Sábado. 18.05.2024
El tiempo

FSF: Mal comezo

FSF: Mal comezo
Bo Ambiente no pavillon de Cee Bo Ambiente no pavillón de Cee para a estrea dos equipos do Villa de Cee na casa

Mal comezo o que están protagonizando os equipos costeiros nas ligas de FS. Tanto o Fisober como o Semáforo contan os seus dous partidos por derrotas, mentres que o Villa de Cee sufría o primeiro revés do curso na liga nacional. Facíao nunha tarde que se presentaba fermosa (a primeira do curso cos dous equipos xogando no pavillón ceés) pero que rematou escura cunha doble e dura derrota. É só o comezo, en todo caso.

Só o Viaxes Amarelle das costeiras Patri e Inés parece encarrilar a temporada.

Comezo da Primeira Galicia

Ademais, a antiga Liga Provincial, agora “Primeira Galicia Feminina”, xa ten calendario. A Liga comeza o vindeiro 14 de outubro e o farao cun derbi entre Atletes de Esteiro e Concello de Ponteceso. Tamén competiráo Fisober B, que viaxará a Culleredo para abrir a temporada ante o Sport Sala Culleredo FS.

2ª División, Gr. 4, xornada 2

  • Resultado: UNAMI C.P. – FISOBER F.S.F. (7-5).
  • Fisober: Lía, Laura, Paula Fandiño, Mai, Noe; tamén xogaron: Ainhoa, Taibo, Bárbara, Andrea.
  • Goles: 1-0 min. 3 Laura Llorente, 1-1 min. 8 Noe, 1-2 min. 10 Mai, 2-2 min. 15 Marina, 3-2 min. 18 Laura Llorente, 3-3 min. 18 Paula Fandiño, (descanso), 3-4 min.22 Paula Fandiño, 3-5 min.23 Paula Fandiño, 4-5 min. 32 Marina, 5-5 min.33 Marina, 6-5 min.36 Laura Llorente, 7-5 min. 38 Noe en propia porta.

Ata Segovia tocoulles viaxar ás costeiras para enfrontarse a un dos equipos favoritos, para disputar un partido cheo de goles e traballo nas áreas. E se ben aguantaron case todo o partido, sobráronlle os 8 últimos minutos ás de Fran e Luís para poder volver con algo no peto.

O partido iniciouse mal para as costeiras xa que despois dun erro na saída da presión Laura Llorente adiantaba as locais. Pero Noe respostaba probto e Mai aínda puña por diante costeiras. Era un toma e daca que remataba co empata a 3 para ir ao desxanso.

A saída dos vestiarios foi moi boa polas visitantes, cunha Paula Fandiño que os dous minutos adiantaba as súas de falta e tan só un minuto despois con outro tiro lonxano poñía o tres a cinco para as costeiras. A xogada chave puido ser pouco despois cando Bárbara tivo o tres a seis nas súas botas pero non logrou materializala. As locais non se renderon e as visitantes comezaron a notar o esforzo do partido e do viaxe. Marina no minuto 32 e no 33 con sendos tiros igualaba o partido. Un partido que se lle escapaba o Fisober cun novo gol de Laura Llorente no minuto 36 que adiantaba as locais. O partido decidíase cun rexeite en Noe para o sete a cinco que xa foi definitivo a dous para o fin.

A vindeira semana chega a Dumbría o Chiloeches nun novo partido de Liga.

 

1ª División Autonómica, xornada 2

  • Resultado: Hotel O Semáforo Villa de Cee - Ourense Envialia B (2-15)
  • O Semáforo: Vanesa, María Lijó, Goretti, Paula Trinidad e Tamara. Participando tamén Marta, Adriana, Alba, Noelia, Alba Cambeiro e Andrea.

Xornada nefasta para as centoliñas, que xa saían moi despistadas á cancha apesar do bo ambiente que reinaba no pavillón ceés para a primeira xornada completa na casa dos dous equipos. Apenas pasaran un par de minutos e as costeiras xa levaban dous goles enriba. As rapazas de Santi intentaron reaccionar e conseguen poñerse cun 1-2, pero só foi un espellismo, porque as de Ourense, mellor colocadas na pista, cada vez que chegan arriba marcaban, mentres que as centolas atopábanse unha e outra vez coa porteira rival.

Co 1-4 ao descanso, o partido estaba practicamente decidido, e na segunda, o equipo estaba roto e sen xogo, desconcentradas e deixándose ir ata o 2-15 final. Dificil foi escoller as Estrelas nesta xornada para as Centoliñas: 3* Goreti, 2* Marta, 1* Noelia.

Toca reflexionar esta semana para corrixir erros e ir enderezando o rumbo, pero apenas van dúas xornadas de Liga.

 

3ª División Nacional, xornada 2

  • FSF Villa de Cee - Ribeira FS (3-6)
  • Villa de Cee: Bruno, Aitor, Angel, Perce e Santi. Oarticipando tamén Dudo e Miguelón e Pose.

Non tivo tanto acerto o Villa na súa estrea na casa en categoría nacional. As baixas seguen mermando o potencia dos ceeses, que así e todo saíron moi fortes dispoñendo de varias ocasións, e os 5 minutos de xogo xa se poñían 1-0, no marcador, por medio de un bonito gol de Aitor. Seguían dominando o partido e tendo ocasións as cales non remataban de materializarse, pero aínda así os de Ribeira daban mostras tamén do perigo que tiñan. Xa nos últimos minutos nun saque de banda colle os Ceenses despistados, e chegaria o empate. E nos segundos finais unha xogada desafortunada aproveitándose dun rexeite queda só ante Bruno o pivot do Ribeira e marca o 1-2 sobre a bocina do final do primeiro tempo.

A segunda parte todo os males que podían sufrir os ceese chegaron. Lesionábase Dudo, e nunha decisión arbitral moi rigorosa chegaba a 2ª tarxeta amarela para Perce o cal provoca a sua expulsión, tendo que xogar o equipo con tres na pista durante 2 minutos, e o peor de todo, quedando o equipo sen cambios para toda a segunda parte. O físico pasou factura os Ceenses quedando derrotados cun resultado final de 3-6.
As Estrelas desta xornada son: 3* Angel,, 2* Aitor, 1* Santi.

 

2ª División Nacional. G.IV, xornada 2

  • Resultado: Viaxes Amarelle FSF - Universidad Valladolid (3-0)
  • Viaxes Amarelle FSF: Sandra, Martita, Patri, Inés, María Gómez (cinco inicial), Dolo, Tati, Sheila, Mónica, Paula, Carmen, Marta Hermo.
  • Goles: 1-0 Patri (min. 6); 2-0 Tati (min. 9); 3-0 Patri (min. 31).
Patri e Inés, 2ª e 4ª na fila de abaixo empezando pola esquerda, co Viaxes Amarelle 2017-2018 Patri e Inés, 2ª e 4ª na fila de abaixo empezando pola esquerda, co Viaxes Amarelle 2017-2018

Despois de vencer no Conco na primeira xornada, o Viaxes Amarelle de Patri e Inés (ambas costeiras no 5 inicial), continuaban a súa senda de vitorias vencendo na casa ao Valladolid. Dous tantos de Patri foron fundamentais para que o conxunto herculino, máis efectivo, acadase 3 novos puntos.

&nbps;

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios