntos das ceenses. Ademais, as Roxiñas de Lira seguen mellorando na súa competitividade pero non puideron sumar.
Nas féminas, Patri segue sendo peza clave no liderado do Viaxes Amarelle da 2ª, mentres Eva quedou na casa e non viaxou co Burela da máxima categoría.
En categoría masculina, seguen os mozos do Vila de Cee demostrando que son un equipo tremendamente competitivo, e así o demostraron en Ferrol ante todo un O Parrulo.
Liga Autonomica, xornada 4
- Resultado: FISOBER F.S.F. – HÉRCULES CAFETERÍA LA BRÚJULA (3-1).
- FISOBER: Leti, Ana, Paula Fandiño, Laura e Tamara; tamén xogaron: Andrea Muíño, Mai, Inés, Nuriña, Noe.
- Goles: 1-0 Tamara, 2-0 Noe, (descanso) 3-0 Noe, 3-1 Bego.
Mai, Noe e Leti no choque do Fisober
Volvía o Fisober ao pavillón vimiancés nun partido que comezaba con 45 minutos de retraso pola chegada tardía dos colexiados. Pero a pesar de que esa situación descolocou un pouco os equipos no seu quencemento, foi un gran partido cheo de ocasións, con ritmo e dos que gusta ver ao espectador. As costeiras fixeron un partido moi completo tanto en defensa, como en ataque e lograron a terceira vitoria como locais esta tempada.
O partido arrincou con dous equipos moi concentrados, sabedores que calquera erro se paga. Pronto se adiantaron as locais, foi cun gol de Tamara que apareceu no segundo pau para poñer en vantaxe as súas aos catro minutos. Iso deulle un pouso de tranquilidade e seguridade ao Fisober.
Ese gol quizais provocou que o partido fose máis vistoso se cabe con dous equipos que buscaban o gol sen descoidar o traballo defensivo. O equipo visitante capitaneado pola fisterrá Rita e Bego poñía en apuros a unha moi inspirada Leti. E as locais percutían sobre Anabel. Foi aos dez minutos cando nunha contra Noe facía o dous a cero e daba máis marxe ás locais. As visitantes seguían traballando para reducir distancias e o Fisober buscando algunha contra para amplialas.
Á volta dos vestiarios cambiou o decorado, as herculinas deron un paso adiante na súa presión o que permitía máis saídas a contra das locais. O Fisober aproveitou a situación para saír unha e outra vez a contra. Xa no primeiro minuto da segunda metade foi Noe a que novamente marcaba para poñer o tres a cero.
Quen si o logrou foi Bego a sete para o fin, poñendo o tres a un que á postre foi definitivo. O gol cambiou novamente a situación do partido, xa que as locais sentiron que un novo gol poñía en perigo o resultado e as visitantes viron novamente posibilidades de puntuar. Pero o electrónico xa non se moveu e os puntos quedaron definitivamente en Vimianzo.
Gol do Fisober
Liga Provincial, xornada 3
- Resultado A.D. Atletes – FSF Villa de Cee (0-11)
- A.D. Atletes FSF: Mariña; Cris; Sara; Marta; Bárbara; Alba; Antía; Ana.
- Villa de Cee: Marta, Adriana, Alba, María de Dumbría e Andrea. Participando tamén Paula Leo e María Lijó.
Liga Provincial, xornada 4
As Roxiñas de Lira ante o Artabras
- Resultado: Ártabras Fene FSF - Concello de Carnota Lira FSF (1-0)
- Lira FSF: Lía, Inés, Martina, María e Alba. Tamén xogaron Terre, Uxía e Laura.
Liga Provincial, xornada 4
- Resultado: Concello Ponteceso - Grupo Work (3-1)
- Ponteceso FSF: Melani, Ana, Carla, Carmen,e Sandra - tamén xogaron – Noa, Chus, Zeltia e Cintia.
- Goles: 0-1.- Ainhoa (min.9) 1-1.- Chus (min.10) 2-1.- Carmen (min.18); 3-1.- Sandra (min.38).
2ª División Estatal, xornada 3
- Resultado: Futsi Atlético Féminas B - Viaxes Amarelle FSF (0-1)
- Viaxes Amarelle FSF: Carmen, Laura Tesouro, Patri, Lago, Dolo (cinco inicial), María Gómez, Sheila, Uxía, Ana, Xiana.
- Goles: 0-1 Dolo (min. 15).
Liga Provincial masculina, xornada 3
O Vila de Cee masculino na Malata
- Resultado: O Parrulo F.S. – FSF Villa de Cee (1-1)
- Villa de Cee: Rafa, Mario, Aitor, Tomás e Marroco. Participando tamén Josiño, Carlos, Estrella, Pablo Hidalgo e Purti.
- Goles: 0-1: Marroco tras xogada de Aitor; (descanso); 1-1.
Máis información
- Resultados da Liga Galega Feminina.
- Clasificación da Liga Galega Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Feminina.
- Clasificación Liga Provincial Feminina.
- Resultados da Liga Provincial Masculina.
Novas relacionadas
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
Outras novas do FSF
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).